monumentalismo
monumentalismo
(< monumento)
s
m
[ARQUIT]
Tendencia arquitectónica que intenta crear edificios que impresionen non tanto pola medidas colosais como pola proporción dos elementos que utiliza. Son exemplos as construcións nazis de Albert Speer e múltiples obras soviéticas a partir de 1931. En España, esta tendencia dominou a arquitectura da época franquista, en que destacaron o Valle de los Caídos, de P. Muguruza; e o Ministerio do Aire, de Gutiérrez Soto.