"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación dun quiste.
-
PERSOEIRO
Poeta. Figura destacada do movemento representado pola academia literaria Arcadia Lusitana (1756), escribiu sobre todo églogas e elexías, en que se manifesta a tradición clásica de Ribeiro e Camões.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos quitridiomicetos.
-
Fungo da clase dos quitridiomicetos.
-
Clase de fungos, da división dos mastigomicotas, con células reprodutoras flaxeladas. A maioría son parasitos de vexetais, doutros fungos e de invertebrados acuáticos, malia que algunhas especies son saprófitas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor do tecido muscular estriado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sarcoma do tecido muscular estriado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica da astronomía que consiste en enviar un sinal de radar de características coñecidas a un corpo celeste e observar as características do sinal reflectido. En 1947 levouse a cabo coa superficie da Lúa, en 1958 con Venus, e en 1963 conseguíronse reflectir as ondas na superficie de Marte. Esta técnica fixo posible a determinación dos períodos de rotación de Venus e Mercurio, e a medición precisa das distancias da Lúa, Venus e Marte respecto da Terra. Utilízanse para ela os mesmos radiotelescopios ca en radioastronomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
rizotomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da astronomía que estuda as ondas radioeléctricas que chegan do espazo exterior. A posibilidade da existencia destas ondas xa foi prognosticada a finais do s XIX, e en 1930 K. G. Jansky observou a existencia dunhas ondas parasitas que chegaban sempre dunha mesma dirección do firmamento. En 1936 Grote Reber construíu o primeiro radiotelescopio e elaborou o primeiro mapa radioeléctrico do ceo. As emisións radioeléctricas provenientes do Sol foron descubertas por J. S. Hey en 1942, quen observou que os sinais de radar eran moitas veces perturbados por un sinal de orixe descoñecida e constatou que na superficie do Sol aparecían unha serie de manchas de grandes dimensións, co que chegou á conclusión de que a fonte das perturbacións era o mesmo Sol. Este descubrimento dado a coñecer ao mundo científico en 1945 fixo que se formasen os primeiros grupos de radioastrónomos en Gran Bretaña e Australia, e logo en EE UU, Francia, Alemaña e Xapón. A orixe das emisións radioeléctricas estudadas pola...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que serve para medir radiacións caloríficas moi débiles. O radiomicrómetro de Vernon-Boys consiste nun galvanómetro termoeléctrico en que a desviación do cuadrante móbil é producida pola corrente xerada por un termopar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento estatístico utilizado para distribuír os individuos ao azar en distintos grupos de ensaio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sección cirúrxica que se practica na columna vertebral.
-
Real Decreto-Lei 7/1978, polo que se aproba o réxime de preautonomía para Galicia ou Real Decreto-Lei 7/1978, de 16 de marzoVER O DETALLE DO TERMO
Real Decreto-Lei aprobado polo goberno da UCD o 16 de marzo de 1978, que foi publicado no BOE dous días máis tarde e no que se lle concedeu a Galicia un réxime de autonomía transitoria. Organizado en 11 artigos e tres disposicións finais, instituíu a Xunta de Galicia como órgano de goberno con personalidade xurídica plena para xestionar e administrar os servizos e funcións cedidos pola administración central, propoñer ao goberno medidas relacionadas cos intereses de Galicia e integrar as funcións das catro deputacións provinciais en canto atinxisen aos intereses xerais de Galicia. De acordo con este Decreto, e co Real Decreto 474/1978 que o desenvolvía, o goberno preautonómico galego, que se constituíu o 18 de abril baixo a presidencia de Antonio Rosón Pérez, exerceu provisionalmente as súas funcións en tanto non se constituíron os órganos definitivos da Comunidade Autónoma de Galicia, definidos no Estatuto de Autonomía de 1981. O feito de ser considerada unha nacionalidade...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Sociedad Económica Amigos del País de Lugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión da parede rectal para drenar un absceso na pelve, corrixir unha estenose ou extraer un corpo estraño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista estadounidense de economía editada trimestralmente pola Harvard University desde 1919. Dedica unha atención especial aos traballos de economía aplicada, pero tamén publica os principais artigos teóricos dos economistas máis recoñecidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Vigo a partir de xaneiro de 1958 que cesou en decembro de 1968 (nº65). Promovida polo Departamento de Estudios Económicos da editorial Galaxia, foi dirixida por Xaime Isla Couto coa colaboración de Ramón Piñeiro, aínda que tamén participaron Xosé Manuel Beiras, quen levou o peso da publicación entre 1963 e 1968, e Anxo Huete, a partir da marcha de Beiras. De gran relevancia para o estudo da economía de Galicia e Europa, abordou desde unha liña progresista-galeguista os problemas do campo galego a través de estudos e estatísticas. Anticipou teses económicas de interese e, durante a etapa de Beiras, caracterizouse pola súa orientación crítica e combativa. Bioloxía, enxeñaría técnica, industria ou comercio, foron algúns dos outros temas desta publicación, de periodicidade moi irregular, que contou con algunhas das máis relevantes personalidades do momento en cada unha das materias tratadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista española fundada en Madrid en 1945. De periodicidade cuadrimestral, publícase baixo o auspicio do Instituto de Estudios Políticos e dedícase fundamentalmente á análise da economía española, como tamén á divulgación de traballos teóricos e traducións de artigos estranxeiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de xaneiro de 1978. Promovida polo departamento de Economía da Empresa da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago, foi dirixida por Camilo Prado. De periodicidade cuadrimestral, incluíu artigos sobre organización e administración, mercadotecnia, xestión empresarial ou comercio exterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1859. Subtitulada “Periódico agrícola, artístico y comercial de la Sociedad de Amigos del País de Santiago”, editouse nos obradoiros de Xosé R. Rubial. Cunha periodicidade quincenal, abordou os problemas do campo galego, especialmente a desaparición dos foros. A partir de 1882 reapareceu como mensual baixo a cabeceira Revista de la Sociedad Económica e, ese mesmo ano, volveu cambiala por Revista de la Sociedad Económica de Amigos del País, cun número especial, publicado en 1884, para conmemorar os cen anos da entidade.