Montefurado, encoro de
Montefurado, encoro de
Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Bibei, situado entre os concellos de Ribas de Sil e Quiroga. O encoro abrangue unha superficie de 71,72 ha e está situado antes da confluencia do Bibei co Sil. A presa, construída por Iberdrola entre as parroquias de Peites (Ribas de Sil) e Montefurado (Quiroga), emprégase para a explotación dunha central hidroeléctrica cunha potencia superior aos 10 MW.