"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
PERSOEIRO
Químico norteamericano. Traballou no campo da química orgánica. Coñecido, sobre todo, polo catalizador que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense, un dos promotores da independencia das Trece Colonias. Foi Gobernador de Massachussetts (1794-1797).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo. Desenvolveu a espectroscopia estelar e demostrou que a temperatura das manchas solares era inferior á do disco; así mesmo, determinou as magnitudes absolutas de diversas estrelas e estudiou as atmosferas de Marte e de Venus.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante inglés. Estivo ao servizo dos holandeses, pero ao ser feito prisioneiro en Kyūshū converteuse en conselleiro do shōgun Ieyasu, organizando expedicións por conta do Xapón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome de Stokes-Adams.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axente químico agresivo. É un sólido de cor amarela viva, moi velenoso, irritante da pel e das vías respiratorias, insoluble en auga e facilmente sublimable. Debido a que os seus efectos son temporais e non teñen consecuencias posteriores, a policia emprégano como material antidisturbios en forma de fume, a miúdo mesturado con gases lacrimóxenos.
-
PERSOEIRO
Químico e fotógrafo escocés. Colaborou co pintor David Octavius Hill no que se considerou o primeiro obradoiro fotográfico en Escocia, especializado en retratos segundo o procedemento da calitipia.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Córdoba, Andalucía, situado ao NL da capital e ao N do Guadalquivir, na comarca de La Sierra (4.466 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Home que non ten coidado da limpeza da súa persoa, que vai sempre mal amañado, desleixado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo a tradición bíblica, nome dado por Deus ao primeiro ser humano. Vén do hebreo ‘âdhâm, que significa ‘home’. Antano, críase que era da mesma familia que a palabra ‘âdhâmàh, ‘terra’. O Adán é un dos personaxes da Festa da Eva, que se celebra en Laza o 3 de maio desde o s XVI. A súa festa celébrase o 29 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo o relato bíblico, que inspira as tres relixións monoteístas -Xudaísmo, Cristianismo e Islam-, Adán é o nome do primeiro home e, polo tanto, do antecesor da Humanidade. Da narración da Xénese despréndese que foi creado por Deus no sexto día da Creación a imaxe e semellanza súa, que lle outorgou poder sobre o resto da Creación e que lle infundiu unha alma -“Deus formou un home do po da terra, soproulle no nariz o alento da vida e tornouse o home persoa viva” (Xénese, 2, 7)-. Así mesmo, Deus colocou a Adán nun xardín de delicias, o Paraíso terreal ou Edén, para que gozase del; sen embargo, foi expulsado del -xunto coa súa compañeira Eva- por comer do froito da prohibida árbore do ben e do mal. A expulsión de Adán e Eva do paraíso supuxo que a Humanidade quedase suxeita ao traballo, para satisfacer as súas necesidades, ás enfermidades e á morte. Non obstante, neste relato hai unha serie de feitos que foron obxecto de numerosas controversias entre os teólogos da tradición cristiá;...
-
GALICIA
Atleta olímpico. No campionato do mundo de campo a través júnior de 1986 gañou a medalla de bronce por equipos. Participou nos mundiais de campo a través desde 1989 a 1997 (agás no 1996) acadando a medalla de bronce por equipos en 1990, 1991 e 1995. Participou nos campionatos europeos de cross nos anos 1994, 1995 e 1996, quedando 4º no 1994. Participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) chegando ás semifinais dos 10.000 m lisos. Foi campión de España de cross no ano 1994 e campión galego no 1992 e 1999. A súa marca nos 5.000 m do campionato galego é a vixente hoxe en día.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Berro que fai o muecín dende o alminar ou minarete como chamada á oración, cinco veces ao día.
-
PERSOEIRO
Escultor neoclásico aragonés. Foi escultor de cámara de Carlos IV e director de escultura e primeiro escultor de cámara de Fernando VII.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do il homónimo, situada na ribeira do Seyhan, en Turquía (1.066.544 h [1995]). É o centro urbano, industrial (téxtil, tabaqueira e de bens de equipo agrícolas) e comercial (mercado cerealístico e algodoeiro) da chaira aluvial de Cilicia. É sede universitaria e nó de comunicacións (aeroporto internacional).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía, na costa mediterránea (17.562 Km2 , 1.945.600 h [1990]). A capital é Adana.
-
PERSOEIRO
Botánico provenzal. Nas súas expedicións ás Islas Canarias, aos Açores e ao Senegal recopilou abondosos datos botánicos, faunísticos e xeolóxicos. Froito destes traballos publicou Histoire Naturelle du Sénégal (Historia Natural do Senegal), Les Familles Naturelles des Plantes (Familias naturais das plantas) e Nouvelle méthode pour différencier les familles des plantes (Novo método para diferenciar as familias de plantas). Foi o autor da primeira descrición científica do baobab, causa pola que Linneo designou co nome Adansonia digitata, na súa honra, a esa árbore.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do il de Sakarya, Turquía (185.187 h [1995]). Centro comercial e agrícola na ribeira do Sakarya.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Individuo que pertence ao grupo dos adapiformes.
-
Grupo de primates que prosperou principalmente no Eoceno e o Oligoceno inicial en Norteamérica e Europa. Considéranse os antepasados de varios grupos de prosimios vivos (lémures e indris de Madagascar e loris de África e Asia sudoriental) e, indirectamente, dos antropoides; pertencen a este grupo o Adapis, o Smilodectes e mais o Notharctus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero do grupo dos adapiformes, procedente do Eoceno medio (45 Ma) de Europa occidental, caracterizado polas súas fortes e curtas mandíbulas que só mordían verticalmente, sen acción mastigatoria lateral; a súa constitución corporal era flexible e tiñan pernas longas e delgadas, acadando os 40 cm de lonxitude. Probablemente comían plantas duras e fibrosas. O seu cerebro posuía lóbulos temporais desenvolvidos, o que xa o diferenza dos mamíferos non-primates.