"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
-
Que é pouco profundo, aplicado normalmente ás feridas.
-
Táboa de contorno e espesura irregulares, sacada da parte exterior do tronco, que normalmente conserva anacos da casca da árbore.
-
Lugar no serradoiro onde se descascan as árbores ou onde se deposita a casca.
-
Persoa que lle quita a casca ás toradas ou que negocia con elas.
-
Anaco de madeira con casca.
-
Tronco de árbore ao que se lle quitou a parte interna que estaba podre.
-
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘banco’.
-
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘táboa’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten moita casca, especialmente aplicado ás árbores.
-
-
Peza da armadura que cobre o cranio.
-
Peza para a cabeza de tea, coiro, etc, redonda e sen abas nin viseira.
-
Cabeleira postiza que cobre unha parte da cabeza.
-
Parte máis ou menos esférica situada no extremo dalgunha cousa que, pola súa forma, recorda a peza da cabeza.
-
Cartucho de metal baleiro.
-
Peza da roca constituída por unha especie de cartucho cunha abertura pola parte superior na que se suxeita a roca de fiar.
-
Porción de esfera limitada por un plano menor ca a semiesfera e que se adoita aplicar ás estruturas dos túmulos megalíticos.
-
Cada unha das dúas partes en que un plano divide unha superficie esférica.
-
-
casquete glacial
Acumulación de xeo de grandes dimensións, principalmente nas rexións polares e nos cumios máis elevados.
-
...
-
casquete glacial
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer ruído as aves cando comen gran.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento constituínte do sistema de condución de augas deseñado polos romanos que permitía a distribución da auga a diferentes lugares e niveis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título señorial portugués concedido no 1598 en favor do embaixador Cristovão de Moura (1538-1613), vicerrei de Portugal, conde de Castelo Rodrigo (1594) e de Lumiares. O título foi declarado perpetuo en 1621 para o seu fillo Manuel de Moura e de Corte Real (morto en 1652), gobernador de Flandres e grande de España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pierre-François-Charles Augereau.
-
PERSOEIRO
Militar e político peruano. En 1824 participou na Batalla de Ayacucho, e entre 1831 e 1841, nos intentos de invasión de Bolivia. En 1844, logo de enfrontarse cos xefes militares, derrocou o ditador Vivanco. Ocupou a presidencia da República entre 1845 e 1851 e entre 1854 e 1862. Deulle estabilidade política e económica ao país, creou un monopolio sobre a explotación dos depósitos de guano, e aboliu a escravitude dos negros e o tributo persoal dos indios. Promulgou a Constitución de 1860 que introduciu o sufraxio universal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Municipal Quiñones de León.
-
GALICIA
Militar. Emigrou a Arxentina e en 1804 ingresou no exército. Participou nas campañas de defensa da cidade de Montevideo e, unha vez que triunfou a Revolución de Maio de 1810, colaborou co xeneral arxentino Carlos María de Alvear no sitio e na rendición da cidade de Montevideo (1814). Posteriormente, viaxou a Carmen del Río Negro, na Patagonia, para loitar contra os partidarios do dominio español e pola independencia arxentina. En 1815 ascendérono a subtenente da IV compañía do batallón II do rexemento número 8, ao mando da que loitou nas batallas de Chacabuco (2 de novembro de 1817) e Maipú (5 de abril de 1818). En 1819 ascendérono a capitán e, pouco tempo despois, nomeárono tenente primeiro co grao de capitán do estado maior da praza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, filólogo e crítico literario. Estudiou dereito e filosofía e letras en Granada, e ampliou estudios na Sorbonne. Colaborou con Giner de los Ríos, dirixiu a sección de lexicografía da Institución Libre de Enseñanza e foi catedrático de Historia da Lingua Española da Universidad de Madrid (1915-1939). Durante a Segunda República foi embaixador en Berlín e en 1939 exiliouse aos EE UU, onde foi catedrático en Princeton. Publicou, entre outras obras, Fueros leoneses de Zamora, Salamanca, Ledesma y Alba de Tormes (1916), El pensamiento de Cervantes (1925) e La realidad histórica de España (1935-1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Comezou a súa formación no obradoiro do seu pai ata que, con quince anos, marchou a Lisboa; alí traballou con Nicolás Pinto e despois con Giusti de Almeida en Mafra. Realizou, entre