pigmento

pigmento

(< lat pigmentu)

  1. [BIOL]
    1. s m

      Macromolécula orgánica coloreada que confire a cor á célula, tecido ou estrutura que a contén.

    2. pigmento biliar

      Calquera dos pigmentos existentes na bile ou nos seus derivados, como a bilirrubina ou a biliverdina.

  2. s m [QUÍM/IND]

    Substancia colorante de orixe natural (orgánica ou inorgánica) ou sintética, insoluble e finamente moída, que colorea por superposición e que, unida a un soporte, ao que confire a súa cor ou grazas ao que se volve opaca, dá lugar a pinturas e outros produtos. As propiedades que ten que ter un bo pigmento son: elevado poder colorante, estado moi grande de división, boa estabilidade da cor, opacidade suficiente e inercia química respecto ao produto que ha de colorear. Os pigmentos utilízanse tamén moito en imprimacións anticorrosivas, en coloración de plásticos e en decoración para cerámica.