monumento
(< lat monumentu)
-
s
m
-
Obra de escultura ou de arquitectura erixida para perpetuar a lembranza dunha persoa ou un feito memorable.
-
Edificio notable dun lugar ou unha cidade, coma as igrexas ou os pazos.
-
Obra de importancia notable para as artes, a historia ou a literatura dun país ou dunha cultura.
-
monumento funerario
[ARTE]
Sepulcro ou obra arquitectónica ou escultórica realizado co fin de honrar a un morto.
-
monumento nacional
[ARTE]
Monumento que polo seu valor arqueolóxico ou histórico, por decreto positivo, queda baixo a tutela do Estado con vista á súa conservación e restauración. Todos os monumentos quedaron desde 1803, en España, baixo a dependencia do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes. Para velar máis directamente os monumentos, en 1844 foi creada en cada provincia unha comisión provincial de monumentos históricos e artísticos, reorganizada en 1854. As primeiras actuacións provinciais remóntanse a 1870.
-
-
s
m
[RELIX]
Altar especial, cun sagrario ou tabernáculo, que contén nas igrexas o Xoves Santo, para a reserva da Eucaristía do Venres Santo. Antes da reforma da Semana Santa adoitaba ser unha escalinata adornada con flores e cirios e, enriba de todo, unha furna en forma de sepulcro, onde era depositada a Eucaristía.