outros, os programas escultóricos da basílica da Estrela (1777-1783), do pazo de Ajuda e do pazo do Marqués do Pombal en Oeiras. Entre 1771 e 1775 esculpiu a estatua ecuestre de D. José, situada na Praça do Comércio de Lisboa. Destacou na elaboración de beléns nos que seguiu o estilo desenvolvido no sur de Italia, caracterizado por mesturar as escenas relixiosas coas populares, tratadas dun xeito realista e anecdótico. Entre eles destaca o da catedral de Lisboa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político portugués. Nomeado xefe do goberno o 28 de xaneiro de 1915, foi derrocado por unha revolución constitucionalista o 14 de maio de 1915 e deportado a Angra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade xeocronolóxica (non cronoestratigráfica) situada baixo o Arqueozoico. Ten categoría de era e fai referencia a todo o espazo temporal que vai dende a formación ou individualización da Terra como planeta ata a primeira rocha arqueozoica, a máis antiga ata agora atopada dentro do rexistro de datas radiocronométricas. Trátase dunha unidade temporal da que, por exclusión, non se ten testemuño e que abrangue un período de 800 millóns de anos (dende o -4600 Ma ao -3800 Ma). Fai referencia a todos os tempos pre-xeolóxicos dunha Terra en formación e diferenciación xeoquímica, na que despois xurdiron a primeira cortiza e as primeiras segregacións siálicas que deron lugar aos protocontinentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Catarqueano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Censo demográfico e fiscal elaborado entre 1750 e 1754 nos reinos peninsulares da coroa de Castela, entre eles o de Galicia, por un decreto do Rei Fernando VI a instancias de Zenón de Somodevilla y Bengoechea, Marqués de la Ensenada, secretario de Facenda, Guerra, Mariña, Indias e Estado, e gobernador do Consello de Castela. O catastro tiña como base unha enquisa constituída por 40 preguntas relativas á poboación, ás propiedades e ás actividades económicas de cada unha das parroquias. Este cuestionario (interrogatorio) debía ser respondido en primeira instancia polo párroco, o alcalde, os rexedores da xurisdición e dous veciños elixidos por eles. Os responsables da recolección dos datos eran funcionarios (xustizas e intendentes) nomeados para a ocasión, acompañados de escribáns, agrimensores, taxadores e os peritos que fosen precisos. Ademais, cada veciño debía declarar os seus datos particulares: nome e apelidos, profesión, condición social, familia, fontes de ingresos e propiedades. Constitúe...
-
-
Acción de catequizar, é dicir, de ensinar metodicamente a doutrina cristiá dun xeito apropiado ás distintas persoas (nenos, adultos, bautizados ou non bautizados). Antigamente, era a predicación que se realizaba para os adultos que ían recibir o bautismo, durante o catecumenado. Consistía en explicar, durante o tempo de coresma, os fundamentos da fe e tamén o sentido e o contido dos sacramentos e dos ritos litúrxicos (catequese mistagóxica ou de iniciación). Facíase durante a Pascua cos neófitos ou cos acabados de bautizar. Cando se xeneralizou o bautismo dos nenos, a función da catequese foi a de ensinar os fundamentos da fe e, máis comunmente, unhas normas morais que reflectían as preocupacións propias de cada época (a conversión de xudeus, de musulmáns, a Contrarreforma, etc). Despois das disposicións tridentinas, comezou o ensino da doutrina cristiá durante a misa dos domingos ou das festas para o pobo adulto, a catequización dos nenos por parte dos rectores ou dos mestres...
-
Ensino a través de preguntas e respostas.
-
-
SEMANARIOS
Semanario dos Padres Franciscanos que se publicou en Ourense dende 1943 ata 1945. O seu director foi o P. José Mª Guillén Rey. No sumario figuran as seccións “Pedagogía y catequesis”, “Liturgia” e “Miscelánea”. Entre os redactores destacan Aurora Maceda, Andrés Herranz, Agustín Rodríguez, Josefa Rodríguez e Germán Yáñez. O grupo de colaboradores estaba integrado por Vicente Risco, José Mª Ciorda, Amparo F. Noguerol ou José Mª Parente. Trátase dunha folla semanal de información que co tempo se converteu nunha revista mensual de formación relixiosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á catequese.
-
Disciplina teolóxica que expón os principios, a historia, o contido e o método da catequese.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Flavonoide que aparece na madeira e na cortiza dalgunhas árbores. Emprégase para tinguir e, en medicina, como astrinxente.