"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
-
Alga rodofícea que forma matas ríxidas de cor vermella. Presenta talos aplanados e ramificados. Fíxase por medio de filamentos rastreiros a substratos fundamentalmente calcáreos.
-
Alga rodofícea de cor vermella escura. Fíxase cun pequeno disco, do que saen ramais que se dividen dicotomicamente. As estruturas reprodutoras encóntranse en engrosamentos nas marxes. É unha alga que se emprega na industria cosmética, farmacéutica e alimentaria.
-
-
PERSOEIRO
Humanista e poeta. Coñecido como Tarcaniota, as súas obras reflicten unha profunda sensibilidade e un espírito inquedo e aventureiro. Escribiu catro libros de Epigrammata e catro libros de Hymni naturales.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tommaso Aniello.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico italiano. Triunfou co seu marcado estilo sofisticado e a súa aparencia triste. Protagonizou I soliti ignoti (1958), La dolce vita (1960), Divorzio all’italiana (1962) e Ginger e Fred (1985). As súas derradeiras contribucións foron en Prêt-a-porter (1994), Sostiene Pereira (1996) e Viagem ao principio do mundo (1997). Foi premiado no Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián por Casanova ‘70 (1965) e no Festival Internacional de Cine de Cannes por Dramma della gelosia-tutti i particolari in cronaca (1970) e Oci ciorne (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
polgar.
-
PERSOEIRO
Economista e publicista escocés. Iniciador da historiografía económica, ademáis das súas edicións de obras de A. Smith e de D. Ricardo, publicou un dos primeiros estudios do pensamento económico, Discourse on the Rise, Progress, Peculiar Objects and Importance of Political Economy (1824) e tamén a obra bibliográfica exhaustiva Literature of Political Economy (1845).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Baixorrelevo de pedra, madeira ou metal de forma redonda ou elíptica, utilizado como elemento decorativo en arquitectura, especialmente nas fachadas dos edificios. A súa orixe vén do costume, corrente na Antigüidade, de pendurar das paredes dos templos os escudos conquistados aos inimigos vencidos. No Renacemento recuperouse a moda, e foron característicos os medallóns con cabezas humanas ou animais, emblemas, alegorías, monogramas e motivos históricos ou lendarios.
-
Xoia con forma de caixa pequena e aplanada, oval ou redonda, onde se gardan retratos, pinturas, guedellas ou recordos persoais. Normalmente está feito con metais preciosos e con pedrería aplicada.
-
Toro groso de carne ou peixe.
-
Medalla grande.
-
-
MONTES
Monte situado no extremo S da parroquia de Soutochao (Vilardevós). O seu cumio acada os 700 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e banqueiro, fillo de Giovanni di Bici. Dedicouse ao comercio e ocupou cargos públicos e políticos importantes. Arrestado e confinado en Padua (1433), volveu ao ano seguinte a Florencia, onde, co apoio popular, enseñorouse da vida pública de Florencia e expulsou os seus inimigos. Como protector das artes e das letras, embeleceu a cidade con edificios notables e creou numerosas institucións culturais. Tamén favoreceu a agricultura, incrementou o comercio e fixo do seu banco unha das institucións financeiras máis importantes de Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción máxica que provoca efectos negativos nunha persoa ou animal.
-
PERSOEIRO
Político e empresario. Iniciou a súa carreira política como alcalde de Maceió (1979). En 1982 foi elixido deputado federal polo partido socialdemócrata e posteriormente foi gobernador do estado de Alagoas (1986-1989). En 1989 creou o Partido da Reconstrução Nacional (PRN), polo que foi elixido presidente da República de Brasil (1990). Cun programa neoliberal, o “Plan Mello”, iniciou o seu mandato implantando un drástico plan de reaxuste económico para controlar a inflación, pero tivo que dimitir polas acusacións de corrupción e tráfico de influencias en decembro de 1992. Dirixiu o xornal Gazeta de Alagoa e presidiu o grupo empresarial da familia, que controla negocios editoriais e audiovisuais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia estadounidense de orixe irlandesa que constituíu un dos grupos financeiros máis influíntes de EE UU. Os membros máis importantes foron Thomas Mellon (1813-1908), que fundou a banca privada Thomas Mellon and Sons Bank; os seus fillos Andrew William Mellon (1855-1937), secretario da Tesouraría (1921-1932), e Richard Beatty Mellon (1858-1933).
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada entre a ría de Lires e a punta Coído de Calboa, na parroquia de Lires (Cee).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que é superior con respecto a outro.
-
Que ou quen é o máis bo de todos.
-
Que é preferible.
-
De maneira máis boa ou superior.
-
-
-
Acción e efecto de mellorar.
-
Parte dunha herdanza que se lle deixa a alguén, a maiores da que lle corresponde por lei.
-
Figura do dereito civil que permite desigualar os fillos lexítimos na herdanza, mediante a atribución a calquera deles ou aos seus descendentes, dun terzo de lexítima que a lei lles atribúe aos descendentes lexítimos. Os titulares do terzo de mellora só poden ser os fillos ou descendentes do causante.
-
Gastos útiles que fai alguén en propiedade allea en calidade de arrendatario ou usufrutuario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode mellorar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de mellorar.
-
-
Facer que algo ou alguén adquira maior calidade ou mellore as súas condicións ou estado.
-
Superar algo facéndoo mellor.
-
-
Favorecer a un herdeiro deixándolle máis bens ca aos demais.
-
facultade de mellorar
Facultade que ten un cónxuxe de outorgar a favor do outro, en termos matrimoniais, que o sobrevivinte deles que se conserve viúvo, poida distribuír entre os fillos comúns os bens que forman o terzo de mellora.
-
-
Chegar algo ou alguén a unha situación ou estado máis favorable.
-
-
-
Acción e efecto de mellorar.
-
Diminución ou alivio da intensidade dunha doenza.
-