"Abe" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 982.
-
GALICIA
Escultora. Realiza estudios de Belas Artes na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela e na Escola de Restauración do Mosteiro de Poio. A súa escultura caracterizouse nos seus inicios polos volumes desproporcionados, nos que predomina a liña curva e envolvente. Pasado o tempo, inclinouse por pezas de maior formato nas cales esquece o detalle para dar á obra un valor máis xeral, podéndose percibir intereses vangardistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abelleira.
-
-
Pertencente ou relativo ás abellas.
-
Persoa que coida as colmeas ou que se dedica á cría das abellas.
-
Niño construído polas abellas, xeralmente no tronco das árbores.
-
Gran cantidade de abellas, da mesma ou de distintas colmeas, que non forman un enxame.
-
abellaruco.
-
Nome que recibe a variedade de uva branca coñecida habitualmente como albariño.
-
Herba perenne, de ata 70 cm de altura, de talos pilosos, follas ovaladas e crenadas que desprende un forte cheiro a limón. As flores son abrancazadas ou rosadas, coa corola bilabiada co labio superior erecto e o inferior trilobulado. En Galicia aparece de forma cultivada ou naturalizada en matogueiras e lugares sombríos. Empréganse as súas follas como medicamento depurativo, polas súas virtudes tónicas e estimulantes, e na festividade de san Xoán para adornar os marcos de portas e ventás e para aromatizar a auga coa que se lava a xente, co fin de protexerse de meigas e mal de ollo.
-
orquídea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xogo infantil semellante ao da roda. Consiste na colocación de varios rapaces e rapazas unidos polas mans formando un círculo mentres cantan: “As abelliñas do mel, e de mel e de meluro que se volva (nome dun deles) de cu”. A persoa nomeada terá que dar as costas aos demais que seguirán cantando ata que todos eles se volvan, para logo continuar cun diálogo: “Que hai naquel tellado? Un gato esfolado. Que hai naquela artesa? Unha vella tesa. Que hai naquela escaleira? Unha vella peideira, etc. Tilín, tilín, tilín”. Á vez, uns e outros aproxímanse golpeándose no cu.
-
PERSOEIRO
Escritor occitano en francés. Conciliou a súa condición católica co marxismo. Exiliouse en Suíza entre 1944 e 1951. Autor de ensaios e dunhas memorias, publicou tres novelas onde o tema político se mestura cunha inspiración visionaria e esotérica: Heureux les pacífiques (Benaventurados os pacíficos, 1946); Les yeux d’Ezéchiel sont ouverts (Os ollos de Ezequiel están abertos, 1949) e La fosse de Babel (A fosa de Babel, 1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abella.
-
-
Incitar a alguén.
-
Anoxar a alguén mediante feitos ou ditos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
-
-
Insecto himenóptero do xénero Bombus, semellante á abella pero máis grande (pode acadar os 3 cm), de voo ruidoso, co corpo robusto e moi peludo, de cores escuras ou claras e raiadas. Moi frecuente en todos os países temperados, vive en sociedades anuais non moi numerosas (50-200 individuos), en niños no chan construídos con brións, herbas e follas.
-
abellón cuco /
Abellón do xénero Psithyrus, parasito doutros abellóns aos que se semella; penetra nos seus niños, mata a raíña e deposita os propios ovos no lugar dos orixinais.
-
abellón tinto /
Abellón do xénero Xylocopa de corpo e ás de cor violácea intensa.
-
-
Nome para designar o macho da abella doméstica.
-
-
As bruxas en Galicia fan uso da capacidade de transmutación que, entre outras cousas, as caracteriza para se transformar en abellón e poder danar os animais caseiros. Esta crenza fornece ditos como “quen mata un abellón ten cen anos de perdón”.
-
danza do abellón
Ritual funerario, segundo semella só das Rías Baixas e hoxe en día desaparecido, que consistía en bailar ao redor do leito dun defunto durante o velatorio, tralo xantar ofrecido polos parentes. Os danzantes, collidos das mans, daban tres voltas ao redor do morto mentres imitaban o zunido do abellón; se algún deles interrompía calquera destas accións, sería o primeiro dos presentes en morrer. Este ritual semella estar representado plasticamente nas ‘danzas da morte’ dos tímpanos das igrexas románicas, onde se ve un esqueleto tocando un instrumento e dúas ou máis persoas en actitude de baile.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abella.
-
VER O DETALLE DO TERMO
hibisco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bidueiro.
-
-
Elemento decorativo que consiste nunha pequena bóla de vidro aburatada. Normalmente ten diversas cores, vai combinada ao chou con outras e na súa disposición emprégase un arame ou fío no que vai ensartada formando parte dun conxunto.
-
Colar, pendentes, pulseira ou calquera outro adorno feito con esas pezas.
-
Atavíos empregados como adorno na vestimenta feminina, especialmente nas pezas do traxe tradicional como o dengue ou o mantelo. Tamén serven para decorar utensilios e trebellos caseiros.
-
Adorno insignificante, de pouco valor ou consideración.
-
-
-
Herba ou arbusto do xénero Hypericum, de follas enteiras, opostas, sentadas e con glándulas translúcidas con aspecto de salpicaduras brancas. As flores son regulares, dispostas en cimas, amarelas, con cinco pétalos caedizos e cinco sépalos e estames moi numerosos dispostos en feixes. En Galicia son comúns as especies: H. androsaemum, en ambientes sombrizos; H. elodes, acuática; H. humifusum, en solos húmidos; H. linarifolium, en ambientes secos; H. perforatum, en ambientes antrópicos; H. pulchrum, en bosques e H. undulatum, en ambientes húmidos.
-
estraloque.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
abeloura.
-
PERSOEIRO
Químico-físico norteamericano.
VER O DETALLE DO TERMO
Descubriu, xunto con E. M. McMillan, o elemento 93, o neptunio. Suxeriu un proceso de obtención de mostras enriquecidas de uranio 235, empregado aínda hoxe na industria nuclear.
Propuxo o uso de radioisótopos en biofísica e atopou aminoácidos e ácidos graxos en materiais de máis de 1.000 millóns de anos. -
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
-
Tipo de trasno nocturno, doméstico e trouleiro.
-
Rapaz que gusta de enredar, facer trasnadas ou falcatruadas que poden causar molestia aos demais ou dano a si mesmo.
-
Persoa que molesta coa súa actitude insolente e pesada.
-
-
PERSOEIRO
Militar ruso. Enviado aos EE UU (1950), encabezou unha rede de espionaxe que se apoderou dos planos do primeiro cruceiro nuclear norteamericano. Foi detido en 1957 e cinco anos despois intercambiárono por dous espías norteamericanos.
VER O DETALLE DO TERMO