"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Poeta e dramaturgo. Membro do grupo Dolmen, desenvolveu o seu labor teatral na Agrupación Cultural Auriense. É autor de diversas pezas de teatro en que manifesta a súa ideoloxía nacionalista, como O caixón (1977), A grande candonga (1978), Silvania (1978), Os cigarróns (1979), María Soliña (1994), Prisciliano en Tréveris (1995), Ciclo de Venus (2001) e Ciclo de Mercurio (2002). Relacionado coa súa actividade como compositor musical editou Polifonía. Libro I (1992) e Escola coral de poesía e de música (1997). Autor do libro O Barco e a terra de Valdeorras (1992), no ámbito poético tirou do prelo Sonetos da lúa chea (1980, Premio Cidade de Monforte 1978) e Poema dos lustros (1984, Premio Cidade de Ourense 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Ramirás, situado na parroquia de Freás de Eiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Guamil (Baños de Molgas). O seu cumio acada os 696 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Piñeiró e Xuvencos (O Saviñao). O seu cumio acada os 605 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia San Xoán de Río, no concello homónimo. O seu cumio acada os 1.007 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Xunqueira de Ambía, no concello homónimo. O seu cumio acada os 518 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal ou éster de ácido pícrico. Son intensamente colorados e facilmente cristalizables, polo que se empregan na caracterización destes compostos.

    2. Cada un dos complexos de transferencia de carga que forma o ácido pícrico con moitos hidrocarburos aromáticos, aminas e fenois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio que se obtén dos froitos da coca do levante (Anamirta cocculus). É un tóxico de acción moi semellante á estricnina e pouco empregada como parasiticida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo picto.

    2. Individuo do pobo picto.

    3. Pobo establecido en Escocia cara ao ano 500 a C. Posiblemente de orixe precéltica, resistiron a dominación dos romanos. No s III recibiron influencias romanas e cristiás, pero a cristianización culminou con san Columbán (663). As invasións escandinavas obrigáronos a unirse cos escotos, baixo a autoridade de Kenneth I de Escocia (844-846).

    4. Lingua que se falaba no norte de Escocia e que foi substituída polo gaélico de Escocia no s IX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritura feita mediante pictogramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pictografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debuxo ou xeroglífico que representa ou expresa unha idea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico de repercusión internacional que xurdiu a finais do s XIX como unha corrente reivindicadora da importancia da fotografía e a súa equiparación co resto das formas de arte, en especial coa pintura. Caracterizouse polo uso da fotografía como recurso expresivo e experimentou con novas materias, técnicas de representación e de manipulación da fotografía, desde o desenfoque ao distanciamento. Desde 1902 Nova York converteuse no centro do pictorialismo internacional, especialmente tras a creación do grupo Photo-Secession. Aínda que se estableceu a década de 1920 como a da fin deste movemento, o interese polo mesmo rexurdiu ao redor de 1970 e continuou a ter influencia na obra de fotógrafos posteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía da pelve renal e da vexiga urinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento dunha fístula cirúrxica na pelve renal para a eliminación da urina cara ao exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión practicada na pelve renal, xeralmente para eliminar un cálculo ou para evacuar un edema líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Piero della Francesca, estudou con Masaccio e colaborou con Domenico Veneziano. Nas súas primeiras obras conservadas, Battesimo di Cristo (1440?-1445) e Polittico della Misericordia (1445-1462), evidénciase o protagonismo da figura humana en paridade coa natureza, segundo a liña marcada por Masaccio. Cara a 1450 pintou, en Urbino, La flagellazione di Cristo e os frescos de Sigimondo Malatesta e San Sigimondo, no templo dos Malatesta. Durante a súa estadía en Ferrara, entrou en contacto con R. van der Weyden e influíu na escola local. Entre 1452 e 1465 pintou os frescos da Leggenda della vera Croce para a capela do coro da igrexa de San Francesco en Arezzo, dos que destaca especialmente o Sogno di Constantino. Viaxou a Roma (1459-1460), onde influíu en artistas como Melozzo da Forlì. Despois de 1460 estivo en Sansepolcro (Resurrezione di Cristo, 1465) e na Corte de Urbino, onde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante italiano. Participou na viaxe arredor do mundo comandada por Fernão de Magalhães (1519-1522). De novo en Italia, escribiu Relación da primeira viaxe ao redor do mundo (1525?), ao xeito dun diario.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Macromolécula orgánica coloreada que confire a cor á célula, tecido ou estrutura que a contén.

      2. pigmento biliar

        Calquera dos pigmentos existentes na bile ou nos seus derivados, como a bilirrubina ou a biliverdina.

    1. Substancia colorante de orixe natural (orgánica ou inorgánica) ou sintética, insoluble e finamente moída, que colorea por superposición e que, unida a un soporte, ao que confire a súa cor ou grazas ao que se volve opaca, dá lugar a pinturas e outros produtos. As propiedades que ten que ter un bo pigmento son: elevado poder colorante, estado moi grande de división, boa estabilidade da cor, opacidade suficiente e inercia química respecto ao produto que ha de colorear. Os pigmentos utilízanse tamén moito en imprimacións anticorrosivas, en coloración de plásticos e en decoración para cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO