"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
unicameralismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade ocular que consiste na incapacidade de distinguir as cores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría evolucionista filoxenética na que se supón que un grupo taxonómico deriva dunha única forma fundamental antecesora común.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina teolóxica que sostén a subsistencia da persoa de Xesús Cristo nunha soa natureza, divina, despois da encarnación. Foi o monxe Eutiques quen formulou abertamente as teses monofisitas en Constantinopla. A súa doutrina atopou unha boa acollida en Alexandría, onde o patriarca Dióscoro viu nela un excelente instrumento de loita contra as ambicións dos bispos de Constantinopla. Eutiques conseguiu de momento o triunfo do bando alexandrino no Latrocinio de Éfeso (449), a pesar das protestas do Papa León I. Coa morte do Emperador Teodosio II (450), a situación cambiou radicalmente e Eutiques foi desterrado. No Concilio de Calcedonia (451) destituíuse a Dióscoro de Alexandría e impúxose a tese da dobre natureza de Xesús Cristo, humana e divina. As igrexas que quedaron englobadas dentro da tradición monofisita son a copta, a etíope, a siríaca occidental ou xacobita e a armenia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de unión híbrida en que os dous proxenitores se diferencian nun só par de alelos.
-
-
Condición de monolingüe.
-
Emprego dunha soa lingua por parte dun individuo ou dunha comunidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema monetario que se basea no recoñecemento dun metal único, xeralmente o ouro, como patrón de referencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación matemática inxectiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema que favorece o establecemento de monopolios.
-
-
Calidade de monosilábico.
-
Carácter dun escrito ou dunha lingua na que non se utilizan máis ca monosílabos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de relixión que afirma que soamente hai un Deus. A variante máis estrita, na afirmación dun único Deus, nega explicitamente todos os outros deuses. Tal é o caso do xudaísmo, o zoroastrismo ou mazdeísmo, o cristianismo e o Islam.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que defende unha única vontade en Xesús Cristo. Xurdiu no s VII do monoenerxismo, referido á unidade de enerxía, e representaba unha nova forma de monofisismo que tentaba compaxinar as doutrinas monofisitas coas afirmacións do Concilio de Calcedonia. Difundiuse coa Ekthesis, obra redactada polo patriarca de Constantinopla, Serxio. O monotelismo foi condenado polo Concilio III de Constantinopla (680-681).
-
-
Doutrina que sostén que o xénero humano procede dunha soa parella. Contrario ao polixenismo, adoita fundamentarse en motivos teolóxicos ou humanistas; no tocante a unha fundamentación científica, o monoxenismo non pode probarse con certeza, e a hipótese científica que hoxe parece máis estendida é que a hominización non deriva de diversas especies animais (polifiletismo), senón que máis ben deriva dunha soa (monofiletismo), pero non necesariamente dun só individuo (monoxenismo). Aínda que a Igrexa Católica nunca definiu dogmaticamente o monoxenismo, parece que queda implícito na concepción máis tradicional do pecado orixinal; pero a súa negación non parece incompatible coas máis modernas interpretacións teolóxicas que se fixeron.
-
Teoría que afirma que todos os organismos proveñen dunha única célula inicial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento herético cristián orixinario de Frixia dos ss II e III, fundado por Montano. Xurdiu como un movemento apocalíptico e pneumatómaco, que sostiña as aparicións do Espírito Santo a través de Montano e dos seus seguidores. Defendían a inminencia da segunda chegada de Xesús Cristo e a imposición dun rigoroso ascetismo. A rama africana do movemento foi coñecida sobre todo a través dun dos seus adeptos, Tertuliano. Condenado por algúns sínodos asiáticos no s II e por Ceferino no s III, iniciou a súa decadencia no s V. Conéctanse a este movemento os movementos de pneumatoloxía e os pentecostistas, do cristianismo moderno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia arquitectónica que intenta crear edificios que impresionen non tanto pola medidas colosais como pola proporción dos elementos que utiliza. Son exemplos as construcións nazis de Albert Speer e múltiples obras soviéticas a partir de 1931. En España, esta tendencia dominou a arquitectura da época franquista, en que destacaron o Valle de los Caídos, de P. Muguruza; e o Ministerio do Aire, de Gutiérrez Soto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude ou doutrina que reduce toda a conduta humana á súa dimensión moral, ou outorga unha supremacía á norma moral por enriba de calquera outro valor ou interese.
-
PERSOEIRO
Político. En 1882 ingresou en Izquierda Dinástica e foi ministro de Ultramar (1869-1870 e 1898), de Facenda (1870-1871), da Gobernación (1883-1884 e 1901-1902), de Estado (1885-1888) e de Fomento (1892-1894). En 1885 ingresou no Partido Liberal, ocupou a presidencia do goberno despois da dimisión de U. Montero Ríos (1905-1906 e 1909) e fixo aprobar a Lei de Xurisdicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Intoxicación crónica que é causada por un consumo prolongado de morfina.
-
morfinomanía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación f entre dous conxuntos A e B dotados de estrutura alxébrica, que preserva as operacións no sentido que operar dos elementos do conxunto A e buscar a imaxe do resultante coincide coa forma de operar as respectivas imaxes. No caso de que un morfismo sexa inxectivo, exhaustivo ou bixectivo (aplicación 3), denomínase, respectivamente, monomorfismo, epimorfismo ou isomorfismo. Doutra banda, un morfismo entre un conxunto e el mesmo chámase endomorfismo. Os morfismos entre espazos vectoriais tamén reciben o nome de aplicacións lineais.