malsán -sá
malsán -sá
(< 2 mal + san)
-
adx
Que resulta prexudicial para a saúde por non reunir as condicións mínimas de hixiene.
Ex: Tanta humidade fai que a casa sexa malsá para calquera.
Sinónimos: insalubre. -
adx
Que presenta mala saúde.
Ex: Teñen un neno malsán, sempre está no médico con algún problema.
-
adx
Que é moralmente daniño ou prexudicial.
Ex: A discriminación racial parte de conceptos malsáns.