"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Estadista. Coa morte de seu pai, titular da Secretaría do Estado, confiáronlle os asuntos de Italia, e conseguiu a confianza de Filipe II. O asasinato de Juan de Escobedo e a súa actitude na sucesión de Portugal fixeron que o rei o destituíse e o encarcerase. Fuxiu ao Reino de Aragón e de alí a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De orixe galega, foi reitor no colexio valisoletano de San Gregorio, ademais de catedrático de Teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (1692-1698), cualificador do Santo Oficio (1697) e prior dos conventos dominicanos de Santiago de Compostela (1700-1702 e 1710-1712) e Pontevedra (1702-1705).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Javier Patricio Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Figura relevante do socialismo ourensán na segunda década do s XX, foi secretario do Centro de Sociedades Obreras de Ourense en 1914. Foi detido en diversas ocasións, como en 1917, despois da folga antidinástica convocada pola UGT e a CNT, e en 1921, despois da folga xeral iniciada en solidariedade coa loita anticaciquil de Vilamartín de Valdeorras. A partir de 1922 afastouse do PSOE e colaborou coa Confederación Regional Agraria de Basilio Álvarez Rodríguez, participando no seu congreso fundacional (1922) como defensor do abolicionismo foral da Federación Provincial Agraria de Ourense. No verán dese mesmo ano achegouse dun xeito temporal ao anarcosindicalismo e asistiu en Vigo á conformación da Confederación Regional Galaica da CNT, que logo representou no mitin celebrado en Ourense en protesta pola represión dos agrarios de Guillarei (Tui). Durante a Ditadura de Primo de Rivera seguiu vinculado á organización agraria ata que se retirou da actividade pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de perfeccionar ou perfeccionarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten defecto ningún.

    2. Que posúe todas as características requiridas. OBS: Adoita ir colocado antes do substantivo.

    3. Que expresan unha acción acabada no momento ao que se refiren, en oposición ás formas de imperfecto que expresan a acción no seu desenvolvemento.

    4. Aplícase a un acorde de tres sons consoante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Presbítero e mártir. Foi martirizado na Córdoba musulmá. A súa festividade celébrase o 18 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no latín perfectus, ‘perfecto, acabado’, participio de perficio, ‘acabar, cumprir, perfeccionar’. No sentido moral refírese a aquel que está libre de todo pecado; tamén é un nome augural. Presenta as variantes Perfeuto /Perfeuta. A súa festividade celébrase o 18 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo Perfecto/Perfecta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está feito sen coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tirano de Corinto. Intentou manter a estabilidade política interna e ocupouse de regulamentar e humanizar o traballo dos escravos, protexeu os campesiños pobres, potenciou o comercio con Exipto, Lidia e Mileto e levou a cabo unha política de conquistas. É autor do aforismo: “Se previsor con todas as cousas”. Inclúese dentro do grupo dos Sete Sabios de Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escisión parcial ou completa do pericardio.

    2. Decorticación do corazón nas pericardites crónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula do peritelio. OBS: Tamén se denomina célula de Rouget.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte máis elevada de algo, especialmente dunha montaña ou dunha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de olivina, de cor verde clara. É un constituínte das rochas ultrabásicas. Haino nas peridotitas, nos basaltos, nas diabases e nos gabros. Os cristais máis grandes son moi apreciados en xoiaría. Os principais xacementos localízanse en Myanmar e Sri Lanka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade biótica acuática formada por organismos fixos adheridos só pola súa base a un substrato sólido somerxido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que estuda o embarazo, o parto e o período posnatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é ilustre en alto grao.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido periódico.

    2. Anión de fórmula IO - 4 .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periósteo do tecido dentario.

    VER O DETALLE DO TERMO