"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • FAMILIAS

    Familia de artistas italianos de Florencia do s XIV. Coñecidos polo nome de Orcagna, destacan os irmáns Andrea, Nardo e Iacopo. Nardo di Cione (? - Florencia 1366), pintor, realizou os frescos coa escena do Xuízo final da capela Strozzi na igrexa de Santa Maria Novella de Florencia. Iacopo di Cione , tamén pintor, activo na segunda metade do s XIV e documentado ata 1398, foi autor dun tríptico con san Mateo (1367-1369) e dunha Coroación da Madre de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, pintor e escultor. Coñecido como L’Orcagna, documéntase activo en Florencia entre 1343 e 1368. A súa obra arquitectónica é bastante descoñecida, aínda que se lle atribúen traballos parciais na catedral de Orvieto (1359-1362) e na de Florencia (1362). Realizou o tabernáculo da Virxe en Orsanmischele (Florencia, 1359). A súa obra pictórica relaciónase coas propostas de Giotto, aínda que incorpora unha maior presenza dos elementos decorativos. Entre as súas obras destacan A Anunciación da igrexa de san Remigio (Florencia, 1346) e unha táboa con Cristo en gloria entre anxos e santos da capela Strozzi, en Santa Maria Novella (1354-1357). Atribúenselle un políptico na Accademia Fiorentina e os fragmentos do Triunfo da morte no Museo dell’Opera di Santa Croce. Influíu na pintura toscana da segunda metade do s XIV e tivo como discípulos a artistas como Francesco d’Arezzo ou Betto di Francesco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, ourive e pintor. Coñecido como il Verrochio, comezou a súa formación escultórica no obradoiro do ourive E. Verrochi. Converteuse nun dos mestres renovadores da escultura do Catrocentos italiano. Entre os seus bronces máis relevantes destacan o David (1475) e o Monumento a Bartolomeo Colleoni (Venecia, 1479-1488), onde retomou o tema do retrato ecuestre no que contrasta o efecto dinámico do cabalo co contraposto do xinete. Realizou o sepulcro de Giovanni i Piero de Medici (1469-1472) e distintos bustos, como o de Lourenzo o Magnífico ou A dama do ramallete (1480), que revelan o dominio no tratamento dos panos e o detallismo de mans e rostros. En pintura destacou pola súa produción ornamental e pola formación dalgúns artistas significativos, como Perugino, Lorenzo di Credi ou Leonardo da Vinci que colaborou na realización das paisaxes de fondo do Bautismo de Cristo (1470?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e ensaísta romanés. En 1937 instalouse en París. Publicou, entre outras obras, Pe culmile desper ǎ rii (No cume da desesperanza, 1933), La tentation d’exister (A tentación de existir, 1956), Histoire et utopie (Historia e utopía, 1960), La chute dans le temps (A caída no tempo, 1964), De l’inconvénient d’être (O inconveniente de ser, 1973), Le crépuscule des pensées (O crepúsculo dos pensamentos, 1991) e Breviaire des vaincus (Breviario dos vencidos, 1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado na Escuela de Arquitectura de Madrid, exerceu como arquitecto municipal da Coruña (1863-1890) e como arquitecto diocesano desde 1887. Participou no deseño urbanístico e na construción pública da cidade herculina, onde implantou o eclecticismo arquitectónico. Foi un dos introdutores da galería tradicional segundo o estilo burgués. Entre outras obras, rematou o Teatro Principal (1869), deseñou os soportais da avenida da Mariña (1870), os alzados interiores dos edificios da praza de María Pita (1877), a ampliación do cemiterio municipal (1881) e construíu o Asilo das Irmás dos Pobres (1899). Proxectou a restauración das igrexas románicas da colexiata de Santa María do Campo (1879-1894) e da igrexa de Santiago (1897) e trazou os planos do hotel do balneario de Arteixo, construído entre 1898 e 1915. En 1890 abandonou o cargo de arquitecto municipal e centrouse nos encargos de obra privada, entre os que destaca a casa dos irmáns García Naveira en Betanzos (1879). Foi membro...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa recta, firme e decidida no cumprimento dos seus deberes e obrigas.

