"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Corea, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Corea.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo coreano.
-
Individuo do pobo coreano.
-
Pobo que habita principalmente na península de Corea e na illa de Cheju. Estendeuse durante a ocupación xaponesa (1910-1945) por China (Manchuria), Xapón e Siberia. Orixinarios das migracións dos pobos nómades tungús, estiveron sometidos a influencias chinesas dende finais do s II a C e consolidáronse como grupo nacional a partir do s IV. A súa relixión tradicional é o chamanismo, que perdura nos costumes rurais; no s IV introduciuse o budismo e no s XIV o neoconfucianismo.
-
-
Lingua falada na península de Corea e na illa de Cheju, en China e en Xapón. Do coreano antigo, escrito con caracteres chineses, consérvanse textos dalgunhas cancións (57 a C-935 d C). A lingua moderna, promovida desde o terceiro decenio do s XX, baséase na fala de Seúl e escríbese con alfabeto coreano -coñecido como hangul ou onmun-, introducido na metade do s XV (1446), que substituíu o alfabeto chinés. Na República de Corea seguen a empregar os dous alfabetos e ademais contan cun alfabeto mixto que utiliza os signos chineses para as palabras desa procedencia. O coreano consta de sete vocais fundamentais e de vinte e cinco consoantes. Ten numeración decimal e usa frecuentemente sufixos que serven para formar palabras nominais, a partir, sobre todo, de radicais variables. Unha característica da gramática coreana, igual ca a tibetana ou a xaponesa, é o seu sistema de desinencias honoríficas e marcas internas das palabras que indican as relacións sociais; a forma dunha...
-
Arte desenvolvida en Corea. Dunha intensa influencia chinesa e interpretada cunha variable personalidade, transmitiuse a Xapón. A arte coreana estrutúrase cronoloxicamente en varios períodos: os de Lolang (s I a C-s IV d C), os Tres Reinos (37 a C- 668 d C), o Gran Reino de Silla Unificado (668-918), Koryo (918-1392) e Chosŏn, coa dinastía Yi, (1392-1910). Cun pasado prehistórico no que sobresaen pezas de bronce e diversos dolmens, Corea iniciou a súa produción artística de influencia chinesa co período dos Tres Reinos: Koguryo, Paekche e Silla, marcado pola introdución e o amplo desenvolvemento do budismo. No reino de Koguryo, ao N, destacaron as tumbas de Pyeongyang, con cámaras decoradas con pinturas murais de temática realista e simbólica, nun estilo que se achega ao chinés das Seis Dinastías. No reino de Paekche, ao SO, consérvanse as tumbas decoradas con murais de Kyŏngju e Puye, e as pagodes de pedra de Chongnimca. Algunhas construcións xaponesas realizadas por mestres...
-
Os seus inicios están estreitamente ligados á literatura chinesa. Escrita en chinés clásico, acadou un grao moi elevado de perfección estilística e deu poetas relevantes como Kim-Byung-Yun (1807-1863). Sufocada en gran parte por esta tradición, a literatura en lingua coreana quedou reducida á obra popular, transmitida oralmente a través das cancións. Unha compilación importante é o Sam-Täï-Mok (888). Entre os ss I e X, formouse un fondo folclórico, centrado principalmente na necesidade de protección divina, dende o que se destaca o canto de Chuyong. Coa entrada do confucianismo (1342), que substituíu o budismo, o proceso de asimilación a China intensificouse. Traducíronse os clásicos chineses ao coreano e apareceu a tradición poética de carácter profano na que destacou Tsung-Tchul, chamado tamén Song-Kang. En prosa destaca a obra Ym-Djin-Nok (Anais de Ym-Djin). Coa apertura das culturas occidentais nos ss XIX e XX, introducíronse en Corea as correntes...
-
-
PERSOEIRO
Compositor e violinista italiano. En 1666 marchou a Boloña e alí realizou estudios musicais con Giovanni Benvenuti e Leonardo Brugnoli. Posteriormente, ingresou na Accademia Filarmonica. Xa en Roma, foi primeiro violinista e músico de cámara da Raíña Cristina de Suecia, estivo ao servizo do cardeal Pamphili e, a continuación, do cardeal Pietro Ottoboni. Así mesmo, foi mestre da capela de San Liugi dei Francesi, en Roma, director de ópera no Teatro Tor di Nona e en 1706 admitírono na Accademia Arcadiana. Retirado da vida pública en 1708, contribuíu ao establecemento da sonata e, xunto con Torelli, foi un dos grandes creadores do concerto grosso. Da súa produción destacan os Concerti grossi op 6 (1714) e as súas sonatas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dario Corelli.
