Partido Comunista Português
Organización constituída en Portugal en 1921 a partir dun grupo de anarcosindicalistas. O seu primeiro secretario xeral foi José Carlos Rates. Tras o golpe militar fascista de 1926 sumiuse nunha grave crise e durante o réxime ditatorial tivo que pasar á clandestinidade, pero liderou as loitas obreiras e campesiñas. En 1961 foi elixido secretario xeral do partido Álvaro Barreirinhas Cunhal. Tras a Revolução dos Cravos de 25 de abril de 1974, o PCP volveu á legalidade e participou nos gobernos provisionais ata o golpe de 25 de novembro de 1975. O VIII congreso do PCP, celebrado en novembro de 1976, concentrouse na defensa da reforma agraria e as outras conquistas da Revolução. En 1987 deixou de ter representación parlamentaria. En 1992 foi elixido secretario xeral do partido Carlos Alberto do Vale Gomes Carvalhas.