Pignatelli

Pignatelli

Antiga liñaxe feudal napolitana documentada a partir de 1102, que pretendía entroncar cos duques longobardos de Benevento e Capua. Chegou a reunir vinte e un principados, nove grandezas de España, dezanove ducados e moitos outros títulos en Italia, Países Baixos e Castela. Na liñaxe houbo un papa (Inocencio XIII), cinco cardeais, arcebispos, un santo (san Xosé de Pignatelli) e numerosos altos cargos civís e eclesiásticos.