decabrista
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao movemento revolucionario dos decabristas.
-
s
-
[HIST]
Partidario do movemento revolucionario que estoupou o 26 de decembro de 1825 en San Petersburgo, logo da morte do Tsar Alexandre I sen herdeiros directos e despois da elección do Tsar Nicolao I. Entre os conxurados atopábanse os membros da aristocracia e tamén algúns dos membros dos rexementos da capital e os oficiais do exército imperial. O movemento tiña entre os obxectivos a abolición do réxime autocrático, a destitución do novo tsar, que sería substituído polo seu irmán Constantino, e a instauración dun réxime constitucional. Despois dun breve combate foron derrotados polas tropas leais ao goberno. O novo Tsar Nicolao I dirixiu en persoa a investigación que rematou co axustizamento dos principais dirixentes e ideólogos do movemento (Pavel Pestel, Konstantin Rylejev, Sergej Muravjov-Apožtol, P’otr Kakhovskj e Mikhail Bestužev-Riumin) e a fuxida de centenares de homes, mentres moitos foron á cadea en Siberia.
-
[LIT]
Poeta do grupo literario relacionado co movemento revolucionario dos decabristas. Os principais representantes deste movemento foron K. F. Rylejev, V. F. Rajevskij, V. K. K’ukhel’beker, A. A. Bestužev-Marlinskij e outros poetas próximos ideoloxicamente (A. S. Puŝkin, A. S. Gribojedov e N. M. Jazykov). Inspiráronse en G. R. Deržavin e N. M. Batiuŝkov, e adoptaron deles o amor pola terra e o ideal de liberdade individual, que transformaron no da liberdade social do pobo, tiranizado polo tsarismo.
-
[HIST]