"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e Noruega (1534-1559). Sudeceu o seu pai Federico I e tivo que vencer os partidarios do seu curmán Cristián II en 1536. Introduciu o protestantismo en Dinamarca. Anulou o carácter electoral da monarquía e estableceu o dereito de herdanza. Sucedeuno o seu fillo Federico II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e Noruega (1588-1648). Fillo e sucesor de Federico II, foi coroado en 1595. Creou a cidade de Cristianía (1624). En 1625 participou na Guerra dos Trinta Anos como xefe dos príncipes protestantes e foi vencido en Lutter (1626). Trala invasión de Xutlandia, asinou a Paz de Lübeck (1629). Derrotado no seu enfrontamento con Suecia, perdeu parte de Noruega e doutros territorios pola Paz de Brömsebro (1645).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1863-1906). Sucesor de Federico VII, foi aceptado polas potencias europeas reunidas en Londres. Intentou recobrar os condados de Schleswig e Holstein, pero tivo que ceder ante Austria e Prusia. Emparentou con diversas casas reinantes en Europa grazas á política matrimonial dos seus fillos: Alexandra casou co futuro Enrique VII de Inglaterra, Dagmar co futuro Zar Alexandre III e o seu fillo Xurxo foi elixido rei de Grecia en 1860.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e Noruega (1670-1699), fillo de Federico III. Deixou os asuntos de goberno nas mans de estranxeiros, entre os que destacou Pedro Griffenfeld. Atacou Suecia (1675-1679) ata que, vencido, tivo que asinar a Paz de Fontainebleau.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e Noruega (1730-1746), fillo de Federico IV. Durante o seu reinado fomentou o desenvolvemento comercial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e Noruega (1766-1808). Sucesor do seu pai Federico V, abandonou o goberno nas mans de diversos conselleiros por mor das súas enfermidades e desequilibrios mentais. En 1784 sucedeuno na rexencia o seu fillo Federico VI.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1839-1848) e Noruega (1813). Sucesor de Federico VI, o seu reinado caracterizouse polo reformismo. Declarou unidos os ducados de Schleswig e Holstein de xeito indisoluble a Dinamarca. Foi rei de Noruega ata que a Asemblea lexislativa nomeou rei a Carlos XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1912-1947) e Islandia (1918-1944). Sucesor do seu pai, Federico VIII, mantivo neutral a Dinamarca durante a Primeira Guerra Mundial. En 1915 asinou unha nova Constitución na que se ampliaba o sufraxio ás mulleres. En 1918, Islandia conseguiu a autonomía, pero mantívose unida na persoa do rei ata 1944. No ano 1940 resistiu a invasión alemá e considerouse prisioneiro ata que se restableceu o réxime democrático en 1945.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de pobos cristiáns.
-
Doutrina que lexitima a orde político-social medieval, caracterizada pola coincidencia do poder civil (Imperio) coa autoridade eclesiástica (Igrexa). Isto implica que a cristiandade engloba todo o pobo: a persoa individual chega a ser membro da Igrexa por ser membro dunha comunidade que profesa a fe e que quere ser cristiá. Así, a fe persoal deixa de ser un elemento importante para pertencer á Igrexa. Pola súa banda, a orde profana necesita a coroación transcendente que lle proporciona a relixión; de aí vén a xustificación das guerras relixiosas e das cruzadas, e a imposición das formas de vida cristiás como as únicas oficialmente recoñecidas no reino deste mundo: bautismo, matrimonio e orde son os únicos medios de demostrar, aínda no eido civil, unha personalidade ou un estado de vida. Segundo esta lóxica, quen deixa de ser membro da Igrexa debe desaparecer como membro da sociedade civil. O tipo oriental de cristiandade representou dende Constantino un cesaropapismo que ve no emperador...
