pigmeo -a

pigmeo -a

(

  1. adx e s [HIST/MIT]

    Relativo ou pertencente a un pobo fabuloso, e aos seus individuos que, segundo a antiga poesía grega, non medían máis dun cóbado e eran moi belicosos.

    1. adx

      Relativo ou pertencente á raza pigmea.

    2. s [ANTROP/FISIO]

      Individuo da raza pigmea.

    3. raza pigmea [ANTROP/FISIO]

      Raza do grupo melanodermo. Son mesocéfalos, de estatura moi baixa, pel marrón, cara pouco prognata e beizos grosos, e ocupan varias pequenas áreas de África ecuatorial.

  2. adx e s

    Que ou quen ten pouca estatura.

Palabras veciñas

pigmentar | pigmentario -ria | pigmento | pigmeo -a | pigmoide | Pignatari, Décio | Pignatelli