"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Nacional do NO de Uganda (2.849 km2). Esténdese ao longo do río Nilo-Victoria.
-
REPUBLICAS
República de Rusia (12.500 km2; 786.200 h [1997]). A súa capital é Nal´čik. É unha das principais bases do turismo de montaña e de alpinismo de Rusia. Constituída como república autónoma da URSS en 1936, converteuse en República da Federación Rusa en 1991.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do muhāfaza de Karbalā´, Iraq (296.705 h [1987]). É unha das cidades santas dos musulmáns xiítas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Muhāfaza de Iraq (5.034 km2; 567.600 h [estim 1991]). A capital é Karbalá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome da cidade de Pequín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(París 1908 - Rossiniére, Suíza 2001) Pintor. Coñecido como Balthus, autodefiniuse como narrativo e surrealista. As súas obras máis características son as que representan personaxes que camiñan polas rúas de París, adolescentes de expresión inxenua e ás veces maléfica seres illados dun mundo cheo de ambigüidades perturbadoras que transmiten soidade e inquedanza. Foi abandonando os aspectos máis descritivos das primeiras obras por unha abstracción representativa (Amencer, 1954).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Budapest 1927 -2002) Futbolista e adestrador húngaro. Co FC Barcelona conseguiu catro ligas (1951-1952, 1952-1953, 1958-1959 e 1959-1960), cinco títulos de Copa (1951, 1952, 1953, 1957 e 1959), a Copa Latina de 1952 e as Copas de Ferias de 1957-1958 e 1959-1960. Como adestrador dirixiu, entre outros, o FC Barcelona, o R.C.D. Espanyol e a selección española (Mundial de 1978). Recibiu o Balón de Prata e foi o único futbolista que xogou na selección nacional de tres países distintos (Hungría, Checoslovaquia e España).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jean Baptiste Pierre Antoine de Monet.
-
PERSOEIRO
Poeta canadense. É autor das composicións enmarcadas na paisaxe canadense Among the Millet (1888) e Lyrics of Earth (1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Pasou a España en 1761 e trala invasión da Península Ibérica por Napoleón, formou parte da Junta Central e foi membro da primeira rexencia do reino (1810). Defensor dos dereitos de Fernando VII, este nomeouno ministro de Ultramar (1814) e posteriormente conselleiro de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás lardizabaláceas.
-
Planta da familia das lardizabaláceas.
-
Familia de plantas dicotiledóneas, da orde das ranais, integrada por lianas e arbustos, de follas a miúdo palmeadas e flores actinomorfas solitarias ou en acios. Son propias do hemisferio meridional.
-
-
PERSOEIRO
Político e sindicalista. Obreiro estucador, ingresou en UGT en 1890 e no PSOE en 1894. Formou parte das súas directivas desde 1914 e 1915, respectivamente. Membro do comité de folga de 1917, foi condenado a trinta anos de prisión, pero ao ser elixido deputado por Barcelona en 1918, foi amnistiado. Colaborou brevemente coa Ditadura de Primo de Rivera (1924) e foi ministro de Traballo na Segunda República (1931-1933). Elixido presidente do PSOE (1932-1935) liderou a á esquerda do partido e das Xuventudes Socialistas, e propugnou unha política revolucionaria de fronte obreira. Non conseguiu desbancar a I. Prieto e aos socialistas moderados da dirección do partido, pero conservou o predominio na UGT. Elixido deputado en febreiro de 1936, tralo comezo da Guerra Civil foi xefe dun goberno de Frente Popular desde setembro dese ano e reservouse o ministerio da Guerra. Despois dos sucesos de maio de 1937 en Barcelona dimitiu e exiliouse en Francia trala guerra. Apresado polo goberno de Vichy foi...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico inglés. Coñecido como Cary Grant, foi o galán por antonomasia da comedia estadounidense. Participou en numerosos filmes, entre os que destacan I’m no Angel (1933), Arsenic and Old Lace (1944), Night and Day (1946), Indiscreet (1958), North by Northwest (1959), That Touch of Mink (1962) e Walk don´t Run (1966). En 1969 concedéronlle un Oscar honorífico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro. Foi director das oficinas de Transferencia de Tecnoloxía (OTRI), de Orientación ao Emprego (OFOE) e de Iniciativas Empresariais (OFIE). Foi, tamén, director da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, cofundador e presidente da Asociación Española de Profesores de Ingeniería Gráfica, presidente do Comité de Dibujos Técnicos da Sociedad Española de Normalización (AENOR) e Socio de Honor da Unión Nacional de Arquitectos e Ingenieros de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Tordoia baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela cabaleiresca castelá anónima, da primeira metade do s XIV, editada en 1512. Narra as aventuras de Cifar, da súa muller, Grima, e dos seus fillos, Garfín e Roboán. Manifesta, entre outras, influencias orientais, latinas, da lenda de santo Eustaquio, da materia de Bretaña e das Partidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza militar constituída en marzo de 1912 por Serbia, Bulgaria, Montenegro e Grecia, países cristiáns ortodoxos, co obxetivo de expulsar os otomanos de Europa Oriental.
-
PERSOEIRO
Escritor chileno. Influído polos naturalistas franceses, foi o primeiro en incorporar o proletariado na narrativa chilena, como nos contos Sub Terra (1904) e Sub Sole (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Escribiu máis dun centenar de zarzuelas, que oscilaron entre as de pequena extensión e a revista. Da súa produción destacan Los presupuestos de Villapierde, El mozo crúo, Episodios nacionales, Los tres maridos burlados, La corte del Faraón (1910) e La capa encantada, con texto de Jacinto Benavente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coñecido como Silo, colaborou nas publicacións Galicia humorística e O Galiciano (1888). Trasladouse a Madrid e escribiu en Enciclopedia Jurídica, El Ejército Español (1888) e El Correo Militar (1902). Publicou Páginas de actualidad (1895), en colaboración con E. Alonso Orera.
VER O DETALLE DO TERMO