Martínez Sánchez, Constantino

Martínez Sánchez, Constantino

Fotógrafo. Coñecido como Tino Martínez, expuxo parte da súa obra en Vigo, no Museo de Pontevedra, no Museo Arqueolóxico de Ourense, na Universidade de Coimbra e   no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, ademais dalgunhas mostras en Francia e Reino Unido. Foi coautor de La música medieval en Galicia (1982) e publicou os libros Ofrecidos-El Nazareno, Ofrecidos-Los Milagros de Amil, Ofrecidos-Santa Marta de Ribarteme (1989), Exvotos (1994), Fantasías de pedra (1997) e 6X11 (2000).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela