"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Bergondo baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro republicano. Desde 1946 actuou como enlace da IVª Agrupación, na que se incorporou en 1948 cando ía ser detido. En xaneiro de 1950, logo da reestruturación do Partido Comunista de España, foi nomeado delegado do Partido na Coruña, onde se dedicou á captación de novos membros. Morreu cando fuxía dunha das redadas que se produciron entre xullo e agosto de 1951.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado. Logo de estudar dereito en Santiago de Compostela e Madrid emigrou a Arxentina, onde colaborou nos xornais da colectividade galega. Publicou Traición consagrada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e dramaturgo. Publicou diversas pezas para o público máis novo, como O coleccionista de sombras (Premio Xeración Nós de teatro infantil 1987, 1990) ou O incrible invento de Solfis, o pianista (Premio Xeración Nós de teatro infantil 1990, 1994). Outros textos seus son Romance de Bernal o francés (Accésit do I Concurso de Obras Teatrais Inéditas Camiño de Santiago 1994, 1995); e Un dragón no camiño (historia incrible pero certa, para ser representada por un grupo de faranduleiros a pequenos e grandes, mesturando monicreques e sombras chinesas nunha escenificación deslumbrante e talvez enmeigadora) (1995), finalista do I Concurso de Obras Teatrais Inéditas Camiño de Santiago no ano 1994. No campo da narrativa publicou Memorias dun río (Premio Barco de Vapor, 1978), A merla de trapo (Premio Merlín 2001) ou Cázame ese pensamento! (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e biólogo. Doutor en Bioloxía e profesor de Patoloxía Vexetal na facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, exerceu o cargo de vicerrector entre 1984 e 1987. Deputado no Parlamento de Galicia na III, IV, e V lexislaturas pola provincia da Coruña (1989-2001) e vicepresidente segundo do Parlamento na IV lexislatura. Membro da executiva nacional galega da UGT, foi asesor executivo do ministerio de Educación, vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE e membro do Comité Federal do PSOE. No eido xornalístico, colaborou en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Diario 16 e a revista GAM. Escribiu Estudios bioquímicos de la resistencia de las enfermedades fúngicas del castaño e Los socialistas y la universidad (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Coruña. O primitivo templo gótico do s XIII, erixido xunto á porta de Aires, destruíuse en 1589 tralo ataque de Drake. No 1617 edificouse un templo clasicista que foi substituído a partir de 1762 por unha construción do dominicano frei Manuel dos Mártires. De estilo barroco e de orde dórica, ten planta de cruz latina cunha soa nave, cuberta cunha bóveda de medio canón con lunetos e cunha bóveda de media laranxa sobre o cruceiro. No exterior destaca o desprazamento da torre da fachada con respecto ao eixe de simetría do edificio. No interior, cómpre salientar os retablos neoclásicos de Xosé Antonio Estévez e as tallas barrocas de Mateo de Prado (1653). A capela clasicista do Rosario, onde se venera a patroa da cidade, concluíuse en 1676; no seu interior destaca un retablo de Domingo de Andrade.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Coruña. Asentada fóra das murallas, construíuse en 1262 e foi parcialmente demolida en 1589 para evitar que as tropas de Drake a empregasen como parapeto. En 1651 foi arrasada polo estoupido da torre de pólvora da fortaleza da cidade. Integrada trala desamortización na Maestranza de Artillería, usouse como prisión e despois foi propiedade particular. En 1963 trasladouse xunto ao monte de Santa Margarida, prolongouse a súa nave e construíuse unha torre. De estilo gótico, ten planta de cruz latina cunha soa nave e tres ábsidas cubertas por bóvedas de crucería. As ruínas da anterior igrexa foron declaradas Ben de Interese Cultural en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Coruña. Xosé Martínez Celis e Alberte Ruibal reconstruírona case por completo en 1740 segundo os planos de Simón Rodríguez. A fachada é de estilo clásico (1865). Ten nave única, cuberta con bóveda de canón con lunetos, capelas pegadas á nave principal e cúpula sobre pendentes no cruceiro. No interior destaca a capela da Virxe das Dores, onde se localizaron os restos de Tareixa Herrera.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Coruña. Ata 1838, a freguesía de san Xurxo tivo a súa sé nun templo situado nun terreo do Teatro Rosalía Castro. Pertenceu ao desaparecido colexio dos xesuítas e, dende a expulsión da orde (1774), ao convento de Santo Agostiño. Construída entre 1725 e 1766 segundo as trazas de Domingo de Andrade (1693) e Fernando de Casas (1724), o deseño da fachada atribúeselle a Clemente Fernández Sarela (1767). De orde toscana, presenta planta de cruz latina con capelas laterais unidas entre si amodo de naves, con cuberta de bóveda de medio canón con lunetos e no cruceiro unha bóveda de aresta. No interior destacan os retablos dos ss XVIII e XIX. