Montefurado, túnel de
Montefurado, túnel de
Construción situada en Quiroga. Escavado na rocha, nun dos meandros do Sil, foi proxectado polos romanos para a extracción de ouro do río. Barállanse dúas hipóteses sobre a forma de levar a cabo a extracción: unha defende a fabricación do túnel, longo, profundo e estreito, para evitar a dispersión do metal, e outra avoga pola explotación das areas fluviais do meandro mediante o sistema de bateo, que quedaba en seco tras o desvío do río a través do túnel.