"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Presenza de plasmocitos no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos plasmodioforomicetos.

    2. Fungo da clase dos plasmodioforomicetos.

    3. Clase de fungos ameboides, da división dos mastigomicotas, endoparasitos de plantas superiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de polos de ferrita mesturada cun aglutinante termoplástico que asocia as propiedades magnéticas do primeiro compoñente coas mecánicas do segundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para determinar a plasticidade dunha substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia e técnica que se ocupa da produción de plásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quinona de estrutura polimérica que, nos cloroplastos, actúa como un transportador electrónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico belga. Ideou un método estroboscópico para o estudo dos movementos vibratorios e inventou o fenaquistoscopio (1832). Estudou os fenómenos capilares das láminas delgadas e diversos fenómenos ópticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos platihelmintos.

    2. Metazoo do filo dos platihelmintos.

    3. Filo de animais metazoos triploblásticos que teñen o corpo alongado e achatado dorsiventralmente. Presentan simetría bilateral e non son segmentados, e divídense en turbelarios, trematodos, cestodos e monoxéneos. Poden vivir no mar, en augas doces e na terra húmida; neste último caso a súa superficie ventral está recuberta de cilios vibratorios. Tamén poden moverse por medio das secrecións mucosas, e certas especies teñen glándulas cutáneas produtoras que crean unha especie de fíos que lles facilitan o desprazamento en sentido vertical. Outros, pola contra, son parasitos e poden ter un, dous ou tres anfitrións sucesivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especie aniónica que contén platino como átomo central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo cuberto e pechado que serve como escenario para a rodaxe de filmes e programas ou series de televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • platihelminto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de linguas do phylum níxer-congo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. De familia aristocrática por parte de nai, participou na Guerra do Peloponeso (409 a C) e despois quixo dedicarse á política, pero desencantárono os excesos dos oligarcas. Cunha esmerada educación artística e ximnástica, decantouse pola filosofía despois de coñecer a Sócrates en 408 a C. Á morte deste (399 a C), durante o período democrático, fuxiu de Atenas con outros condiscípulos e refuxiouse en Megara con Euclides. Neste tempo escribiu os seus primeiros diálogos. Na Magna Grecia entrou en contacto con Arquitas de Tarento e os círculos pitagóricos. Logo dirixiuse a Sicilia, onde Dión de Siracusa, cuñado de Dionisio I de Siracusa, se entusiasmou coas súas doutrinas e intentou, sen éxito, aplicalas á política. Entre estas dúas viaxes residiu en Atenas, onde fundou a Academia. Viviu os seus últimos anos dedicado á composición dos Diálogos e ao ensino na Academia. A súa obra transmitiuse tradicionalmente agrupada en nove tetraloxías que inclúen a Apoloxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Platón ou ao platonismo.

      2. Seguidor da doutrina filosófica de Platón.

    1. Aplícase aos sentimentos ou actitudes que son meramente ideais.

    2. Ciclo, denominado tamén ano grande, que os astrónomos gregos estimaron nuns 26.000 anos; ao seu fin todos os corpos celestes retornarían ao mesmo lugar que ocupaban no momento da creación. Diferénciase do concepto filosófico, de estoicos e platónicos, do ano grande ou ano cósmico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de Platón ou da súa escola e aspectos dela que influíron no pensamento doutros filósofos e escolas. A influencia da filosofía de Platón foi tan considerable que se pode dicir que o platonismo alzanza toda a historia do pensamento occidental e incluso unha parte do oriental, as tradicións bizantina e árabe. Por exemplo, apréciase a súa marca en Aristóteles e no estoicismo, é inseparable do neoplatonismo, co que se acaba confundindo, ten ascendencia na tradición filosófico-teolóxica latina dos ss IV e V e exerce un dominio case universal sobre a Idade Media, do que é típico expoñente a escola de Chartres. Por medio de santo Agostiño a influencia platónica artella, en competencia co aristotelismo, a gran tradición escolástica, e incluso chega a perdurar durante a Idade Moderna (escola platónica de Cambridge, Spinoza, Leibniz e Kant) e na filosofía dos dous últimos séculos (aspectos de Fichte, Schopenhauer, a escola de Marburg, a neoescolástica). Na súa difusión e transmisión pódense...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido como Andrej Platonov, seguiu a liña de Gogol’, Leskov e Remizov. Publicou relatos, como Epifanskije šl’uzy (Presas de Epifanía, 1927). Defensor inicial dos ideais da revolución, criticou a burocracia en Gosudarstvennyj žitel (O habitante do goberno, 1929). Desencantado e crítico co réxime, prohibíuselle publicar a raíz da novela Vprok (1931). En 1991 publicouse Schastlivaia Moskva (A feliz Moscova, 1932-1936), novela descuberta nos arquivos do KGB.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo latino. Segundo Aulio Gelio, obtivo os maiores éxitos quince anos despois da representación das primeiras obras de Nevio (235? a C) e coma este cultivou a comedia palliata. Inicialmente, encargouse da adaptación de comedias gregas, á vez que observaba os costumes dos distintos estratos da sociedade romana. A súa sona fixo que, xa morto, circulasen por Roma máis de 130 comedias apócrifas. Xunto con outros críticos, Varrón realizou a selección transmitida polos manuscritos e determinou que obras cumpría considerar como autenticamente plautinas: Asinaria, Aulularia, Bacchides, Captivi, Epidicus, Menaechmi, Miles gloriosus, Persa, Trinummus, Truculentus e Vidularia, entre outras. Co seu teatro, en que introduciu algúns aspectos autobiográficos, tendeu a renovar definitivamente a escena romana e manexou cun virtuosismo extraordinario os metros dos diálogos ou dos cantica....

    VER O DETALLE DO TERMO