Martínez Ruiz, José
Escritor. Coñecido como Azorín, en 1896 estableceuse en Madrid, onde se converteu nunha das primeiras figuras da Xeración do 98. Publicou numerosos artigos en El País, El Imparcial, El Progreso, Madrid Cómico, El Globo e ABC. Na súa xuventude decantouse polo anarquismo, aínda que posteriormente foi colaborador na quenda política da Restauración e subsecretario de Instrución Pública en 1917 e 1919. A súa obra destaca pola tenrura, o detallismo, a busca do tempo perdido e por unha pincelada plástica e crítica. A melancolía por uns pobos en decadencia foi o que o levou cara a unha idealización de Castela e o seu espírito austero. Publicou La crítica literaria en España (1893), El alma castellana (1900), onde iniciou o culto a Castela e aos clásicos casteláns, Diario de un enfermo (1901), La voluntad (1902), Antonio Azorín (1903), Las confesiones de un pequeño filósofo (1904), Don Juan (1922) e Doña Inés (1925). Foi membro da Real Academia Española de la Lengua (1924-1967) e recibiu o Premio da Delegación de Prensa (1943), a Gran Cruz de Isabel la Católica (1946) e a Gran Cruz de Alfonso X el Sabio (1956).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Monòver, Alacant -
Deceso
Lugar : Madrid