Partido Conservador ou Partido Liberal-Conservador
Partido Conservador ou Partido Liberal-Conservador
Partido político español que, xunto co Partido Liberal, constituíu o centro do sistema bipartidista característico da Restauración. Malia ser fundado por A. Cánovas del Castillo en 1869, foi de feito un continuador do antigo Partido Moderado, aínda que a nova organización admitía principios liberais. O seu xefe indiscutible foi A. Cánovas del Castillo e, tras o seu asasinato, Antoni Maura i Montaner. Gobernou sen interrupción desde 1875 ata 1881. Sufriu escisións como a da Unión Conservadora de Francisco Silvela y de Le Vielleuze e os grupos fieis á memoria de Cánovas, entre outros. A ditadura precipitou a descomposición do partido que, despois do réxime de Primo de Rivera, tentou reconstruír, sen éxito, Gabino Bugallal.