-
-
PERSOEIRO
Político. Estudiou administración de empresas na Universidade de Georgetown (EE UU). En 1985 ingresou en Alianza Republicana Nacionalista (ARENA) e, ao ano seguinte, foi nomeado presidente do seu consello. Presidente de El Salvador (1989-1994), promoveu a reconciliación nacional entre o goberno e a guerrilla Frente Farabundo Martí para La Liberación (FMLN), formalizada en 1992 e que puxo fin a doce anos de guerra civil. Acusado pola Compañía de Xesús de participar no asasinato dos xesuítas da Universidad Centroamericana (UCA) en 1989, no ano 2000 foi sobreseída a denuncia ao declarar o xuíz que os delitos prescribiran. Tras abandonar a presidencia de El Salvador, foi elixido deputado do Parlamento centroamericano e presidiu ARENA entre 1997 e 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado por Cristián IV de Dinamarca á cidade de Oslo despois da reconstrución realizada tralo incendio de 1624. Erixiuse ao O da súa primitiva localización. En 1924, o Parlamento de Noruega acordou restablecer o nome de Oslo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao titulo inherente ao rei de Francia outorgado polo papa no s XV.
-
-
Fe e doutrina que se inspira na revelación que Deus realizou en Cristo.
-
Conxunto de igrexas que se consideran a si mesmas como seguidoras de Xesús de Nazaret, ao que invocan como fundamento da súa confesión de fe.
Orixe do cristianismo
O cristianismo xurdiu historicamente no marco do xudaísmo, ao proclamar un reducido grupo de crentes a resurrección de Xesús de Nazaret (profeta acusado polas autoridades relixiosas hebreas e crucificado polos gobernadores romanos no s I) e identificalo co Mesías anunciado nas escrituras bíblicas. A súa ambivalente relación coa tradición do xudaísmo ata ese momento, é un dos trazos característicos e, simultaneamente, máis difíciles de definir do cristianismo. Coincidentes ambos nun estricto monoteísmo, diferéncianse radicalmente a partir das súas respectivas interpretacións do feito de Xesús e da súa comprensión de Deus. Así se manifestou no longo proceso de reflexión cristiá que levou á formulación do misterio trinitario, segundo o que Deus é un e trino, integrado por tres persoas que son o Pai,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cristianizar.
-
-
Difundir a relixión cristiá.
-
Facer que algunha cousa estea conforme cos preceptos cristiáns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento integrado por cristiáns (principalmente católicos), que cren compatible a súa fe coa teoría e a práctica marxistas, sen que iso signifique ningunha vinculación a un partido político determinado. Nacido en Chile, onde o movemento celebrou un congreso nacional en 1972, estendeuse logo a Arxentina, Perú, México e outros países de América Central. O movemento contribuíu á elaboración da teoloxía da liberación e finalmente, chegou a Europa.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico norteamericano. Coñecido como Lou Costello, traballou no teatro, na radio e no cine formando parella co actor Bud Abbott (Abbott & Costello). Ao longo dos anos corenta participou en diversos shows de radio na ABC e na NBC. Protagonizou diversas longametraxes, entre elas: Noite no trópico (1940), O pequeno fenómeno (1946), As minas do rei Salmonete (1949), Abbott and Costello in the Foreing Legion (Abbott e Costello na lexión estranxeira (1950), Abbott and Costello Go to Mars (Abbott e Costello viaxan a Marte, 1953) e Dance with me, Henry (Baila comigo, Henry, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado no Barco de Valdeorras. Trátase dunha construción barroca que conta cun albergue de peregrinos. No interior destaca o retablo maior da Ascensión, obra de Xosé Ferreiro.
-
PERSOEIRO
Escultor. Comezou a súa formación como carpinteiro, ebanista e tallista para despois estudar na Escola de Belles Arts de Barcelona. Participou en 1936 na Exposición Loxicofobista de Barcelona. A súa estética é surrealista e, aínda que cultivou a arte figurativa, realizou obras metálicas onde empregou materiais de refugo como ferros ou variñas dos paraugas. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou San Cristovo de Cristosende Igrexa situada na Teixeira. De estilo barroco, construíuse en 1726. No exterior destaca a portada principal formada por un arco de medio punto e os retablos coas imaxes pintadas da Inmaculada Concepción e san Xosé.