Deo
Deo
Río afluente do Mandeo pola esquerda. Nace na parroquia e concello de Curtis, da confluencia dos ríos Martín, Carballido e Ameneira. O seu curso adopta unha dirección SO-NL co que drena a parroquia de Curtis ata a súa desembocadura no lugar de Vilardois.