"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Médico. Nacionalizouse norteamericano en 1941. Colaborou con D. W. Richards no estudo das enfermidades do corazón e dos pulmóns, e no desenvolvemento de técnicas para medir o funcionamento destes órganos, como o cateterismo cardíaco. Ambos os dous compartiron con W. Forssmann o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1956.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático, economista e filósofo francés. Profesor de matemáticas nas universidades de Lyon e Grenoble, e inspector xeral e reitor da Académie de Dijon, está considerado como o iniciador do tratamento matemático da economía. A súa obra máis destacada é Recherches sur les principes mathématiques de la théorie des richesses (Anotacións sobre os principios matemáticos da teoría das riquezas, 1838), na que trata os problemas do cambio e das relacións entre a demanda e o prezo. Trasladou o seu interese polo cálculo de probabilidades á filosofía, campo no que destacou con Materialisme, vitalisme, rationalisme (Materialismo, vitalismo, racionalismo, 1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Trasladouse en 1964 a Barcelona, onde estudiou pintura con Josep Maria Baixas i Castellví (1969) e na Escola de Llotja (1973), na que cursou estudios de litografía e gravado en 1977. Dende 1982 dedícase exclusivamente á pintura. As súas primeiras obras foron naturezas mortas e paisaxes; nestas últimas introduciu o eixe da súa pintura: a figura humana. Nun primeiro momento foron tres ou catro figuras espalladas polo cadro, despois representou multitudes ou grupos, para pouco a pouco reflectir novamente tres ou catro persoas caracterizadas polas miradas intensas dos seus rostros. Formalmente, as súas figuras están ben perfiladas pero tamén se achegan á abstracción. A cor lembra os fauvistas, mentres que a sinuosidade da liña recorda os expresionistas, pero en ningún caso son obras de carácter dramático. Cultivou tamén o cartelismo (Letras Galegas, Barcelona, 1987) e a ilustración (Contos e lembranzas, de J. A. Pet Posse). Participou en numerosas exposicións colectivas e realizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. A súa obra de temática relixiosa caracterízase polo dominio do debuxo. No santuario de Las Ermitas (Astorga) consérvase a decoración da bóveda e dous lenzos que representan a Entrega do rosario e o Triunfo da Fe. Realizou tamén os altares da Fuxida a Exipto e Santo Antonio de Pádua, en San Vicente de Coeo (Lugo), e unha copia da Virxe do Socorro que fixera Claudio Coelho para a capela de Mondragón da catedral de Santiago de Compostela (1737).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador francés. Coñecido como o Vello, realizou os tapices La légende de Saint Mammès (A lenda de san Mamés, 1543). Atribúenselle as vidreiras da catedral de Sens e o lenzo Eva Prima Pandora. Escribiu diversos tratados, entre os que destaca Livre de perspective (Libro de perspectiva, 1560).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador francés, fillo de Jean Cousin o Vello. Coñecido como o Novo, traballou en Sens e París. Da súa autoría só se documenta unha única pintura: Jugement dernier (Xuízo final). Ilustrou, entre outros, o libro de emblemas Livre de Fortune (Libro da Fortuna, 1568), as Metamorfoses de Ovidio (1570) e as Fábulas de Esopo (1582). Posiblemente rematou o Livre de portraiture (Libro do retrato, 1571), comezado polo seu pai.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gravador e artesán. Traballou fundamentalmente o marfil. Foi conservador do Museo de Ultramar (Madrid) e traballou na delegación española da Exposición Universal de París de 1878. Foi galardoado na Exposición Rexional de Galicia (Santiago de Compostela, 1858) e na Exposición Universal de París (1874). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. O seu irmán, Mariano Cousiño Vázquez (Pontevedra 23.6.1828 - 12.3.1914) foi tamén gravador. Realizou crucifixos, camafeos e outras pezas en marfil, óso ou aceiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
frei (? - 1769?) Mestre de obras e leigo dominicano. Chegou a Santiago de Compostela en 1717 para dirixir as obras da biblioteca da Universidade, que se estaba a construír a carón dos colexios de Fonseca e San Xerome.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sandiás. De orixe románica, ampliouse no s XVII. No interior destaca o retablo maior barroco.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Muíños. Construída no s XVII, trátase dun templo de nave única. O arco triunfal apóiase sobre pilastras e permite o acceso ao presbiterio e á sancristía. No interior destaca o retablo, organizado en dous corpos e tres rúas, onde sobresaen, entre outras, as imaxes de Santiago cabaleiro, santa Bárbara e a Virxe do Carme. Na fachada principal destacan a porta de acceso, formada por un arco de medio punto, e a espadana dun só corpo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Gondomar. Segundo os epígrafes conservados nos muros da ábsida, edificouse entre 1731 e 1735. De acordo con outra inscrición da fachada sur, reconstruíuna en 1906 o abade Xosé Gómez. Trátase dun templo de planta rectangular dunha nave, con cuberta de madeira, e cunha ábsida cuberta con bóveda de canón, apoiada nun arco de cruceiro sobre pilastras. A fachada norte ten dous corpos pegados, a sancristía e a sala de usos múltiples, e un pórtico aberto cun tellado que descansa sobre unha columna de sección octogonal. Na fachada principal destaca a torre de base cadrada, cuberta por unha pirámide regular, con cornixa de sección trapezoidal e rematada por pináculos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e debuxante. Cultivou o retrato e a acuarela. Traballou como ilustrador en Galicia Moderna, Luz y Sombra e Bellas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guerrilleiro republicano. Serviu de enlace entre as diversas agrupacións e incorporouse ao grupo do Foucellas en 1944, con quen participou en numerosos enfrontamentos coas forzas de seguridade. Sobreviviu á caída da Vª Agrupación e á captura do Foucellas en 1952.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. De ascendencia galega, escribiu en galego e portugués. Colaborou na revista de creación Távola Redonda. Publicou en galego Frauta lonxana (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Entallador. Baixo a dirección de Domingo Antonio de Andrade traballou na capela maior da catedral de Santiago de Compostela (1671-1672).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado, escritor e xornalista liberal. Xuíz na Cañiza, Pontedeume, Lalín, Béjar e Pontevedra, foi presidente das xuntas revolucionarias pontevedresas dos anos 1843, 1846 e 1854. Colaborador dos periódicos pontevedreses Las Musas del Lérez (1842), La distracción (1852), El País (1857) e La Perseverancia (1859), foi ademais fundador e redactor dos semanarios El Ferrocarril Gallego (1853) e El Esquilón (1861), semanario satírico no que escribía baixo o pseudónimo de Frei Gustavo de la Fé. Foi o autor, xunto con Xosé López de la Vega, de Vida e viajes de los hermanos Bartolomé y Gonzalo Nodal e de numerosos escritos humorísticos publicados en El Cojo e El Cepo. Pouco antes da súa morte iniciou un Dicionario galaico portugués que non rematou.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Taboada. No muro occidental conserva unha porta románica de finais do s XII abucinada e rematada por dúas arquivoltas de medio punto, que descansan sobre os muros e sen tímpano. A rosca maior ten a aresta moldurada en bocel e seguida dunha media cana; arredor aparece unha chambrana de tacos. Baixo os beirís hai algún canzorro de factura sinxela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro estado e idade do Devoniano Medio, interxacente entre o Emsiano, na base, e o Givetiano, no teito. O estratotipo está en Couvin (Bélxica).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Couviniano.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cartelle. Construída no s XVII, consta dunha nave con cuberta de madeira. Na fachada destaca a espadana dividida en dúas partes. No muro exterior consérvase unha ara romana cunha inscrición.
VER O DETALLE DO TERMO