"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada en 1975 de carácter privado, independente e sen ánimo de lucro. O seu principal obxectivo é a información e atención dos consumidores así como a defensa dos seus intereses. Está integrada no grupo EUROCONSUMERS (Consumidores de Europa) e nos principais organismos de representación internacional de consumidores. Conta con publicacións periódicas de información xeral, como OCU-Compra Maestra, Dinero y Derechos e OCU-Salud, e boletíns financeiros, Dinero Quince e Dinero y Fondos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de organizacións privadas que teñen como obxectivo elaborar e executar plans de pesca, concentrar a oferta, regular os prezos, mellorar a calidade e actuar como empresas. Deben constituírse por libre iniciativa dos produtores e foron creadas para adaptar a normativa á entrada na Comunidade Económica Europea. Foron reguladas por primeira vez en 1970.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de asociacións de confesión católica e maioritariamente laicas que se caracteriza por un obxectivo apostólico, realizado a nivel internacional en tanto que institucións específicas e que, como tales, son recoñecidas e inscritas pola Santa Sé, que intervén tamén na aprobación de estatutos e nomeamentos de presidentes e conselleiros. Moitas gozan dun estatuto consultivo ante a ONU, a UNESCO, a FAO ou o Consello de Europa.
-
PERSOEIRO
Escritor e místico. Monxe agostiño (1522), foi considerado o iniciador da literatura ascético--mística castelá. Destacan as súas obras Regla de vida cristiana (1542), Vergel de oración y monte de contemplación (1544), Memorial de amor santo (1545), Desposorio espiritual (1551), Las siete palabras que la Virgen Santísima Nuestra Señora habló (1556) e Historia de la suavidad de Dios y epistolario cristiano para todos los estados (1567).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Adestrador. Foi o primeiro director técnico da Federación Galega de Atletismo, de onde pasou a ser o responsable do equipo de fondo da Real Federación Española (1966-1972), para logo facerse cargo dos equipos de maratón (1973-1980) e campo a través (1989-1998). En 1999 foi elixido coordinador nacional de fondo da Real Federación Española de Atletismo. Foi adestrador oficial da selección española nos Xogos Olímpicos de México (1968), Múnic (1972) e Atlanta (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gravador e pintor. Despois de formarse en diversas cidades europeas, instalouse en Madrid onde, xunto con Reimundo Patiño, fundou o taller de gravado Redor e formou parte do grupo Estampa Popular Galega. Especializouse en varias técnicas, como a augaforte e as litografías. Na súa obra destaca a temática social e o interese por reflectir a natureza humana. Fundou tamén o Obradoiro da Sé (Monforte de Lemos, 1975). Da súa obra destaca A Emigración Galega (1964), Resistencia (1992), Rivus (1993), Castenatum (1998) e A ferida do amanecer (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista castelán. Foi o introdutor da obra de A. Smith e doutros clásicos, basicamente como tradutor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político, duque de Terranova e marqués de Monasterio. Foi deputado co Partido Conservador polo distrito de Caldas (1891-1893) e designado senador por dereito propio (1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ceramista e escultor. Formouse en Massana (Barcelona) e Sargadelos, e foi un dos membros fundadores do grupo Remol en 1987. Nas súas obras mesturou a iconografía popular coa tradición escultórica moderna. Empregou materias autóctonos para crear as pastas cerámicas, que traballou con distintas técnicas, como o torno ou a modelaxe manual. Da súa produción destacan, entre outras, as series Expresiones e La tierra que habla. Participou en numerosas exposicións colectivas e individuais e a súa obra está presente en museos e coleccións de Europa, EE UU e Xapón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Programa de reformas imposto polos nobres a Enrique III de Inglaterra, en 1258, que pode ser considerado a primeira constitución escrita do país. O documento creaba un consello de quince nobres para controlar a política do goberno, obrigaba ao rei a convocar o Parlamento tres veces ao ano e reducía os seus poderes sobre a administración local e o sistema de impostos. Foron abolidas en 1266.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ANZUS.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e cronista. Despois da súa formación en Italia, sucedeu a Juan de Mena como cronista de Enrique IV. Participou activamente nas negociacións do matrimonio de Isabel a Católica con Fernando de Aragón. É autor de Batalla campal de los perros y los lobos (1456), obra satírica; Tratado de la perfección militar (1460) e Alphonsi Palentini Hispaniensia ex annalibus suorum diebus colligentis, traducida e editada en castelán como Crónica de Enrique IV (1904-1908). Escribiu tamén o Universal vocabulario en latín y en romance (1490), anterior ao de Nebrija.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que pertence ao sistema montañoso do Xistral e que está situado na parroquia de Silán (Muras). O seu cumio acada os 942 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Inventou e construíu a turbina de vapor que leva o seu nome (1884). En 1889 creou en Newcastle uns talleres para a fabricación de turbinas, coas que equipou o barco Turbinia, construído en 1897.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo estadounidense. Defensor do funcionalismo, creou a denominada gran teoría, combatida por sociólogos radicais que quedaban máis apartados da socioloxía oficial. Da súa extensa obra destacan The Social System (1951), Struture and Process in Modern Societies (1960), Family, Socialization and Interaction Process (1960) e American Society, Perspectives, Problems, Methods (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo irlandés, conde de Rosse. Chanceler da Universidade de Dublín en 1862, construíu en Birr Castle un telescopio reflector (1845), que tiña un diámetro de 1,83 m. Ese mesmo ano descubriu que certas nebulosas presentaban unha estrutura espiral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político español que, xunto co Partido Liberal, constituíu o centro do sistema bipartidista característico da Restauración. Malia ser fundado por A. Cánovas del Castillo en 1869, foi de feito un continuador do antigo Partido Moderado, aínda que a nova organización admitía principios liberais. O seu xefe indiscutible foi A. Cánovas del Castillo e, tras o seu asasinato, Antoni Maura i Montaner. Gobernou sen interrupción desde 1875 ata 1881. Sufriu escisións como a da Unión Conservadora de Francisco Silvela y de Le Vielleuze e os grupos fieis á memoria de Cánovas, entre outros. A ditadura precipitou a descomposición do partido que, despois do réxime de Primo de Rivera, tentou reconstruír, sen éxito, Gabino Bugallal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido Conservador.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e xornalista. Influído nas súas primeiras obras por Jardiel Poncela, como en Los pobrecitos (1957), de carácter neorrealista, co tempo variou a súa temática cara a un teatro máis amable e de entretemento. Desta segunda época destacan Cena de matrimonios (1960), Aurelia y sus hombres (1961, Premio Nacional de Teatro), Si quiero (1964) e La zorra y el escorpión (1977).
VER O DETALLE DO TERMO