    2. Aplícase ao tecido, corda ou material semellante que se mantén estirado e firme sen posibilidade de dobrarse ou rachar.

    3. Aplícase á persoa animosa e decidida.

    4. Que funciona con normalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de circular. Ex: Ten mala circulación sanguínea. Cando viñamos vimos un terrible accidente de circulación.

    2. Conxunto de vehículos que circulan.

      1. Movemento dun fluído no interior dun organismo que se efectúa xeralmente a través de condutos. Nos vertebrados distínguese entre circulación sanguínea e circulación linfática. A primeira vén dada grazas á actividade do corazón, que lle imprime un movemento á masa líquida; a segunda obedece principalmente a determinados factores mecánicos que actúan directamente ou indirectamente sobre os vasos linfáticos. Hai dous tipos principais de circulación: a pechada e a aberta ou lacunar. A circulación pechada é aquela na que o líquido circulatorio se move a través dunha serie de vasos (veas, arterias, capilares) perfectamente pechados. Na circulación aberta ou lacunar, o líquido circulante non se move sempre a través de vasos, de xeito que, en determinadas partes, se forman lagoas de fluído. A existencia de pulmóns implica a aparición de dúas circulacións: a maior ou xeral e a menor ou pulmonar; entón fálase de circulación dobre...

      2. Nas plantas vasculares, transporte de líquidos absorbidos cara aos diversos órganos da planta (sobre todo follas), e de substancias sintetizadas nos órganos asimiladores cara ao resto da planta (sobre todo aos órganos de reserva). Os líquidos transportados constitúen o zume. O zume bruto, o líquido absorbido a partir do solo, contén sobre todo ións minerais e circula polo xilema, movido pola transpiración que ten lugar nas follas. O zume elaborado contén glícidos, aminoácidos, etc, e circula polo floema, movido principalmente por forzas osmóticas. Polo floema circulan tamén as fitohormonas.

      3. circulación colateral

        Desviación do sangue por vasos secundarios a consecuencia da obstrución dun tronco sanguíneo. Cando unha arteria permanece obstruída, a porción de tecido que tería que quedar sen sangue non queda desta maneira, grazas á circulación colateral que conduce o sangue dunha arteria veciña non obstruída.

      4. circulación extracorpórea

        Derivación, por fóra do corpo humano, dunha parte ou da totalidade da circulación sanguínea. Esta técnica emprégase en cirurxía cardíaca para substituír o sistema cardiopulmonar do paciente por un aparato de corazón-pulmón artificial. Emprégase tamén nos aparatos de ril artificial. Tamén se coñece como bypass extracorpóreo.

      5. circulación portal

        Circulación na que o sangue, procedente das arterias de circulación xeral, despois de bañar as vísceras abdominais e de proverse dos produtos da dixestión, é recollido pola vea porta que o leva cara ao fígado. Neste órgano, o sangue distribúese polos sinusoides (onde teñen lugar as reaccións metabólicas). A través da vea cava inferior, volve saír á circulación xeral. Hai tamén unha circulación portal hipotálamo-hipofisaria mediante a que o hipotálamo manda á hipófise diferentes factores de liberación que estimulan a produción de determinadas hormonas.

    3. Número que representa a tiraxe dunha publicación. Os prezos referidos á publicidade varían segundo o número de exemplares editados. Enténdese por circulación bruta a que representa unha cifra total de exemplares que chegan ao lector, neta á que se lle resta os exemplares gratuítos e restrinxida se a publicación se distribúe segundo unha subscrición.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresión indirecta dunha idea, que utiliza máis palabras das necesarias para expresala directamente.

    2. Figura retórica que consiste na designación indirecta dunha realidade por medio dun rodeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de circunnavegar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento xiratorio do ápice lixeiramente inclinado de moitas plantas de crecemento lento, provocado pola desigualdade no alongamento das células do talo, que vai variando de lado ao longo do día. Nalgúns froitos a circunnutación pode orixinar formas en hélice, como no da alfalfa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de circunscribir ou circunscribirse.

