"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Calquera sal do ácido peroxodisulfúrico. Os peroxodisulfatos potásico (K 2 S 2 O 8 ) e amónico ((NH 4 )2S 2 O 8 ) empréganse como aditivos madurativos de fariñas, pois melloran as propiedades para a panificación. Pero o seu uso está prohibido porque provocan unha enfermidade profesional denominada eccema dos panadeiros.
-
Anión de fórmula S 2 O 8 2- . OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Logo de dedicarse ao mundo do teatro como actor e director, traballou en diversos medios de comunicación galegos, onde foi un dos pioneiros á hora de introducir a lingua galega na información. Subdirector de Faro de Vigo, articulista e crítico teatral, dirixiu a Área de Cultura da TVG e presentou diversos programas nocturnos da Radio Autonómica Galega. Deseñador e director de Compostela 93, do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e de Compostela Cidade Europea da Cultura 2000, foi director literario de Ir Indo Edicións e director da Enciclopedia Galega Universal ata o tomo IX (1998-2002). Colaborador de Radiovoz e La Voz de Galicia, é un autor especialmente imaxinativo á hora de construír relatos para os máis pequenos, a súa obra está dotada dun estilo áxil, dinámico e moi creativo. Escribiu a biografía Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas (1981) e o ensaio político Quen é quen no primeiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral. Foi pretor en Sicilia (82 a C) e participou na primeira reacción antiaristocrática de Marco Emilio Lépido. Refuxiouse en Hispania, seguiu a Sertorio e combateu sen éxito en València e Sagunt (75 a C). Pompeio apresouno nunha emboscada e foi asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xibón forte, acolchado e pespuntado con que os guerreiros se protexían das armas de fío.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e político francés, fillo de Nicolas Perrenot de Granvelle. Bispo de Arrás (1540), contribuíu á negociación da Paz de Augsburgo entre o Emperador Carlos V e os príncipes protestantes (1555). Estivo ao servizo de Filipe II e interveu nas conferencias de Marcoing e de Cercamps (1558), que prepararon o Tratado de Cateau-Cambrésis. Foi nomeado arcebispo de Malinas en 1560.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo estadounidense. Profesor en Harvard (1913-1946), considerouse un dos fundadores do neorrealismo en EE UU. Escribiu Present Philosophical Tendencies (1912) e Realms of Value. A Critique of Human Civilization (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á persecución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
persecucion.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á perspiración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
peroxodisulfato.
-
PERSOEIRO
Pintor. Foi pintor oficial de Federico I de Prusia e do seu fillo Federico II de Prusia o Grande. Decorou as residencias reais de Charlottenburg, Postdam e Sans-Souci, e cultivou o retrato (Federico II e o seu irmán Guillerme, 1714).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Punto de costura ou bordado en que a agulla entra na tea un pouco antes do buraco onde saíu, formando, polo dereito, unha liña de puntos sucesivos e uniformes.
-
PERSOEIRO
Poeta portugués. Establecido coa súa familia en República Sudafricana, volveu a Lisboa en 1905, onde traballou como tradutor de inglés para diversas empresas e para algunha editora inglesa interesada en recompilar obras de autores portugueses. Comezou a escribir en portugués en 1908, e os seus primeiros traballos foron os ensaios de crítica aparecidos na revista A Águia (1912), e posteriormente colaborou noutras publicacións como Orpheu e Presença. Considerado como un dos introdutores en Portugal dos movementos de vangarda, en 1914 entrou en contacto con outros vangardistas portugueses, como Mário de Sá-Carneiro e Almada-Negreiros, e xurdiron os seus principais heterónimos, Álvaro de Campos, Alberto Caeiro e Ricardo Reis, personaxes que, á marxe do autor, posúen biografía e estilo propio. Alberto Caeiro “mestre” de R. Reis e de Á. de Campos, é un poeta instintivo, sensual e antimetafísico; Ricardo Reis...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Salsa elaborada a base de follas de alfábega frescas, allo, queixos romano e parmesano, aceite de oliva, sal, pementa e piñóns, coa que se acompañan diversos pratos de pasta na cociña italiana.
-
GALICIA
Escritor. A súa obra, editada maioritariamente en castelán, destaca polo tratamento que realiza dos temas galegos. Colaborador de diversas publicacións periódicas coas súas narracións, é autor de Portoceo (1983), Las gemelas de Fornelos (1984), La taberna de Bergantiños (1986), Una dama de altos vuelos (1987), Contos e lembranzas (1987), en que aparecen diversos personaxes galegos, tratados con realismo e humor; Amalia la del 288 (1989), Un berro no silencio da noite (1993) e La historia de Alí (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Corzáns (Salvaterra de Miño). Construída en cantaría, ten planta en forma de L e leva anexada unha torre de planta cadrada. Provista de vans rectangulares, destaca o portal da entrada e o muro, con remate en pináculos e un escudo.
-
GALICIA
Teólogo e relixioso franciscano. Doutor en Teoloxía e diplomado en pedagoxía, foi profesor no Instituto Teolóxico Compostelano. Fundador e director do Centro Cultural de Xoán XXIII, en Santiago de Compostela, en 1983 nomeárono arcebispo de Tánxer. Colaborou en Encrucillada e Liceo Franciscano e en diversas obras colectivas da que destaca La Iglesia en Galicia (1974) e La misión franciscana de Marruecos: ayer y hoy (1996), e escribiu El pecado y hombre actual (1972) e La iglesia en Galicia: el ayer-el hoy (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ornitólogo. Introdutor do sistema de identificación das aves a partir da observación no voo, o seu libro Field guide to the Birds of Eastern North America (1934) está considerado unha obra clave da ornitoloxía. Foi galardoado coa Presidential Medal of Freedom (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a unha petición.
-
-
Aplícase á demanda feita nun xuízo para que se recoñeza un dereito real sobre un inmoble.
-
xuízo petitorio
Xuízo en que se pide a propiedade dunha cousa ou pertenza dun dereito, pero non a súa posesión.
-
-
-
-
Recipiente de barro ou doutro material, cun buraco pequeno e estreito por onde se introducen as moedas que se queren aforrar.
-
Pequena bolsa de tea ou doutro material que vai cosida na roupa para levar cartos ou outras cousas.
-
Peza de roupa ou parte dunha peza de roupa que se coloca sobre o peito e que se suxeita con tirantes.
-
Peza dunha armadura que protexe o peito.
-
Construción de pequeno tamaño que representa as ánimas do purgatorio e que conta cun peto para recibir esmolas. Situados nas beiras dos camiños e nas encrucilladas, son unha mostra do culto popular aos mortos. A maioría deles están feitos de pedra, aínda que tamén se realizaron en madeira. A súa finalidade é a de recoller a esmola (pecuniarias ou produtos agrícolas) que se ofrece polas ánimas do purgatorio que non acadaron o descanso e que, unha vez liberadas, intercederán polo oferente. Estas representacións comezaron a estenderse no s XVII, pero o seu máximo esplendor alcanzárono no s XVIII; atópanse espalladas por todo o territorio galego e portugués, pero a súa influencia foi máxima no S de Galicia e N de Portugal. A tipoloxía é variada: hai petos de man, que se gardan no interior das igrexas, decorados coa representación das almas no Purgatorio e xeralmente de madeira policromada; e petos fixos, pétreos, que poden ser exentos, formar parte de cruceiros, ou estar anexados a muros particulares...
-