Adana

Adana

Capital do il homónimo, situada na ribeira do Seyhan, en Turquía (1.066.544 h [1995]). É o centro urbano, industrial (téxtil, tabaqueira e de bens de equipo agrícolas) e comercial (mercado cerealístico e algodoeiro) da chaira aluvial de Cilicia. É sede universitaria e nó de comunicacións (aeroporto internacional).