"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter de monoaural.
-
-
ENCORO
Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Bibei, situado entre os concellos de Ribas de Sil e Quiroga. O encoro abrangue unha superficie de 71,72 ha e está situado antes da confluencia do Bibei co Sil. A presa, construída por Iberdrola entre as parroquias de Peites (Ribas de Sil) e Montefurado (Quiroga), emprégase para a explotación dunha central hidroeléctrica cunha potencia superior aos 10 MW.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Quiroga. De grandes proporcións, presenta unha planta de cruz latina sobre a que se ergue, no centro do cruceiro, unha cúpula de media laranxa con nervios radiais de granito. A nave principal está formada por tres tramos separados por pilastras, con arcos de medio punto e bóvedas de canón. Destaca o retablo do testeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Quiroga. Escavado na rocha, nun dos meandros do Sil, foi proxectado polos romanos para a extracción de ouro do río. Barállanse dúas hipóteses sobre a forma de levar a cabo a extracción: unha defende a fabricación do túnel, longo, profundo e estreito, para evitar a dispersión do metal, e outra avoga pola explotación das areas fluviais do meandro mediante o sistema de bateo, que quedaba en seco tras o desvío do río a través do túnel.
-
-
Animal sobre o que se monta para ir dun lugar a outro.
-
Conxunto dos arreos que se lle poñen a un animal para poder montalo.
-
Soporte, marco ou estrutura sobre a que vai montado un obxecto a fin de permitir a súa utilización ou manobra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
mordedela.
-
PERSOEIRO
Compositor. Vinculado ao modernismo, formouse inicialmente en Arxentina e despois con Vidiella en Barcelona. Fundou a sociedade coral Catalunya Nova (1896) e o Teatre Líric Català (1901), e foi director da Federación de Coros de Clavé. Da súa produción, coa que contribuíu ao renacemento da música popular catalá, destacan varias sardanas e zarzuelas, as óperas Emporium (1906), Bruniselda (1906) e Titània (1912), e a música de escena La Santa Espina (1907). Profesor doutras xeracións de músicos, escribiu Tratado práctico de harmonía (1901).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao relevo en que a estrutura é a base das formas actuais. Diferéncianse diversos tipos de relevo estrutural como o aclínico, o monoclinal, o dobrado, o fallado e o apalachense, onde prima o criterio da tectónica; e o volcánico, o granítico e o cárstico, onde prima o criterio litolóxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura propia da Idade do Bronce, que se desenvolveu no SL de La Meseta, entre Albacete e Ciudad Real. A súa importancia artística aparece representada polos enormes túmulos circulares rodeados por murallas, ao redor dos que se establecían os poboados. Os máis representativos foron La Peñuela (Albacete) e Los Romeros, Azuer e Palacios (Ciudad Real).
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Nogueira de Ramuín baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Folgoso (Allariz). O seu cumio acada os 503 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo S da parroquia de Loña do Monte (Nogueira de Ramuín). O seu cumio acada os 874 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Estivo ao servizo de Castela como embaixador en Lisboa e foi o principal axente de Filipe II nas negociacións para conseguir a Coroa de Portugal de forma pacífica. Obtivo a presidencia do Consello de Portugal e o título de conde de Castelo Rodrigo (marqués desde 1598). Foi vicerrei de Portugal entre 1600 e 1603 e desde 1608 a 1612.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Pequeno sistema montañoso que se estende en dirección NO-SL e que forma o límite natural entre os concellos de Gomesende e Ramirás. As altitudes oscilan entre os 500 e os 870 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase á terra ou as variedade de uces e carpazas que tiran a negras.
-
Terreo poboado de uces ou torgueiras.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Videferre (Oímbra). O seu cumio acada os 877 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Trobo (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 761 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está moi moreno.
-
PERSOEIRO
Escritor. Exerceu como profesor na Universidade de Lisboa desde 1957, sendo un firme opositor á ditadura de Salazar. Fundador da revista Tábola Redonda (1950), o seu primeiro éxito foi Secreta Viagem (1950). Da súa extensa bibliografía destacan Hospital das Letras (1966), As Quatro Estações (1980), Os Ramos os Remos (1985) e Tópicos recuperados (1992). Recibiu o Prémio APE (1986).
VER O DETALLE DO TERMO