"Apo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 488.
-
PERSOEIRO
Escultor grego, autor, xuntamente co seu irmán Taurisco, do coñecido grupo do Touro Farnese, conservado en Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado a cada un dos escritores cristiáns que no s II fixeron defensa da súa fe perante gobernantes romanos, xudeus e outros pagáns. Os principais foron Arístides, Xustino, Taciano, Atenágoras, Teófilo, Minucio Félix e Tertuliano.
-
-
Relativo ou pertencente á apoloxía.
-
Que ten por obxecto a apoloxía dunha persoa ou cousa.
-
-
Relativo ou pertencente aos apoloxetas.
-
Dise de todo libro que fai apoloxía da relixión cristiá.
-
-
Parte da Teoloxía que ten por obxecto a defensa da fe cristiá e a súa fundamentación razonable. Nos primeiros séculos do Cristianismo precisouse dunha defensa da fe contra as obxeccións dos non crentes (apoloxeta), necesidade confirmada así mesmo durante a Idade Media (Tomé de Aquino, Bossuet, Pascal, etc), pero que non foi obxecto de estruturación científica ata que foron atacados os fundamentos do Cristianismo. A misión da Apoloxética tradicional é demostrar a credibilidade da Revelación cristiá ( Teoloxía fundamental), polo que a miúdo se basea en noticias externas como os milagres. Actualmente consiste nunha investigación sobre razoabilidade da fe a cargo de estudiosos como Dondeyne e Rahner.
-
-
-
Discurso ou escrito xustificativo en defensa ou gabanza dalgunha persoa ou causa.
-
-
Defensa de determinadas verdades da fe cristiá ante as obxeccións de quen as neguen coa intención de demostrar a compatibilidade destas verdades coa razón.
-
Escrito dun apoloxeta.
-
-
Apoloxía dos feitos ilícitos ou dos culpables destes, considerada pola doutrina como unha forma atenuada de indución e, por iso, sancionada, a miúdo, polas lexislacións. Nas leis penais españolas a apoloxía do terrorismo e dos terroristas ten a consideración de delito autónomo, especificamente tipificado e penalizado.
-
-
-
Quen ou o que fai apoloxía de alguén ou dalgunha cousa.
-
apoloxeta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer apoloxía.
-
-
Pousarse nun asento con toda a comodidade estirando os brazos e as costas.
-
Situarse nunha posición socialmente cómoda ou actuar dun xeito despótico no exercicio dun cargo público.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación de gametos ou de esporas sen meiose previa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á apomixe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que consiste na formación do embrión sen a previa fecundación do óvulo. Pode ser por aposporia, por apogamia ou por partenoxénese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amina obtida deshidratando o clorhidato de morfina con ácido clorhídrico ou cloruro de zinc. Moi tóxica, emprégase en medicina en forma de clorhidato; de acción emética potente, utilízase, por exemplo, en casos de envelenamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte rebaixada que ten a cabezalla do carro onde vai colocado o xugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entalladura que vai no medio do xugo onde se coloca a cabezalla do carro ou o arado.
-
-
Xunguir os animais de tiro ao carro ou ao arado.
-
Comezar a funcionar o muíño.
-
Deixar constancia de que algo ou alguén son causantes dun feito negativo ou prexudicial.
-
Considerar que alguén ten características ou calidades xeralmente negativas.
-
Realizar unha aposta ou xogo arriscado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membrana fibrosa, resistente, que cobre os músculos e mantén unidos os seus feixes de fibras (aponeurose de envoltura) ao mesmo tempo que os une aos órganos que funcionan coa súa contracción (aponeurose de inserción).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á aponeurose ou á súa natureza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas perennes e acuáticas da familia das aponoxetonáceas, de follas pecioladas e flores agrupadas en inflorescencias emerxentes. Comprende unhas corenta especies propias das rexións tropicais e subtropicais do antigo continente.
-
-
Planta da familia das aponoxenotáceas.
-
Familia de herbáceas da orde das helobiais á que pertence o único xénero Aponogeton.
-
-
-
Apelido de orixe toponímica procedente do latín ponte. Como apelido xa se documenta no s XIV: “Martin Perez da Ponte” (doc ano 1333 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 607).
-
Antiga liñaxe procedente de Betanzos, segundo algúns investigadores, e de Pontedeume, segundo outros. Nos tratados heráldicos este apelido pode aparecer coas formas Da Ponte, de Ponte, e Ponte. Os de Pontedeume tiveron o señorío do castelo de Monreal quen, trala morte do seu último posuidor, Pedro Mejia de Aponte, pasou á orde de Santiago. Xa polo ano 744 era señor desa casa Gil de Aponte (ou Nuño Gil de Aponte), un dos máis famosos capitáns da época, que viviu nos reinados de Afonso I o Católico, Froila e Afonso II o Casto, sepultado na igrexa de Santa María de Iria Flavia, en Padrón. Dende a primitiva casa pasaron a Noia e Amusco (Palencia), e desde esta última vila a Lugo, Toledo, Ocaña, Cuenca, Madrid, Aragón, Extremadura e Italia. Dos Aponte da Coruña descende Simón Bolívar, o Libertador das terras americanas. Os de Lugo asentáronse no lugar de Caboxo, no concello lugués de Abadín. Os Aponte levaron tamén o apelido Freixomil como...
-
-
GALICIA
Militar, poeta e dramaturgo. Foi autor de obras como: Jardín de ensueño (1909); Canciones remotas (1910); Paisajes de almas (1913); Superstición (Trilogía celta) e o drama premiado polo concello de Madrid, El rey ciego (1919). A causa dun transtorno mental, suicidouse.
VER O DETALLE DO TERMO