"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Xaviña, no concello de Camariñas, situada entre as enseadas do Colludo, ao O, e de Cabanas, ao L.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten ou usa capucha.
-
Designación aplicada ao demo nas persoas posuídas.
-
-
PERSOEIRO
Bispo de Lugo (1714-1717). Ingresou no convento carmelita de Valdemoro. Foi profesor de filosofía e teoloxía, prior de Onda e de València, provincial dos conventos de València, Aragón e Navarra, asistente xeral das provincias hispánicas e procurador e vicario xeral da orde. Elixírono representante do Reino de València para pedir a Carlos II a restitución do cargo de vicechanceler. Despois de ser bispo de Lugo, nomeárono bispo de Teruel, pero morreu antes de chegar á nova sé.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora francesa. Especializouse nos retratos, nas miniaturas e na pintura ao pastel. O seu estilo inclúese no neoclasicismo. Entre as súas obras salientan o retrato de Andrè Chénier e da princesa Adelaida, amais do busto de Voltaire e un autorretrato.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política e sindicalista portorriqueña. Primeira feminista teórica do seu país, foi xulgada pola súa oposición ao abuso sobre a muller e por apoiar a liberdade no vestiario das mulleres. É autora de Mi opinión sobre los derechos, responsabilidades y deberes de la mujer (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á dinastía dos Capetos.
-
Individuo pertencente á liñaxe dos Capetos.
-
Descendencia agnada do rei de Francia Hugo I, chamado Capeto polo capuchón que levaba cando era abade laico. A orixe da dinastía atópase no saxón Vitinka, pai de Roberto o Forte, fundador do ducado de Francia. Os seus fillos Eudes (888-898) e Roberto I (922-923) foron reis de Francia. Hugo o Grande (?-956) non foi rei aínda que gobernou como tal. O seu fillo Hugo I sucedeu o derradeiro rei carolinxio Luís V como monarca francés. Os capetos directos reinaron en Francia dende Hugo I ata Carlos VI (987-1328). Desta póla naceron outras tres que tamén foron reinantes: os capetos Valois durante os reinados comprendidos entre Filipe VI e Enrique III (1328-1589); os capetos Borbóns entre Enrique VI e Carlos X (1589-1793 e 1814-1830); e os capetos Orleans no reinado de Luís Filipe entre 1830 e 1848. Destas pólas xurdiron dinastías reinantes noutros estados como Navarra, España, Portugal, Brasil e as Dúas Sicilias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cobra capfinida.
-
PERSOEIRO
Escritor e teólogo inglés. Despois de estudar en Cambridge, ordenouse en 1418 e foi elixido provincial dos agostiños de Inglaterra. É autor de comentarios latinos á Biblia e de diversos sermóns e discursos, entre os que destaca a obra inacabada Chronicle of England (Crónica de Inglaterra, 1858) e De Illustribus Henricis (Sobre os Enriques ilustres), que comprende a biografía de 24 emperadores alemáns e de varios reis de Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de capar.
-
-
de capialzar.
-
Aplícase ao arco ou lintel máis levantado por unha das súas frontes para formar o derramo volteado sobre unha porta ou ventá.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Levantar un arco ou un lintel por unha das caras para formar o declive nunha porta ou ventá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma especial do intradorso dun arco ou dunha bóveda, máis alto no interior ca no exterior, que ten o fin de permitir nunha parede grosa a apertura dos batentes das portas e das fiestras e pregalos no groso da parede.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero do xénero Hydrochaeris da familia dos hidrocéridos, de ata 1,3 m de lonxitude. É o roedor meirande dos coñecidos, un exemplar adulto pesa máis de 50 quilos. Presenta un corpo robusto, co rabo moi curto, a pelaxe densa, áspera e curta, de cor gris ou marrón, e as patas longas. Son gregarios e forman grupos de ata vinte exemplares. Cando nadan só asoman o extremo da cabeza e poden mergullarse totalmente en caso de perigo. Teñen un só parto anual de ata cinco crías. A especie H. hydrochaeris distribúese polos bosques de ribeira, dende o río Panamá cara ao norte, e a especie H. isthmius limítase ao Panamá, onde ademais de alimentarse da vexetación acuática aproveita os cultivos próximos. Son facilmente domesticables e cázanse para aproveitar a súa pel e a súa carne.
-
-
Que ou quen vai mal vestido ou se viste con farrapos.
-
Persoa que recolle, compra ou vende roupa vella ou todo tipo de trapos.
-
-
-
-
Dise do número constituído por varias cifras simétricas e que é igual lido de esquerda a dereita ca de dereita a esquerda.
-
Aplícase a un billete, boleto, papeleta, etc, que contén un número capicúa.
-
-
anacíclico.
-
Modo de gañar, no xogo do dominó, cunha ficha que pode colocarse en calquera dos dous extremos.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cabelos.
-
Aplícase a calquera órgano delgado como o cabelo ou que ten aspecto de cabelo.
-
-
-
aso sanguíneo situado entre o territorio arterial e o venoso. A circulación sanguínea a través dos capilares asegura a nutrición dos tecidos ao permitir o cambio de substancias entre o sangue circulante e os tecidos periféricos. Os capilares distribúense en forma de rede por case todos os tecidos, e a súa configuración e cantidade varía moito segundo a estrutura e as necesidades circulatorias dos órganos ou dos tecidos. Deste xeito, ten unha gran densidade a rede capilar da substancia gris do sistema nervioso central, da musculatura esquelética, do corazón e do tecido adiposo. O diámetro dos capilares oscila entre 0,007 e 0,14 mm, e as súas paredes están constituídas polo endotelio, o epitelio plano dunha soa capa de células, entre as que se atopan os estomas ou poros endoteliais, e pola membrana basal, constituída por un tecido conectivo elástico que envolve o tubo endotelial. Os pericitos son uns elementos celulares ramificados que se xustapoñen á parede capilar. No fígado e no bazo hai...
-
capilar linfático
Cada un dos pequenos vasos linfáticos onde se inicia a circulación linfática e se acumula a linfa procedente dos tecidos. Teñen unha forma irregular e as paredes están constituídas por un endotelio que non está recuberto por pericitos, como o dos capilares sanguíneos.
-
-
-
Relativo ou pertencente á capilaridade.
-
forza capilar
Forza enxendrada nos fenómenos capilares.
-
tubo capilar
Tubo de diámetro comparable ao dun cabelo.
-
-
...
-
-
-
Calidade de capilar.
-
Cada un dos fenómenos que permiten que a superficie libre dun líquido, en contacto cunha parede sólida, deixe a súa posición horizontal na formación de meniscos e en ascensos ou descensos dun líquido nun tubo capilar, causados pola disimetría das forzas intermoleculares existentes na fronteira do líquido (tensión superficial).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello co que se miden as forzas capilares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame dos vasos capilares cutáneos da base das unllas mediante un microscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hifas dos gasteromicetos que aparecen entre a gleba ou masa filamentosa dos corpos frutíferos dalgúns mixomicetos que se encontran mesturados coas esporas e serven para a dispersión destas.