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1975.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Coruña. Asentada probablemente sobre un templo ou necrópole romana, construíuse no 1218, aínda que experimentou importantes reformas entre os ss XV e XVII que modificaron a súa planta. En 1779 derrubouse a súa cuberta como consecuencia dun incendio. Ten planta de salón con tres ábsidas románicas que se comunican coa nave por medio de arcos de medio punto. A cuberta da nave é de madeira a dúas augas e apóiase sobre arcos faixóns apuntados; as ábsidas cóbrense, agás a da Epístola, con bóveda de canón, e conserva o coro aos pés. De orixe románica son a portada lateral, cun agnus dei no tímpano, e a portada principal, coas figuras de san Marcos e san Xoán nas xambas, que acusan a influencia do Pórtico da Gloria, e coa figura do Apóstolo Santiago a cabalo (s XVI) no tímpano. No s XVII construíronse a torre, a capela de San Xosé e a sancristía. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1972.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial castrense situada na Coruña. Foi hospital do gremio de mareantes e colexio dos xesuítas (1673-1701). A primitiva igrexa e o hospital foron destruídos polos ingleses; realizouse a nova construción (1881-1890) baixo o mecenado de Eusebio da Guarda e Modesta Goicouría, enterrados nun mausoleo de mármore detrás do altar, de estilo neorrománico e obra de Faustino Domínguez Coumes-Gay. Consérvase a súa portada gótica como porta do Arquivo do Reino de Galicia. O seu adro foi o lugar de reunión do concello da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que corusca.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vigo. Pertenceu a un antigo mosteiro beneditino de orixe incerta: puido ser fundado por san Froitoso ou ser un dos mosteiros cluniacenses visitados por Dalmacio no s XI. A primeira noticia documental refírese á estancia do abade Paio I de Celanova (1074-1091) que fuxía de Elvira, da familia dos Traba. En 1142, Afonso VII concedeulle o cenobio ao mosteiro de San Salvador de Celanova. No 1152, o mesmo monarca outorgou o privilexio de couto ao mosteiro de Coruxo e cedeu a illa de Santo Estevo (illa do Faro no arquipélago das Cíes) co cenobio alí instalado. No 1185, ao afiliarse o mosteiro de Santa María de Oia á orde do Císter, algúns dos monxes non acordes con esta decisión ingresaron no mosteiro de Coruxo. Os privilexios foron confirmados por Afonso IX (1152) e Fernando III (1232). No 1378 Xoán de Castro, bispo de Tui, permutou, co mosteiro de Celanova, a igrexa da Madalena de Ribadavia polo mosteiro de Coruxo e a illa e o mosteiro de Santo Estevo, que pasaron...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xesús Manuel Pérez Pérez.
-
PERSOEIRO
Presbítero e profesor. Foi profesor da Escola Normal de Pontevedra, onde ensinaba pedagoxía e traballos manuais en 2º curso do grao elemental, e ocupou a súa secretaría en dous períodos (de 1886-1887 a 1892-1893 e de 1896-1897 a 1898-1899). Despois foi profesor da Escola Normal de Santiago de Compostela, onde se documenta no ano 1906 e no 1919. No curso 1922-1923 volveu a Pontevedra. Publicou a obra Apuntes de una Memoria para el Catequístico de Granada (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilalba. Construíuse entre 1882 e 1886 sobre unha edificación anterior. Ten planta de cruz latina con cuberta de madeira. Ás beiras do presbiterio, levantado sobre dous chanzos, engadíronse dúas sancristías. Na fachada principal destaca o arco arquitrabado e a torre.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Bande. No exterior destaca a portada principal formada por un arco de medio punto rebaixado, unha fornela que acolle a imaxe da Inmaculada e o remate con pináculos. Fronte á igrexa hai un cruceiro no que destacan as representacións de Cristo crucificado e da Dolorosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sarria. De estilo románico, está datada na segunda metade do s XII. Consta dunha nave rectangular con cuberta de madeira a dúas augas e dunha ábsida cun tramo recto semicircular e cuberta abovedada.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria drenado polo río Pas (2.192 h [1996]). A súa economía baséase sobre todo na gandería bovina, vacúa e nas industrias lácteas. Na agricultura destacan os cultivos de cereais, millo e patacas. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o conxunto histórico de Alceda.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Merca. Construíuse no s XVIII en estilo barroco. Consta dunha nave, con cobertura de madeira, e dunha ábsida, cuberta con bóveda de crucería. No interior destaca o retablo maior neoclásico realizado no s XVIII. Na sancristía cómpre salientar un retablo barroco con columnas salomónicas e decoración vexetal do s XVII. No exterior destaca a torre feita no ano 1941, despois da destrución por causas naturais de parte da igrexa e da espadana que coroaba a fachada.
VER O DETALLE DO TERMO