"Als" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 150.

  • PERSOEIRO

    Novelista e dramaturgo inglés. Estudiou en Harrow e en Oxford e doutorouse en Dereito. Como dramaturgo é autor de obras nas que destaca a súa preocupación por denunciar todo tipo de inxustizas. Da súa produción salienta The Silver Box (1906), The Man of Property (1906), Strife (1909), Justice (1910), The Fugitive (1913), The Mob (1915), Loyalties (1922), Escape (1924), The White Monkey (1924) ou Over the River (1933). Recibiu a Orde ao Mérito (1929) e o Premio Nobel de Literatura (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor neerlandés. Considérase o creador dos doelen, retratos de grupo para os gremios e as asociacións. A súa evolución artística pódese apreciar se se compara Banquete da milicia de San Xurxo (1616), cunha pincelada grosa, unhas cores brillantes e un forte vitalismo expresivo, e Rexentes do hospicio de anciáns (1664?), en que o trazo, máis inseguro, se compensa pola utilización de tons brancos e negros. Tamén destaca Moza Xitana (1628?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do N de Suecia. É montañosa e está cuberta de bosques. A industria principal é a derivada da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo letón. Abriu o seu estudo en París en 1928. En 1940 marchou aos EE UU e colaborou coas publicacións Life, Time, Look e Paris Match. Realizou retratos de destacados políticos e intelectuais, como J. F. Kennedy ou S. Dalí. Expuxo a súa obra en Toquio (1973) e no Centro Internacional de Fotografía de Nova York (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que constitúe a máxima altitude de Islandia. O seu cumio acada os 2.119 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode falsificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede internacional que ten por obxectivo desenvolver e manter un rexistro e un control das publicacións periódicas e que contén toda a información necesaria para a súa identificación. Tamén promove o uso do International Standard Serials Number (ISSN), e facilita a busca bibliográfica entre os diversos organismos e países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresa fundada por Jesús Alonso Fernández en 1958, na actualidade, Jealsa Rianxeira está integrada por máis de 20 sociedades que operan agrupadas en tres divisións: Conservas de peixe e marisco, Pesca e auxiliares e Medioambiente e enerxía. O grupo creado por Jesús Alonso, figura en quinto lugar no ranking industrial galego, dá emprego a máis de 3.000 traballadores, a meirande parte mulleres; factura preto de 400 millóns de euros anuais e conta con factorías en Europa, América e África. Cumprida a idade de xubilación, Jesús Alonso decidiu servir ao seu concello, do que foi alcalde desde 1995 ata 2003.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Vinculado á Universidad Complutense de Madrid, estivo relacionado coa dereita ideolóxica e financeira. Foi ministro de Xustiza (1976-1979), senador por designación real (1977-1979), deputado por Jaén (1979-1982) e presidente do Congreso de los Diputados (1979-1982). A crise de partido de UCD levouno en 1982 a asumir a presidencia, pero dimitiu e foi reelixido ata a disolución do partido en 1983, ano a partir do que foi membro do Consello de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Especialista en historia medieval e no estudo da formación de cidades históricas como Santiago de Compostela, escribiu Introdución al fenómeno urbano medieval gallego, a través de tres ejemplos: Mondoñedo, Vivero y Ribadeo (1976), La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media (800-1150) (1986) e El Mundo de las peregrinaciones, Roma, Santiago, Jerusalén (1999). Colaborou, ademais, coas publicacións Compostellanum e Revista científica ICOMOS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias da Portela e O Mazo (Vilamartín de Valdeorras). O seu cumio acada os 725 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que resulta prexudicial para a saúde por non reunir as condicións mínimas de hixiene.

    2. Que presenta mala saúde.

    3. Que é moralmente daniño ou prexudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao son que é desagradable ao oído.

    2. Aplícase ás palabras ou expresións ordinarias e groseiras que poden resultar desagradables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo estadounidense. Instalado desde a década de 1950 en Nova York, traballou para Vogue e New York Times, especializouse no retrato e foi director das revistas Dance Magazine e Time. Influído pola obra de Atget e máximo representante da fotografía secuencial no camiño entre o movemento conceptual e a inspiración surrealista, foi un dos pioneiros na “fotografía fabricada”. Destacaron a súa retrospectiva no MOMA (1970) e a exposición de 1996 Toward a Social Landscape.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e escritor. Catedrático de Literatura na Universitat de Barcelona, comezou a súa carreira literaria en El Vapor (1836), órgano difusor da Renaixença. Publicou diversos traballos sobre poesía tradicional catalá (Romancerillo catalán, 1853), literatura trobadoresca (De los trovadores en España, 1861) e epopea castelá (De la poesía heroico-popular castellana, 1874). Dedicouse á crítica literaria e da arte, e ao estudo das literaturas catalá, castelá, francesa, occitana, inglesa e alemá. Historiador da literatura catalá, a súa Ressenya històrica i crítica dels antics poetes catalans foi premiada nos Jocs Florals de 1865. Presidiu os Jocs Florals en dúas ocasións e a Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona (1861-1878). O seu discípulo Marcelino Menéndez Pelayo publicou postumamente as súas Obras completas (1888-1896), en oito volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de teorías que foron propugnadas pola Falange Española e adaptadas polo réxime político rexido polo xeneral Franco. Implantou o totalitarismo estatal, o partido único e o sindicato vertical, unificando empresarios e traballadores, de afiliación obrigatoria e que formaba parte do estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao nacionalsindicalismo.

    2. Partidario do nacionalsindicalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de doutrinas do Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei (Partido Obreiro Nacionalsocialista Alemán, NSDAP) que, dirixido por Adolf Hitler, dominou Alemaña desde 1933 ata 1945. Creado a partir do Deutsche Arbeiterpartei (Partido Obreiro Alemán, DAP), fundouno en xaneiro de 1919 Anton Drexler, e tomou un ano despois o nome de Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, coñecido como Partido Nazi. Na ideoloxía nazi manifestábase a influencia de autores e de correntes de pensamento heteroxéneas e a miúdo contraditorias: o racismo que deriva de Joseph-Arthur Gobineau e de Houston Stewart Chamberlain; a idea dun Terceiro Reich de A. Moeller van den Bruck; o comezo da apoloxía da violencia da guerra e da concepción do estado co estado maior do exército prusiano de Maquiavelo, Hegel, Johann G. Fichte, Schopenhauer e Nietzsche; e o antisemitismo que se fundamentaba en Die Protokolle der Weisen von Zion (Protocolos dos sabios de Sión). Hitler, na procura dun responsable...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao nacionalsocialismo.

    2. Seguidor do nacionalsocialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Partido Nazi Partido político fundado en 1920 a partir do Deutsche Arbeiterpartei (DAP). Tiña unha estrutura xerárquica e unha base paramilitar. A súa liña ideolóxica baseábase nos discursos de Adolf Hitler e na súa obra Mein Kampf, aínda que o seu fundamento non tivo unha excesiva elaboración teórica, xa que Hitler se apropiou das ideas fascistas segundo as que o estado debía ser totalitario para preservar a súa unidade e cohesión. Isto foi compaxinado coa crenza da superioridade da raza aria sobre o resto das etnias. Sentou as bases do nacionalsocialismo e gañou as eleccións en 1932. O NSDAP foi disolto e prohibido en 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO