"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • PERSOEIRO

    Capelán da condesa María de Champaña. Por encargo seu escribiu en latín, no último terzo do s XII, o tratado De amore (‘Sobre o amor’), testemuño dos costumes morais da época que gozou de moita aceptación na literatura medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Irmán de san Pedro e pescador coma el. Foi o primeiro seguidor de Cristo. Evanxelizou Escitia (na actual Rusia), e aínda que este apostolado está sen confirmar, si se admite que estivo no mar Negro e na Ucraína. Segundo a lenda, un anxo mandoulle visitar a Mateo, cego e preso na Etiopía. Finalmente volveu a Grecia, e estivo en Macedonia e no Peloponeso, onde sufriu martirio: atárono a unha cruz en forma de aspa, sen cravalo, para que a agonía fose máis lenta; así foi, agonizou durante dous días e expirou ao terceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e naturalista norteamericano. Viaxou por Alasca e Asia, onde fixo importantes descubrimentos paleontolóxicos. Reuniu unha notable colección de fósiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo utilizado para designar a avaliación dos niveis de electrólitos (anións e catións) no soro e os trastornos que lle inflúen. Os valores do anion gap oscilan entre 8 e 18 miliequivalentes por litro nas persoas sas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero fósil da familia dos homínidos procedente do Mioceno medio de Turquía. Resulta difícil establecer as relacións evolutivas deste xénero, sen embargo, é probable que represente unha pola lateral da tribo Ponginae, polo que tería a súa orixe na dispersión dos Griphopithecus hai 14 M a por Eurasia procedentes de África. A única especie definida neste xénero é o A. meteai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bimensual francesa de xeografía. Creada por P. Vidal de la Blache (1891), recolle reseñas, notas bibliográficas, crónicas e artigos especializados en todos os terreos da xeografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira do Nepal, no macizo do Himalaia (40 Km de lonxitude). Os puntos máis elevados son o Annapurna I (8.078 m) e o Annapurna II (7.937 m). Todas as cimas que a rodean sobrepasan os 7.000 m. A base está formada por rochas cristalinas, principalmente gneis, sobre a que hai calcarias do Paleozoico e xistos formados desde o Cámbrico ata o Cretácico. O Annapurna I foi o primeiro cumio de máis de 8.000 m coroado polo home: en xuño de 1950 chegaron ao cume Maurice Herzog, xefe da expedición francesa, e Louis Lachernal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na mitoloxía india, deusa da abundancia e da liberalidade. Represéntase sentada sobre un loto, cunha culler de arroz na man dereita e unha cunca de mel na esquerda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade do paralelismo que se manifesta nunha relación de simetría, directa ou inversa, entre dúas proposicións diferentes cun mesmo contido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punto da esfera celeste oposto ao ápex e, polo tanto, de onde procede, no seu movemento, o Sol e todo o sistema solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento de enfermidades infecciosas con antibióticos ou, en xeral, con calquera axente antiinfeccioso. Para que un tratamento con antibióticos sexa eficaz, cómpre empregar un antibiótico ou antibióticos apropiados para cada infección, o que aconsella a práctica do antibiograma. A dose ten que ser suficiente e a duración do tratamento a adecuada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos elementos, sobre todo aqueles dunha bobina, dispostos de forma que se reduza a un mínimo a súa capacidade parasita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina ou actitude activamente oposta ao sistema capitalista. O conxunto de doutrinas anticapitalistas vén propoñendo unha substitución do sistema capitalista por alternativas colectivas de aproveitamento dos recursos que impidan a existencia da propiedade privada dos medios de produción e rematen coa división social do traballo coa finalidade de acadar unha sociedade sen clases. As de maior trascendencia histórica teñen sido o anarquismo, o socialismo científico e o comunismo. Tamén poden ser consideradas anticapitalistas determinadas tendencias do socialismo antes do seu decantamento cara a posicións socialdemócratas e as solucións escapistas promovidas por Fourier e outros socialistas utópicos do s XIX. A elaboración da crítica anticapitalista foi paralela ao desenvolvemento do capitalismo industrial dende o s XIX, sendo unha das máis elaboradas e coherentes a que realizou Marx na súa obra Das Kapital (O capital, 1867). As experiencias que tentaron implantar unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema concebido para evitar que as rodas dun vehículo cheguen a patinar ao aplicarlle un esforzo de freada superior ao que lle permite a súa adherencia ao chan. O sistema actúa sobre o esforzo de freada aplicado a cada roda mediante un sinal electrónico de mando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos antilocápridos ao que pertence o antílope americano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero da familia dos antilocápridos.

    2. Familia de mamíferos artiodáctilos que comprende actualmente só o xénero Antilocapra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se atribúe a autoridade propia do Papa mediante medidas irregulares, e que chega a ser competidor do lexítimo Papa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colorante que, mesturado coa alumina, proporciona un matiz escarlata. O seu diacetato utilizouse na medicina como laxante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Sri Lanka (7.179 km2; 750.000 h [estim 1994]. A capital é Anurādhapura (36.248 h [1991]), cidade fundada no 437 a C e que acadou o seu apoxeo no inicio da era cristiá. Foi abandonada no s IX e as súas ruínas foron descubertas en 1833. É un conxunto de templos e mosteiros, e lugar de peregrinación para os budistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeográfo e cartógrafo francés. Primeiro xeógrafo real (1719), do seu traballo destaca o conxunto de mapas que elaborou para a Description géographique de la Chine (Descrición Xeográfica da China, 1735) do xesuíta J. B. du Halde. Publicou os seus mapas máis importantes nun Atlas Géneral (1737-1780).

    VER O DETALLE DO TERMO