      1. División dun territorio con finalidade administrativa, militar, electoral ou eclesiástica.

      2. circunscrición electoral

        División administrativa á que se lle atribúe un número determinado de escanos para as eleccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de circunspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de circunvalar.

    2. Liña de trincheiras, fortes, etc, coa que se rodea ou circunvala unha praza forte.

    3. Estrada que rodea o perímetro externo dunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olta tortuosa que describe algunha cousa.

    2. Cada un dos pregamentos flexuosos da superficie cerebral. Están limitadas por sucos e fendas, e forman parte dos lóbulos do cerebro. Segundo a súa situación chámanse circunvolucións frontais, parietais, temporais, occipitais, do corpo caloso, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de citar. Ex: A citación para comparecer nos xulgados chegoulle a primeira hora da mañá.

      2. citación de evicción

        Citación que se fai ao vendedor cando chega o momento da evición.

      3. citación de remate

        Dilixencia de xuízo executivo a través da que se dá un termo ao debedor para se opoñer á demanda.

      4. citación xudicial

        Convocatoria emitida por un xuíz ou tribunal a unha dilixencia xudicial -co lugar, data e hora de comparecencia-, para que alguén, nun prazo fixado, compareza nun proceso co fin de responder á acción que lle é proposta ou para pronunciarse acerca do obxecto que lle é proposto.

    1. Escrito no que se notifica esta orde. Ex: Mentres lía a citación tremíanllle as mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico publicado na Coruña dende setembro de 1812 ata 1815. Considerado como un dos máis liberais de España, estaba dirixido por Antonio de la Peña. Colaboraron na súa redacción Pardo de Andrade e Marcelo Calero. O seu obxectivo era de defender as ideas liberais da Constitución de 1812 e atacar a Inquisición. Levaba como subtítulo unha frase de Tácito: “Sentire, quae velis, et quae sentias, dicere licet”. No número 274 publicou o “Romance pola volta de Fernando VII”. Os seus integrantes formaron unha comisión para loitar contra o “poder arbitrario”, da que formaban parte Manuel Calero, José Commock, F. Javier Puig, Vicente Fernández ou Pablo Jerica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de civilizar ou civilizarse. Ex: A civilización levada a cabo polos españois no Novo Mundo sempre desatou todo tipo de polémicas.

    2. Conxunto dos caracteres propios da vida material e cultural dun pobo civilizado ou dun período determinado na historia da sociedade.

    3. Conxunto das normas, valores e comportamentos adquiridos por unha sociedade e aceptadas polo grupo que dirixen os aspectos básicos da vida colectiva incluíndo os coñecementos, as crenzas, as leis, os costumes, as técnicas e a moral que se manteñen durante a súa evolución. O concepto de civilización apareceu por primeira vez na obra do marques de Mirabeau (1756) co sentido dun proceso colectivo e orixinario que logrou sacar a humanidade da barbarie. Identificouse, xa que logo, cos trazos que caracterizaban o europeo, de xeito que se xustificaba a súa superioridade e a opuña a todo o que se podía considerar “bárbaro”; implicaba unha progresión ascendente fronte ao que se considerou primitivo ou natural. Vinculouse profundamente co proxecto filosófico dos ilustrados, que sostiñan a existencia dunha única civilización humana, absoluta, coherente e unitaria, ligada ao desenvolvemento da xustiza e que aspiraba á súa difusión entre os homes, conquistando todos os pobos e transformando os salvaxes....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transposición dos éteres alílicos dos enois ou dos fenois a derivados C-alílicos pola acción da calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crotonización de aldehidos aromáticos (ou doutros aldehidos sen hidróxeno en posición α) con aldehidos alifáticos ou cetonas, en presenza de álcali, para dar aldehidos ou cetonas insaturadas. É un exemplo a obtención da benzalacetofenona: C6H5CHO+CH3COC6 H5 → C6H5CH=CHCOC6H5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposicións promulgadas en Clarendon Park polo Rei Enrique II de Inglaterra en 1164, nas que se definían e limitaban os dereitos do clero. Foron rexeitadas polo chanceler Thomas Becket e polo Papa Alexandre III.

    VER O DETALLE DO TERMO