"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Ave da familia dos pícidos, da orde dos piciformes, que ten as temoneiras co extremo aguzado e a raque ríxida. Aliméntase de insectos e larvas que extraen das fendas da cortiza das árbores, cuxos troncos escala apoiándose no extremo do rabo.

    2. Paxaro duns 16 cm de longo, con sexos iguais, que ten o rabo longo e redondeado, o bico curto, recto e agudo, as patas moi curtas con dous dedos diante e dous detrás, e a plumaxe gris con raias negras, amarelas e terrosas. Cando está en perigo reacciona torcendo o pescozo e levando o bico á cola. Atópase nos bosques de folla caduca, aniña nos ocos das árbores e aliméntase de formigas. É un paxaro migratorio que no verán habita no centro e S de Europa e no inverno emigra a África. En Galicia a súa presenza é estival, especialmente nas zonas do interior.

    3. Ave de aproximadamente 21 cm e sen dimorfismo sexual, que ten a plumaxe negra e branca, pero co curuto vermello. Vive nas zonas altas dos bosques caducifolios e aliméntase de insectos, sementes, etc. Distribúese por Europa Central e Oriente Próximo, e a súa presenza en Galicia é rara.

    4. Ave de 47 cm de lonxitude, de sexos iguais, que presenta plumaxe de cor negra, ollos amarelos e unha mancha vermella no curuto, que nos machos é máis longa ca nas femias. Habita faiais e bosques montañosos de coníferas dunha gran parte de Eurasia. En Galicia só aparece como visitante.

    5. Ave de 14 cm de lonxitude, que presenta dimorfismo sexual. Ten a plumaxe negra e branca, pero mentres que o macho presenta unha mancha vermella no curuto, a femia tena de cor branca. Vive en bosques caducifolios, preto dos ríos, e distribúese por case toda Europa, aínda que en Galicia a súa presenza é moi pouco común.

    6. Ave de 23 cm de lonxitude, que ten a plumaxe nas partes superiores negra manchada de branco e as inferiores abrancazadas, e as cobertoiras inferiores caudais vermellas. O macho ten unha mancha vermella na caluga, da que carece a femia. Habita nos bosques dunha gran parte de Eurasia e no NL de África, alimentándose de insectos, larvas, arácnidos, piñóns, etc. En Galicia está estendido por todo o territorio.

    7. Ave de 31 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, coa plumaxe verde, as partes inferiores máis claras e a rabadilla amarelada; as fazulas son cincentas e o curuto vermello. Habita en bosques e cultivos de Europa, Asia Menor e Irán, ata India, a partir dos 63°N. En Galicia é moi común en todo o territorio, agás en alta montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sarandós (Abegondo). Construíuse con muros de cantaría e ten planta en forma U, formada por dúas torres unidas a un corpo central. Presenta varias alturas e destaca o escudo da fachada principal. Foi declarada BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación sindical publicada a partir de xuño de 1977. Subtitulada “Voceiro da Unión de Traballadores de Banca en Galicia”, tivo un carácter informativo e teórico. Funcionou como órgano de expresión dese sindicato da banca, a UTBG, integrada na Intersindical Nacional Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta húngaro. Máximo representante do romanticismo en Hungría e líder espiritual da revolución húngara de 1848, foi o símbolo no seu país do desexo de liberdade. Coñecedor da literatura moderna, traduciu aos clásicos como Shakespeare. Practicou a poesía optimista e cívica, accesible a todo o mundo, caracterizada por unha linguaxe nova, influída polo coñecemento e polo gusto da lírica popular. Das súas obras destacan Cipruslombok Etelka Sírjáról (Follas de ciprés diante da tumba de Etelka), Bordalok (Canto do viño), Janós Vitez (O heroe Janos, 1845), Talpra Magyar (En pé, maxiares!, 1848), Egy gondolat bánt engemet (Un pensamento no tormento) e O Apóstolo (1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilarraso (Aranga). O seu cumio acada os 559 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira dereita da ría de Arousa, situada entre a do Curro e a praia de Piñeiro, na parroquia de Castro (Boiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro). O seu cumio acada os 1.119 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Monte pouco elevado e de forma cónica.

    2. Parte máis elevada e aguda dunha montaña.

    3. Rocha que sobresae no alto dun monte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e pintor ruso. Naturalizado francés, instalouse en París (1911-1914) onde fixo o seu primeiro cadro abstracto. Volveu co seu irmán Naum Gabo a Moscova e asinou o Manifesto Realista (1920), de tendencia construtivista. En 1946 recibiu un premio polo seu Monumento ao preso político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do nome latino Pegertus, de orixe descoñecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Os seus restos foron traídos a Galicia en 1830 por Xosé A. Ribadeneira, alto dignatario eclesiástico nacido en Buciños, desde o cemiterio das catacumbas de san Calisto xunto co vaso do seu sangue e unha lápida marmórea que levaba inscritos o nome do novo santo e o seu crismón. É protector dos mozos que se incorporan a quintas e dos soldados. Represéntase como a un mozo novo xacente. A súa festividade celébrase o 9 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor. Exiliouse a México en 1941, onde obtivo o título de arquitecto e foi profesor de deseño na Universidad de México. Proxectou o Palacio de Deportes dos xogos olímpicos de 1968 e o Centro de Exposicións da UNAM. A partir de 1978 dedicouse á pintura, cun estilo de formas indefinidas xeradas por unha aplicación coidadosa e suave da cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Santiso. De estilo románico (s XII), ten unha soa nave de forma rectangular dividida por un arco de medio punto. No seu interior destaca a ábsida, construída en data posterior á nave. A porta principal está formada por un par de columnas acobadeladas sobre as que se apoia unha dobre arquivolta. No tímpano destaca unha cruz en forma de aspa inscrita nun cadrado. A fachada remata nunha espadana de dous vans. Na fachada meridional a cruz do tímpano está rodeada por unha moldura de pequenos arcos en forma de coroa. Consérvanse os canzorros románicos que sosteñen o beiril do tellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten pezoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos marsupiais, da familia dos fascolártidos, ao que pertence o coala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos, da orde dos dípteros, que teñen as ás alongadas e o corpo formando ángulo coa cabeza. Portan a Rickettsia, que provoca a bartonelose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fotográfica creada en Nova York en 1936 a partir dun colectivo de traballadores de cine e fotógrafos, o Worker’s Film and Photo League (1928). Inspirado pola escena política radical que se vivía en Alemaña a finais da década de 1920, Sid Grossman impulsou a formación deste colectivo. O seu propósito inicial foi prover de imaxes das folgas e manifestacións políticas a xornais de esquerdas, ademais de publicalas no seu boletín Photo-Notes, pero logo tamén se retratou a forma de vida da clase obreira. Desapareceu en 1951.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo fotográfico creado en 1902 en Nova York. Promovido por Alfred Stieglitz e George L. Beam, propuña desenvolver a fotografía ata lograr un uso pitórico, reunir a todos os americanos preocupados pola arte e promover mediante exposicións a artistas que non pertencesen ao propio grupo, incluso de fóra de EE UU. Máis tarde romperon co pictorialismo e apostaron pola fotografía moderna, a imaxe pura sen manipulacións e unha temática baseada nas máquinas e na vida urbana. Neste grupo participaron fotógrafos como Edward Steichen ou Gertrude Käsebier, que publicaron os seus traballos no órgano de expresión do grupo, Camera Work. Desapareceu en 1917.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das fitolacáceas, ao que pertence o ombú.

    VER O DETALLE DO TERMO