Cristiani, Alfredo

Cristiani, Alfredo

Político. Estudiou administración de empresas na Universidade de Georgetown (EE UU). En 1985 ingresou en Alianza Republicana Nacionalista (ARENA) e, ao ano seguinte, foi nomeado presidente do seu consello. Presidente de El Salvador (1989-1994), promoveu a reconciliación nacional entre o goberno e a guerrilla Frente Farabundo Martí para La Liberación (FMLN), formalizada en 1992 e que puxo fin a doce anos de guerra civil. Acusado pola Compañía de Xesús de participar no asasinato dos xesuítas da Universidad Centroamericana (UCA) en 1989, no ano 2000 foi sobreseída a denuncia ao declarar o xuíz que os delitos prescribiran. Tras abandonar a presidencia de El Salvador, foi elixido deputado do Parlamento centroamericano e presidiu ARENA entre 1997 e 2000.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : San Salvador