"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
san (Atenas? - 95?) Bispo e mártir. Xuíz do Areópago, converteuse ao cristianismo por mediación de san Paulo. Foi o primeiro bispo de Atenas e parece que sufriu martirio baixo o Emperador Domiciano (95 d C) ao ser queimado vivo. Durante a Antigüidade e na Idade Media atribuíronselle algunhas obras filosóficas do s V que posibilitaron, en boa medida, a permanencia do neoplatonismo nesa época; co tempo descubriuse que eran obra doutro autor, a quen lle deron o nome de Pseudo-Dionisio. A súa iconografía coincide adoito coa de san Denís de París: leva vestiduras de pontífice, con dalmática, casula ancha e mitra; como atributo persoal unha cabeza nas mans e, ás veces, tamén o libro dos evanxelizadores. A súa festividade celébrase o 17 de novembro.
-
RIOS
Río afluente do Mandeo pola esquerda. Nace na parroquia e concello de Curtis, da confluencia dos ríos Martín, Carballido e Ameneira. O seu curso adopta unha dirección SO-NL co que drena a parroquia de Curtis ata a súa desembocadura no lugar de Vilardois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (615-618). Limitou os privilexios que posuían os monxes dende o pontificado de san Gregorio o Magno. O seu selo pontificio, coa inscrición Deusdedit papa (o seu nome en latín), é o máis antigo dos coñecidos. A súa festividade celébrase o 8 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (672-676). Foi o primeiro en encabezar as súas cartas coa fórmula Saúde e bendición apostólica e en datalas co ano do seu pontificado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teolindo/Teolinda.
-
PERSOEIRO
Escritor. Durante a ocupación alemá colaborou en Action Française. A súa narrativa, representada por obras como Je ne veux jamais l’oublier (Non quero esquecelo xamais, 1950) ou La corrida (1952), manifesta unha insolencia elegante, pesimista e plena de nostalxia. Dos seus escritos políticos destacan L’armée d’Algérie et la pacification (O exército de Alxeria e a pacificación, 1959) e La carotte et le bâton (A cenoria e o pao, 1960). Membro da Académie Française desde 1978.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo suízo. Estudiou en Xenebra e na École Française d’Athènes (1905-1908). Foi director do Musée d’Art et d’Histoire (1922-1951) e profesor de arqueoloxía na Université de Genève. Entre as súas obras destaca L’archéologie, sa valeur, ses méthodes (A arqueoloxía, o seu valor e os seus métodos, 1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ciencia ou tratado dos deberes. En calidade de determinación empírica das normas morais, a teoría deontolóxica trata dos deberes que se teñen que cumprir para poder chegar a un ideal de felicidade, o máis grande posible para o maior número de individuos.
-
Ciencia ou tratado que estudia os deberes e a ética profesional dos médicos. Establece unhas normas de conduta médica que varían segundo as influencias sociais.
-
-
-
Relativo ou pertencente á deontoloxía.
-
Conxunto de normas e preceptos de carácter moral que rexen nunha tarefa ou traballo determinados e cos que se procura respecto, rigor, honestidade e outros principios acordes coa ética profesional.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dicir inxurias contra algo ou alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inxuria ou ofensa verbal ou escrita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘culler’.
-
DIARIOS
Diario deportivo publicado na Coruña a partir do 19 de decembro de 1995. Forma parte do grupo La Capital S L, editora dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa. Fundado por Editores Deportivos del Norte de España S L, foi dirixido inicialmente por César Casal González. Comezou a súa edición coa cabeceira dxt, que logo foi substituída por Deporte. Presidido por Florencio Aldrey Iglesias, conta cun equipo de dirección formado por Juan R. Díaz García e Juan C. Boga Sánchez. Está dividido nas seccións, “Deportivo”, dirixida por Alberto Torres, “1ª División y F. Gallego”, con Lois Novo á fronte, “Otros Deportes”, con Juan Pedro Barco, e “Suplementos”, coordinado por J. R. Fontela. O seu obxectivo principal é informar e dar a coñecer o deporte galego, e inclúe entrevistas, clasificacións, táboas comparativas e especiais dos distintos deportes que se practican en Galicia acompañados de fotografías. Semanalmente publícase un suplemento...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás derbesiáceas.
-
Alga da familia das derbesiáceas.
-
Familia de clorofíceas sifonais que comprende algas mariñas de talo filiforme, de ramificación dicótoma ou irregular.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás dermatocarpáceas.
-
Lique pertencente á familia das dermatocarpáceas.
-
Familia de liques ascomicetos da orde das verrucarialis, de talos foliáceos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que establece que dados dous triángulos ABC e A’B’C’, as rectas AA’, BB’ e CC’ concorren nun punto se e só se os puntos de intersección das rectas AB e A’B’, de BC e B’C’ e de CA e C’A’ están aliñados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de aseo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de desbloquear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia de moderación ou control das paixóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desenlear ou desenlearse.