"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Emigrou a La Habana (1914) onde fundou a Sociedad Natural de Ortigueira (1928) e a Federación de las Sociedades Españolas de Cuba (1957), e presidiu a Sociedad Artístico-cultural Rosalía de Castro. En 1971 estableceuse en Miami onde fundou a Casa de los de Santa Marta de Ortigueira (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría que se celebra o 11 de xuño nunha ermida da parroquia de Piñor, no concello de Barbadás. Preto da ermida hai unha pedra furada, denominada Penedo Vigón, que ten sona de milagreira, indicada para curar o raquitismo, as verrugas, os tumores e as feridas, así como as doenzas da infancia. O día da romaría a nai e a madriña introducen os pequenos doentes polo furado da Pedra Vigón, pregando a san Bieito que os sande. A romaría é moi concorrida pola xente de Ourense e a súa comarca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena enseada do litoral setentrional da parroquia e concello do Vicedo, situada fronte á illa Coelleira.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Saviñao. Pertenceu a un mosteiro de cóengos regulares de santo Agostiño do s XII, data de construción da igrexa. Consérvanse algúns documentos medievais que nomean o prior da Cova. Foi unha das dignidades da catedral de Lugo (1728-1824). O templo ten planta rectangular, cunha soa nave con cuberta de madeira e unha ábsida con dous tramos, o recto cuberto con bóveda de canón apuntado e o semicircular con bóveda de cuarto de esfera. No tramo recto consérvanse pinturas murais que representan a Trindade. O arco triunfal é apuntado. No interior, consérvanse retablos dos ss XVII e XVIII. A portada principal está formada por un arco de medio punto con dúas arquivoltas de moldura, que se apoian en columnas de bases áticas, fuste liso e capiteis vexetais. O tímpano non presenta decoración.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Carballedo. Pertenceu a un antigo mosteiro de monxas beneditinas que en 1507 se anexionou a San Paio de Antealtares. En 1952, por mor da construción do encoro de Belesar, trasladouse do seu lugar orixinario. Descoñécese a data de construción do templo (1230?), aínda que por unha inscrición da portada occidental se sabe que a sufragou un soldado chamado Petrus Garsie. A igrexa conserva restos prerrománicos dunha obra anterior, ten nave única e ábsida semicircular precedida dun tramo recto. No interior destaca o arco triunfal de medio punto, peraltado e dobrado, coa rosca maior decorada cunha media cana que alberga botóns, mentres que a aresta presenta molduras. Arredor disponse unha chambrana de arquiños de medio punto colocados de forma radial. O menor apóiase en columnas imbuídas con bases áticas e capiteis cubertos por entrelazos ou follas estilizadas. O arco faixón que reforza a bóveda de canón do presbiterio presenta uns capiteis semellantes. No semicírculo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir cristián de orixe africana. Encarcerado polo procónsul Galerio, despois de saír milagrosamente ileso de diversas probas, foi decapitado durante as persecucións de Diocleciano no Castrum Octavianum, (identificado con Sant Cugat del Vallés); posteriormente, foi enterrado polas lendarias Juliana e Semproniana de Iluro. A lenda conta que Xelmírez (s XII) trouxo a Compostela os ósos deste santo dende Braga. Na iconografía viste unha longa túnica romana cunha lacerna e leva, como atributos, unha xostra ou látego, unha espada ou unha macheta (símbolos do seu martirio). A súa festa celébrase o 25 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Nacional de las Montañas de Covadonga.
-
-
Aplícase ás coordenadas que se determinan mediante perpendiculares aos eixes nun sistema de coordenadas oblicuas.
-
Aplícase aos tensores de orde superior a 1 que constan de compoñentes que se transforman, nun cambio de coordenadas, segundo a matriz do cambio de base.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Correspondencia que lle asigna a cada par de variables aleatorias X, Y, a esperanza matemática do produto das correspondentes variables centradas X-mx e Y-my.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Viveiro. Construída no ano 1829, posúe planta de cruz latina. Destaca o retablo de estilo barroco do altar maior.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en San Cristovo de Cea. De estilo barroco, construírona os mestres de obras Pedro de Rivas de Rebordelo (1768-1770) e Pedro Vidal (1773-1787). Consta dunha nave rematada en pináculos cara ao exterior. No seu interior destaca o retablo de estilo rococó, cun Cristo e cun relevo da coroación da Virxe. Na fachada principal cómpre salientar as imaxes da Asunción e do Apóstolo Santiago peregrino.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Baralla. De estilo románico, consta dunha nave de planta rectangular con cuberta de madeira a dúas augas. A ábsida é semicircular, cunha cuberta abovedada; divídese en tres tramos por medio de semicolumnas con plintos decorados con cabezas antropomorfas. No seu exterior destaca o conxunto de canzorros con motivos xeométricos, zoomorfos e antropomorfos.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada nos Blancos. De estilo barroco, construíuse en 1712. No seu interior destacan as imaxes de Santiago Apóstolo e da Virxe do Carme.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada nos Blancos. De orixe románica, engadíuselle unha cabeceira de planta cadrada no s XVI e, posteriormente, ampliouse cara ao oeste. No interior destacan as pinturas renacentistas do retablo maior elaboradas polo mestre do Sisto (1552), que representan escenas da vida da Virxe e as efixies do Emperador Carlos V e de Isabel de Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza ou convenio asinado por diversos estamentos para a defensa do culto reformado na Igrexa presbiteriana escocesa. Os primeiros datan de 1557 e de 1581; sen embargo, o máis célebre foi o National Covenant de 1638, polo que os presbiterianos escoceses lograron impedir as medidas de Carlos I, favorables á imposición do anglicanismo en Escocia. Ese feito desencadeou unha profunda crise en Inglaterra en 1641 e provocou a primeira revolución inglesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cobián.
-
PERSOEIRO
Botánico e ecólogo norteamericano. Profesor de botánica na Universidade de Chicago (1925), foi un dos iniciadores da xeobotánica americana. Introduciu o concepto de sucesión, desenvolvido posteriormente por Clemens, no seu estudo Vegetation of Sand Dunes of Lake Michigan (A vexetación das dunas de area do lago Michigan, 1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das dúas glándulas de aproximadamente 1 cm de diámetro situadas baixo da próstata. Segregan un produto alcalino, viscoso e mucoso, que constitúe entre o 2-5% do seme e que lubrifica a uretra e contrarresta o seu pH ácido. Tamén se coñecen como glándulas bulbouretrais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Decretos concedidos por Fernando I durante o concilio celebrado na poboación de Coyanza (actual Valencia de Don Juan) no 1055, no que se trataron asuntos civís e eclesiásticos, como a reforma gregoriana inscrita dentro dunha reforma xeral da Igrexa.
-
PERSOEIRO
Escultor francés. Superou o clasicismo estático de François Girardon, ao introducir o movemento nas súas obras. No palacio de Versailles realizou un gran número de estatuas para o xardín e traballou na súa decoración interior: relevo de Luís XIV no Salon de la Guerre. Cultivou o xénero mitolóxico (Diana), o retrato (Luís XIV) e realizou monumentos funerarios entre os que destacan o de Mazzarino e o de Colbert. Foi retratista oficial da familia real e director da Académie Royale.
VER O DETALLE DO TERMO