"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
PERSOEIRO
Pedagogo. Doutorouse en Pedagoxía (1998) coa tese Avaliación da calidade do programa Preescolar na Casa. Profesor titular da facultade de Ciencias da Educación, desde 1972 a 1988 organizou e animou varios grupos e asociacións xuvenís como Solpor, Sementeira ou Eira Nova e experiencias de educación infantil e xuvenil no tempo libre. Nesta época tamén impulsou a Escola Alento de Educadores no Tempo Libre, da que foi o primeiro director. Como mestre e pedagogo destaca o seu traballo formando parte do equipo do programa Preescolar na Casa (1977-1988). Contribuíu á creación do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. Foi director da Escola Universitaria de Maxisterio (1991-1994) e vicedecano da facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (1997-2001). É vicepresidente do Consello Municipal de Educación de Santiago de Compostela, vicepresidente do padroado da Fundación Preescolar na Casa-Antonio Gandoy e secretario do padroado da Fundación Meniños....
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Expresión ou dito irónico.
-
Picadura producida polo ferrete dun insecto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: ferretada.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación galega editada por Feministas Independentes Galegas (FIGA) dende 1983 para cumprir diversos obxectivos: dar visibilidade ás mulleres galegas, ao seu traballo e contribución social, ás facetas artísticas e creadoras, silenciadas nos medios de comunicación e na maioría das publicacións culturais do país; facer unha revista de cultura desde a perspectiva das galegas, pensada, dirixida e elaborada exclusivamente por mulleres; e difundir o pensamento feminista aplicado a múltiples aspectos do coñecemento e da cultura, así como á crítica feminista. Promoveu o movemento poético feminino que se consolidou nos anos 90, fomentou a conciencia da importancia das palabras das mulleres e das achegas inéditas e vangardistas coas que enriquecen o panorama literario, e contribuíu á modificación do canon poético no conxunto da literatura galega. Ademais de beneficiar a creación, tamén alentou a crítica, tanto no referente á análise de obras literararias, plásticas ou cinematográficas, canto ao...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión que se facía para fiar o liño ou a la e que constituía unha velada festiva con cantos e bailes.
-
-
Formación en liña.
-
-
Serie horizontal de perpiaños, ladrillos ou lousas dispostos nun muro ou nunha bóveda.
-
fiada a soga
Fiada que presentan os perpiaños amosando as súas caras maiores ou lonxitudinais.
-
fiada a tizón
Fiada que presenta os perpiaños amosando as súas caras menores ou transversais.
-
fiada de beiral
Fiada de tellas máis baixas dunha coberta.
-
fiada de carga
Fiada disposta nun beiril para contrarrestar a tendencia á volta.
-
fiada voada
Fiada que sobresae do muro e que serve para marcar a división de pisos dun edificio.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de fillos ou anovos dunha planta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de filloas que se fan ou se comen dunha sentada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe descendente dos Flórez ou Flores. As súas armas levan, escudo cortado: primeiro, en campo de azul, cinco flores de lis, de ouro, postas en aspa; segundo, en campo de goles, dous lagartos dereitos, da súa cor, postos en faixa, e sobre eles unha lousa, de prata (armas dos Losada).
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Propietario rendista, foi deputado pola sección de Xinzo de Limia (1865-1866), polos distritos de Redondela (1889-1890) e Valdeorras (1893-1895), e senador pola provincia de Ourense (1898-1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi senador por Lugo (1843-1844) e deputado polo distrito de Valdeorras (1846-1849). Ao renunciar á acta de deputado por Valdeorras (1849) para converterse en senador vitalicio, foi denunciado e renunciou ao escano senatorial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista. Defensor do liberalismo, publicou Curso de Economía Política (1828), no que reflectiron as opinións dos economistas clásicos ingleses, e que se empregou como texto universitario. Crítico coa desamortización de Mendizábal, propuña a conservación das terras polo Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cousa de pouco valor ou importancia.
-
Actividade que se realiza para pasar o tempo.
-
-
-
Golpe dado cos fociños.
-
Golpe recibido nos fociños.
-
Caída de fociños ao chan.
-
-
-
Chama grande e repentina que se produce cando algo arde.
-
Cantidade bastante grande de leña que se bota ao lume dunha vez.
-
Conxunto de fogueiras que arden na noite de san Xoán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de foguetes que se lanzan a un mesmo tempo e estalan xuntos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bivalvo de cunchas elípticas, de ata 120 mm de lonxitude, delgadas, entreabertas nos dous extremos, con finas costelas e dentes na súa superficie, que é de cor branca ou cinsenta. Os sifóns aparecen unidos e teñen unha ou dúas veces o tamaño das cunchas. Vive no interior de buracos, que eles mesmos fabrican, en pedras brandas ou madeiras mergulladas. Ten propiedades luminescentes, que se manifestan nos contornos do animal, que aparecen na escuridade cunha tenue cor azulada. Está presente no Mar Mediterráneo e no Mar Negro, e no Océano Atlántico, dende as Illas Británicas ata Marrocos. Nalgúns países a carne é moi apreciada para o consumo humano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de folerpar.
-
-
Terreo que se deixa a barbeito durante un ano ou máis tempo.
-
Prado onde pace o gando libremente.
-
-
-
Festa nocturna de carácter tradicional na que a xente se reúne para cantar, bailar e divertirse.
-
Festa buliciosa na que intervén un grupo numeroso de persoas.
-