malsán -sá

malsán -sá

(< 2 mal + san)

  1. adx

    Que resulta prexudicial para a saúde por non reunir as condicións mínimas de hixiene.

    Ex: Tanta humidade fai que a casa sexa malsá para calquera.

    Sinónimos: insalubre.
  2. adx

    Que presenta mala saúde.

    Ex: Teñen un neno malsán, sempre está no médico con algún problema.

  3. adx

    Que é moralmente daniño ou prexudicial.

    Ex: A discriminación racial parte de conceptos malsáns.

Palabras veciñas

malquerido -da | Malraux, André | Malsaber | malsán -sá | malsoante | Malta | Malta, Batalla de