Monumentum Ancyranum
Monumentum Ancyranum
[HIST]
Nome dado a un dos catro documentos redactados por Augusto para ser lido no Senado despois da súa morte e para ser gravado en dúas taboas de bronce emprazadas no exterior do seu mausoleo. Este documento, escrito no ano 14 a C, ofrece unha relación das honras recibidas polo emperador, un estado de contas dos seus gastos persoais, enumera as súas xestas e fai unhas consideracións sobre a súa figura dentro do Estado romano.