-
GALICIA
Político. Fundou e foi director xerente da Cooperativa Hortofrutícola HORSAL. Membro do Partido Popular, foi edil do concello de Cambados entre 1987 e 1999 (ano en que foi elixido alcalde), e senador por Pontevedra desde 1997. Foi elexido alcalde de Cambados en 1999 e reelixido nas eleccións de 2003 e 2007. En 2009 abandonou o cargo tras ser nomeado delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra do novo goberno de Alberto Núñez Feijóo. Foi tamén senador pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 2000, nas de 2004 e nas de 2008. En abril de 2009 presentou a súa renuncia ao pasar a ocupar o posto de designación como delegado da Xunta de Galicia para a provincia de Pontevedra. Foi deputado do Parlamento de Galicia desde 2012 e renunciou para volver ocupar o cargo de delegado territorial da Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ponteceso. Conserva restos prerrománicos e románicos, como un sartego antropomorfo cunha parte da tapa, na que se distinguen dúas liñas que parten das esquinas e avanzan cara ao centro, ao modo das laudas de estola; de aí que se poida relacionar cunha necrópole sueva ou posterior. Incrustado no testeiro da ábsida, aparece un pequeno relevo de talla en reserva no que se representa unha faciana antropomorfa de trazos moi sumarios semellante ás pezas hispanovisigodas ou asturianas. O muro sur da igrexa, que pertenceu a un edificio románico, conserva dúas estreitas fiestras de medio punto, con derramo interior, e unha porta de mediados do s XII. No interior ten remate semicircular e por fóra está coroada por un arco de medio punto que se apoia en dúas columnas con fustes lisos, capiteis cubertos con follas rematadas en punta e cun dos colariños en forma de soga, e bases de perfil ático. O tímpano é liso e está sostido por machetas adornadas con figuras de carneiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Estudiou medicina na German University de Praga, centro no que se doutorou en 1920. Dous anos despois emigrou a EE UU xunto coa súa muller, Gerty Theresa Cori. Entre os traballos que realizaron conxuntamente, cómpre destacar o estudo das reaccións enzimáticas que acompañan a conversión do glicóxeno muscular en glicosa, ácido pirúvico e ácido lácteo (ciclo de Cori), o dos efectos das hormonas na actividade enzimática e o illamento da α-D-glicosa-1-fosfato (éster de Cori). En 1947 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía coa súa muller e con B. A. Houssay polos traballos sobre o metabolismo dos glícidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Realizou estudos no conservatorio de Madrid e, posteriormente, foi discípulo de A. Arias, Juan Hidalgo e Marchetti. Delegado xeral da Orquestra e coro de RTVE, é autor das pezas Falla Revisited (1973), Ancora una volta (1973), Música de septiembre (1975) e Una modesta proposición (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
coandro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sacerdote da deusa Cibeles en Frixia. Nun principio, consideráronse xenios ou demos, fillos de Apolo ou de Helios; posteriormente, nas festas de Cibeles, pasaron a ser sacerdotes que interpretaban danzas guerreiras ao son de diversos instrumentos musicais, acompañados de fortes berros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canle artificial de Grecia, construído entre 1882 e 1893, que atravesa o istmo de Corinto e pon en comunicación o Mar Xónico co Exeo. Ten 6,4 km de lonxitude, entre 21 e 22 m de amplitude e 8 m de profundidade. Utilízano pequenas embarcacións para evitar a circunnavegación da península do Peloponeso.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Paio que dá nome ao concello de Coristanco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Bergantiños, situado na provincia da Coruña ao O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Ponteceso e Carballo (Bergantiños), ao L cos de Tordoia (Ordes) e Carballo, ao S co de Santa Comba (Xallas) e ao O cos de Zas (Terra de Soneira) e Cabana de Bergantiños (Bergantiños). Abrangue unha superficie de 141,1 km 2 cunha poboación de 7.528 h (2007), distribuídos nas parroquias de Agualada, Cereo, Coristanco, Couso, Cuns, Erbecedo, Ferreira, Oca, San Xusto, Santa Baia de Castro, Seavia, Traba, Valenza, Verdes e Xaviña. A capital municipal é o lugar de San Roque, na parroquia de Traba, situado a 43° 11’ de latitude N e 8° 43’ de lonxitude O, 51 km ao NO de Santiago de Compostela e 38 km ao SO da Coruña. Está adscrito ao partido xudicial de Carballo, á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Coristanco encádrase dentro do dominio climático oceánico húmido, que, pola súa situación na orla prelitoral... -
-
Relativo ou pertencente a Coristanco ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Coristanco.
-
-
PERSOEIRO
Físico surafricano. Cursou estudios de física nuclear na Universidade de Cidade do Cabo e en Cambridge. Profesor da Universidade de Cidade do Cabo entre 1950 e 1956, pasou a traballar no Cambridge Electron Accelerator da University of Harvard e no departamento de Física da Tufts University de Massachusetts. En 1957 comezou a desenvolver os traballos que o levaron ao CT-scan, para os que empregou modelos de madeira e aluminio. En 1979 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía con G. N. Hounsfield, polos seus traballos no campo da tomografía axial computerizada (TAC) e no desenvolvemento dos sistemas de exploración por varrido (escáner).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor e realizador cinematográfico. Durante os anos cincuenta especializouse na realización de filmes de baixo presuposto, entre os que destacan diversas adaptacións de E. A. Poe como The Pit and the Pendulum (O pozo e o péndulo, 1961) e Tales of Terror (Historias de terror, 1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘irmán’.
-
PERSOEIRO
Compositor de orixe hispánica ou italiana. Vinculado á corte aragonesa de Nápoles, a súa produción mostra un gran dominio da escritura contrapuntística da escola franco-flamenga do último terzo do s XV. É autor de obras relixiosas, panxoliñas e cancións profanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten os cornos moi longos.
-
Aplícase á persoa que é obstinada e teimosa.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ás cornanas.
-
Planta da superorde das cornanas.
-
Superorde de plantas da subclase das dilénidas que engloba as ordes das cornais e das ericais.
-