"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • GALICIA

    Futbolista. Foi xogador do R.C. Celta de Vigo, do Real Valladolid, do C.E. Sabadell e chegou a ser internacional absoluto en 1970. Xogou na selección europea na homenaxe a Columna en Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Azorín, en 1896 estableceuse en Madrid, onde se converteu nunha das primeiras figuras da Xeración do 98. Publicou numerosos artigos en El País, El Imparcial, El Progreso, Madrid Cómico, El Globo e ABC. Na súa xuventude decantouse polo anarquismo, aínda que posteriormente foi colaborador na quenda política da Restauración e subsecretario de Instrución Pública en 1917 e 1919. A súa obra destaca pola tenrura, o detallismo, a busca do tempo perdido e por unha pincelada plástica e crítica. A melancolía por uns pobos en decadencia foi o que o levou cara a unha idealización de Castela e o seu espírito austero. Publicou La crítica literaria en España (1893), El alma castellana (1900), onde iniciou o culto a Castela e aos clásicos casteláns, Diario de un enfermo (1901), La voluntad (1902), Antonio Azorín (1903), Las confesiones de un pequeño filósofo (1904),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor. Coñecido como Joaquín Sabina, as súas letras, cun alto contido poético, forman parte da crónica urbana. Da súa discografía destacan Malas compañías (1980), La mandrágora (1981), Hotel, dulce hotel (1987), Mentiras piadosas (1990), Esta boca es mía (1994), Enemigos íntimos (1998), 19 días y 500 noches (1999), Dímelo en la calle (2002) e Diario de un peatón (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que se asentou en Santa María (Melide).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiveiro e editor. Logo de estudar a carreira de Diplomática nas escolas superiores de Oviedo e Madrid, ingresou en 1865 no Arquivo do Ministerio de Gobernación. En 1872 trasladouse ao Arquivo do Reino de Galicia, na Coruña, onde comezou a súa estreita amizade con Manuel Murguía. Desde esta ocupación profundizou na campo da historiografía, baseándose na recollida de documentación tratada de forma sistemática e detallada. Nese proceso de investigación tirou do prelo numerosos estudios con documentación inédita, como Crónica Troyana. Códice gallego del siglo XIV (1900), Fragmentos de un nuevo códice gallego de “Las Partidas” (1910), Documentos gallegos de los siglos XIII al XV (1911) e Documentos gallegos del Archivo Municipal de La Coruña (1915). No eido da investigación lingüística e histórica, cómpre salientar Antiguallas de Galicia. Los nombres de La Coruña (1889), “La fauna en la toponimia gallega” (1912-1913) e De la Guerra de la Independencia en Galicia (1953). Colaborador de diversas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista. Coñecido como Jorge Martínez Aspar, foi campión de España de 50 cc en 1981. Ao ano seguinte participou por vez primeira no Mundial, do que foi campión de 80 cc (1986, 1987 e 1988) e de 125 cc (1988). Abandonou o motociclismo en 1997 e posteriormente formou un equipo de competición propio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Coñecido como Tino Martínez, expuxo parte da súa obra en Vigo, no Museo de Pontevedra, no Museo Arqueolóxico de Ourense, na Universidade de Coimbra e   no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, ademais dalgunhas mostras en Francia e Reino Unido. Foi coautor de La música medieval en Galicia (1982) e publicou os libros Ofrecidos-El Nazareno, Ofrecidos-Los Milagros de Amil, Ofrecidos-Santa Marta de Ribarteme (1989), Exvotos (1994), Fantasías de pedra (1997) e 6X11 (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador. Formouse en Madrid ao lado de H. Obermaier e en Barcelona con P. Bosch i Gimpera. Durante 1939-1956, como comisario xeral de escavacións, foi xefe de arqueoloxía de España. Publicou Esquema paleontológico de la península hispánica (1941 e 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e historiador, irmán de Manuel Martínez Santiso. Dedicouse á arqueoloxía, á pintura, á caligrafía e ao xornalismo. Colaborou nos xornais locais El Anunciador, El Brigantino, Las Mariñas, El Mandeo e Betanzos Liberal. Escribiu unha continuación da Historia de la ciudad de Betanzos do seu irmán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador, irmán de Francisco Xavier Martínez Santiso. Foi maxistrado e escribiu o primeiro tomo da Historia de la ciudad de Betanzos (1892), deixando inédito o segundo, Descripción de la ciudad y sus monumentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e naturalista. Formou un herbario das plantas dos arredores de Santiago de Compostela que foi citada na obra de Planellas Flora fanerogámica gallega. Foi colaborador da Revista de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Antonio Martínez Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou un tipo de peza dramática sentimental e superficial, así como poesía e novela do mesmo carácter. Dirixiu a editorial Renacimiento e foi un dos principais promotores e directores teatrais da época. Publicou a súa primeira obra baixo o título El poema del trabajo (1898). Traduciu ao castelán a Maeterlinck e Rusiñol, e das súas obras destacan Tu eres la paz (1907) e Canción de cuna (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Paco Martínez Soria, formou unha compañía teatral propia en 1940, especializada en producións cómicas. En 1950 conseguiu ter un teatro propio en Barcelona, o Teatre Talía (desde 1982 Teatro Martínez Soria). Das súas películas destacan La ciudad no es para mí (1965), Abuelo made in Spain (1969), Don erre que erre (1970), El abuelo tiene un plan (1973), Vaya par de gemelos (1977) e La tía de Carlos (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Exerceu como notario ata que ingresou no mosteiro de Santa Luaría de Oseira, onde se ordenou sacerdote en 1955. Escribiu Vida de San Bernardo (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deportista. Foi director de arbitraxe e organización da Federación Galega de Judo e presidente da comisión xestora da Federación Galega de Taekwondo. Foi campión galego de taekwondo, subcampión de España e medalla de bronce no Campionato Internacional Open USA. Publicou Iniciación ao taekwondo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Alcalde do concello de Oleiros (1979-1983), foi membro do consello de redacción da revista Obradoiro e membro da xunta de goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Da súa obra destacan As galerías da Mariña. A Coruña: 1869-1884 (1987), Catálogo de arquitectura: A Coruña, 1890-1940 (1989) e A praza de María Pita: 1859-1959 (1993). Recibiu o I Premio COAG de Arquitectura, na modalidade de vivenda unifamiliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Foi xuíz de Instrución en diferentes poboacións e fiscal de Audiencia en Salamanca. Alternou a súa profesión coa investigación histórica e arqueolóxica. Colaborou no Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense con artigos como “Vocablos gallegos del dialecto salmantino” e “El Autor del Pórtico del Paraíso”, e escribiu La Cuestión agraria en Galicia: redención de foros y subforos: una solución equitativa (1912) e Fueros municipales de Orense (1912). Foi membro da Real Academia Galega, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Bautista Martínez González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Foi capitán de corveta e secretario da Escuela Naval Militar de Marín. Escribiu artigos sobre a historia marítima galega e as obras El despacho de Méndez Núñez: En el Museo de Pontevedra (1944) e Serie de modelos de plomo del Museo de Pontevedra (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO