"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kamil Zeman.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feixe de calquera cousa que se pode levar ao ombro.
-
-
Relativo ou pertencente aos opistobranquios.
-
Molusco da subclase dos opistobranquios.
-
Subclase de moluscos, da clase dos gasterópodos, que se caracterizan por unha distorsión parcial do saco visceral que ten como obxectivo desfacer a espiralización primitiva. A maioría non teñen cuncha, ou é moi fina e está recuberta polo manto, e adoitan ser mariños, bentónicos litorais, aínda que hai algúns peláxicos. Existen formas herbívoras e depredadoras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abraham Oertel.
-
-
Relativo ou pertencente ao oscoumbro.
-
Grupo lingüístico itálico que comprende a lingua dos antigos umbros e a lingua osca dos samnitas, ademais doutros dialectos como o sabino, o volsco e o marso. Durante os séculos da idade republicana, os dialectos oscoumbros foron substituídos polo latín. O grupo oscoumbro caracterízase polos seguintes trazos: foneticamente, tende a restrinxir a pronuncia de ē e de ō tónicas, dá tratamento labial ás labiovelares (osco pis, umbro pisi, volsco pis, latín quis), etc; morfoloxicamente, rexistra o futuro en s (umbro fere-s-t), a desinencia -ns (osco deicans/latín dicant), etc. No léxico, recóllense algunhas palabras que non teñen concordancia co latín, senón co grego, co xermánico e coas linguas baltoeslavas. Polo que respecta á escritura, o alfabeto oscoumbro deriva do alfabeto etrusco. En osco consérvanse unhas cen inscricións, que datan dos ss III ao I a C; as máis recentes remóntanse á época da destrución...
-
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Rubiás e Teixeiro (Lugo). O seu cumio acada os 526 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Padrenda. Construída en estilo barroco entre finais do s XVII e XVIII, ten nave única e ábsida rectangular. A capela maior e a sancristía teñen cuberta de madeira. Na fachada principal destaca a espadana de dous vans, rematada nun corpo piramidal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. Coñecido pola súa habilidade literaria, realizou unha Summa de sermóns (1250), unha recompilación de 406 composicións compostas ao longo de varios anos, que se converteu na primeira colleita deste tipo realizada por un dominicano.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Secuencia de fonemas constituída por un ou máis morfemas que poden ser illados por conmutación. É unha unidade propia da lingua escrita, en que aparece separada doutras por espazos en branco. En función da súa composición morfemática, as palabras clasifícase en invariables ou monomorfemáticas, constituídas por só un lexema (por, con, onte, pero), e variables ou polimorfemáticas, cun lexema e varios morfemas flexivos ou derivativos (nen-a-s; patad-ón-s, re-escrib-i-r). Dentro das segundas distínguense entre palabras simples e compostas. Son palabras simples as que, ademais dos morfemas flexivos, só contan cun lexema (casa-s, flor-es) e son palabras compostas as constituídas por máis dun lexema, en xeral por dúas ou máis palabras (paporrubio, vichelocrego, estrela de mar, agridoce, porco bravo). Segundo a súa capacidade para formar por si soas enunciados, as palabras clasifícanse en...
-
Representación escrita dos fonemas que constitúen unha palabra.
-
-
-
Capacidade de expresarse de maneira oral.
-
Acto de fala.
-
Dereito a falar nunha reunión ou asemblea.
-
-
Promesa que se fai sobre a propia honra respecto á veracidade do que se di.
-
Algo que se di. Na tradición oral recóllense ditos como: “As boas palabras vencen e gañan. As boas palabras aloumiñan; as malas espiñan. Uñas de gato e palabras de santo. Palabra solta non ten volta. Sandan as coiteladas e non as malas palabras. Boas palabras non manteñen. A palabras tolas, orellas xordas. Palabras sen feito, gaita sen punteiro. Palabras de burro non chegan ao ceo”.
-
Ditos infundados que non se axustan a ningunha realidade.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das estruturas accesorias externas que protexen os globos oculares dos vertebrados terrestres da desecación e das partículas estrañas. Hai unha superior e unha inferior, e nos réptiles e nos paxaros hai outra transversal, a membrana nititante, que se despraza de dentro cara a fóra e é transparente. OBS: Tamén se denomina capela do ollo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten pálpebras.
-
-
Relativo ou pertencente ás pálpebras.
-
Músculo orbicular das pálpebras.
-
Repregamento falciforme que tapa a carúncula lacrimal e lle dá ao ollo unha forma aproximadamente oblicua. É característica de moitas razas do grupo xantodermo, e tamén dos individuos afectados pola síndrome de Down.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado ao longo ou ao lado da columna vertebral.
-
GALICIA
Xeógrafo. Forma parte da comisión galega de delimitación territorial e dirixe o grupo de traballo de xeografía para as probas de acceso á universidade no sistema universitario galego. Destacan as súas obras Geografía rural del municipio de Tordoya (1987), La trama de los asentamientos rurales en las Rías Bajas gallegas (1994) e, con X. M. Santos Solla, Bibliografía de xeografía de Galicia (1990), O declive demográfico da parroquia rural galega: o caso da provincia de A Coruña (1994) e Poboación e territorio: As parroquias galegas nos últimos cen anos (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos moluscos que teñen as branquias pectinadas.
-
PERSOEIRO
Emperador de Brasil (1822-1831) e rei de Portugal (Pedro IV, 1826), fillo de Xoán VI de Portugal. En 1807 marchou cos seus pais a Brasil fuxindo das tropas napoleónicas. Sendo príncipe rexente de Brasil, en 1822 proclamou a independencia brasileira e fíxose coroar emperador. Á morte do seu pai foi coroado rei de Portugal (1826), pero abdicou na súa filla María II ese mesmo ano. Foi un monarca constitucional, pero en 1831 tivo que renunciar á coroa imperial por presión dos parlamentarios e abdicou no seu fillo, Pedro II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Brasil (1831-1889), fillo e sucesor de Pedro I de Brasil. Durante a súa minoría de idade, ocuparon a rexencia diversas persoas ata 1840. Formou a Tripla Alianza con Arxentina e Uruguay fronte a Paraguay (1865-1870). A súa política liberal quitoulle o apoio da Igrexa e da oligarquía terratenente escravista. O decreto de abolición da escravitude de 1888 motivou un alzamento republicano que o destronou e o obrigou a exiliarse.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Serra da Cordilleira Cantábrica, situada entre Cantabria e a provincia de Palencia, cunha altitude de 2.016 m. Nela localízase a estación de esquí de Alto Campoo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Salamanca, Castela-León, situado en La Moraña, no val do río Margañán (6.262 h [2001]). É centro comercial, agrícola e gandeiro. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa renacentista de San Miguel e o convento das carmelitas descalzas (BIC,1997), fundado polo conde de Peñaranda e vicerrei de Nápoles Gaspar de Bracamonte y Guzmán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido en Castela a Afonso de Bracamonte-Guzmán y Dávila (morto en 1622), cabaleiro da orde de Santiago e señor de Peñaranda en 1602. A grandeza de España concedeuse en 1676 ao seu fillo e cuarto titular, Gregorio de Bracamonte y de Bracamonte (morto en 1682). Pasou aos Fernández de Velasco, marqueses do Fresno; aos Pacheco, duques de Uceda, e aos Téllez-Girón, duques de Osuna.