monteira
(< monte)
-
s
f
[INDUM]
Peza do traxe tradicional masculino que cobre a cabeza e que se realiza en pano ou la. Presenta gran variedade de formas e feituras dependendo da zona. Polo xeral adoitan ter forma mitral, aínda que nalgunhas zonas semellan puchos cunha especie de viseira. A cor máis usual é a negra ou as cores escuras, con adornos de cores bordados e o número e a disposición dos picos varía, xa que cada zona confeccionaba a súa monteira de forma persoal. En moitos casos os distintos picos estaban adornados cunhas borlas de fío ou uns pompóns de cores. Nas monteiras de gala poñíanse plumas de ave, como as de pavo real, para darlle maior vistosidade. Dependendo das zonas, empregábase un pano atado á cabeza por debaixo da monteira, que no traxe de gala era de seda de cores moi variadas.
-
s
f
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘pucha’.