Castro, Joaquim Machado de

Castro, Joaquim Machado de

Escultor. Comezou a súa formación no obradoiro do seu pai ata que, con quince anos, marchou a Lisboa; alí traballou con Nicolás Pinto e despois con Giusti de Almeida en Mafra. Realizou, entre outros, os programas escultóricos da basílica da Estrela (1777-1783), do pazo de Ajuda e do pazo do Marqués do Pombal en Oeiras. Entre 1771 e 1775 esculpiu a estatua ecuestre de D. José, situada na Praça do Comércio de Lisboa. Destacou na elaboración de beléns nos que seguiu o estilo desenvolvido no sur de Italia, caracterizado por mesturar as escenas relixiosas coas populares, tratadas dun xeito realista e anecdótico. Entre eles destaca o da catedral de Lisboa.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Coimbra

  • Deceso