"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PERSOEIRO

    Político e xornalista. Provedor xeral do exército liberal, ocupou distintos cargos nos gobernos liberais do Paraguay. Gobernador de Guayas, foi deputado e presidente da República.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estrixiformes.

    2. Ave da familia dos estrixiformes.

    3. Orde de aves que abrangue as familias dos titónidos e dos estríxidos. Caracterízanse por presentar adaptación á depredación nocturna e, as máis das veces, ao asexo. Pode ver as presas a baixas intensidades lumínicas grazas á alta proporción de bastóns na retina e ás grandes pupilas. A disposición frontal dos ollos tamén lles permite unha visión estereoscópica. O ángulo de visión limitado, comparado con outras aves, vese compensado ao presentar pescozos moi flexibles, que lles permiten rotar a cabeza máis de 180° para cada lado, e nalgúns casos ata 270°. Presentan unha grande envergadura de alas en proporción co tamaño corporal, feito que lles permite voar de xeito lento. Para anular calquera efecto de turbulencia no aire e, polo tanto, o son que esta provocaría, as plumas de voo teñen o bordo posterior cunha estremidade pilosa e a parte superior cunha textura suave. O silencio, ademais de non alertar as presas, permite un mellor funcionamento do sentido do oído. Este conta con grandes orificios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de doce concertos opus nº3 para diversas combinacións de violín da autoría de Antonio Vivaldi, publicada en 1711 e dedicada ao gran príncipe de Toscana Fernando III, fillo do gran duque Cosimo III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de estróbilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estrucioniformes.

    2. Ave da familia das estrucioniformes.

    3. Orde de aves á que pertencen as avestruces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que tolera unha ampla marxe de temperaturas no medio onde vive.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ruso. Participou nas guerras ruso-turca (1877) e ruso-xaponesa (1904), antes de participar na Primeira Guerra Mundial ao mando do IV exército ruso. Promovido polo Tsar Nicolás II a xefe dos exércitos rusos do O, dirixiu a retirada destes a Niemem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado ás forzas militares soviéticas. Creado en xaneiro de 1918 polo Consello dos Comisarios do Pobo, foi organizado por Trockij. Ata a desintegración da Unión Soviética en 1991 e a súa propia fragmentación nos distintos exércitos dos novos estados, tomou parte en importantes conflitos bélicos, como a Guerra Civil rusa (1918-1920), a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) e a Guerra de Afganistán (1979-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado cortical da raíz formado por células alongadas radialmente que se suberizan e se lignifican. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que desprende calor.

    2. Substancia que se obtén por reacción exotérmica.

    3. Conxunto de cambios físico-químicos, que experimenta unha substancia, en que esta desprende unha parte da súa enerxía interna en forma de calor. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode exterminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen extermina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Matar ou eliminar completamente unha raza, especie ou calquera conxunto de seres vivos.

    2. Destruír ou acabar totalmente con algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de exterminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de fouce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político francés. Militante da esquerda republicana, foi elixido deputado en 1876 e, tras formar parte de varios gabinetes ministeriais, ocupou a Presidencia da República entre 1906 e 1913.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de anemia aplástica, de carácter hereditario, que afecta aos nenos de entre cinco e dez anos. Caracterízase por pancitopenia, alteracións cromosómicas, malformacións conxénitas, manchas na pel e atraso do crecemento. Denomínase tamén panmielopatía hipoplástica constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Cultivou a poesía e o xénero dramático, e colaborou en publicacións da época como Lar ou Terra con títulos como “Ilusión”, “Pétalos líricos” ou ”Vida truncada”. Da súa produción destacan Cadencias (1922), Hosanna: bajo el cielo porteño (1931), Por España y para España! El libro del combatiente. (1937), Seara (1924), Margarida a malfadada e O soldado froita e outros diálogos e monólogos. No eido da literatura dramática é autora do drama Margarida a malfadada, do diálogo cómico O soldado Froita e outros diálogos e monólogos e da zarzuela en tres actos O avarento, con música de José Jané.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campaña fotográfica federal organizada polo departamento de Agricultura do goberno dos EE UU e dirixida por Roy Stryker. O seu obxectivo era obter imaxes das consecuencias da Gran Depresión económica que vivía o país, particularmente os granxeiros do sueste, para realizar informes e axudar economicamente aos que máis o precisaban. Na campaña traballaron os fotógrafos B. Shahn, W. Evans e D. Lange, entre outros. Os seus arquivos recolleunos a Library of Congress en Whasington.

    VER O DETALLE DO TERMO