Deón, Michel

Deón, Michel

Escritor. Durante a ocupación alemá colaborou en Action Française. A súa narrativa, representada por obras como Je ne veux jamais l’oublier (Non quero esquecelo xamais, 1950) ou La corrida (1952), manifesta unha insolencia elegante, pesimista e plena de nostalxia. Dos seus escritos políticos destacan L’armée d’Algérie et la pacification (O exército de Alxeria e a pacificación, 1959) e La carotte et le bâton (A cenoria e o pao, 1960). Membro da Académie Française desde 1978.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París